lunes, 14 de noviembre de 2011


Cromo: Ramsés PérezAs organizacións ecoloxistas representadas no Consello Forestal, a ORGACCMM e o SLG rexeitamos o borrador da Lei de Montes aprobado na última reunión deste organismo. Trátase dunha norma que nace con moito menos apoio e diálogo que a do bipartito, e que debuxa un panorama de desregulación, especulación e excesivo "madeirismo" para os nosos montes. O borrador da Xunta non é unha lei de carácter integral ao faltar a conexión cos aspectos agrarios, sociais e ambientais. Esquece a participación pública, a custodia do territorio ou a multifundionalidade. Tampouco trata cuestións fundamentais que deberían incorporarse á xestión do monte como a conservación dos hábitats e especies protexidas, a paisaxe, a etnografía, a restauración de terreos queimados, a prevención de pragas e doenzas, etc. En definitiva: menos monte público, máis monocultivos, menos protección contra o lume e iso sí, máis madeira!
ADEGA e a ORGACCMM fixemos 105 achegas ao borrador da lei de montes de Galiza (entre modificacións, eliminacións e novos artigos), no ánimo de mellorar o documento final e que a perspectiva ambiental se tivera en conta nunha norma de vital importancia para o noso rural e en definitiva para toda a sociedade. A través do traballo de sensibilización e de mellora do documento inicial desenvolvido coas Comunidades de Montes, CIG e FRUGA acadouse a admisión e inclusión de 30 achegas (23 completas e 7 de forma parcial). Mais quedaron importantes cuestións sen modificar, polo que, ante esta situación ADEGA pronúnciase en contra do borrador da lei de montes aprobado no consello forestal do pasado 9 de novembro.

Principais eivas no actual borrador da lei de montes.
Un dos problemas de maior importancia aos que o sector do monte se enfronta é a do abandono (da terra, do manexo...). Para resolver esta cuestión, é fundamental que os elementos normativos doten á administración de maior poder de intervención no territorio. A opción escollida polo goberno do PP é precisamente a oposta; rebaixar a capacidade de intervención da administración e deixar nos mercados e na opción individual a especulación da xestión da terra. Esta situación tan só favorece as grandes empresas e as grandes propietarias da terra, ao ter mellor posición nunha situación de pouca transparencia e baixa intervención administrativa.
 
O borrador presentado pola Xunta de Galiza non é unha lei de carácter integral, a pesar da importancia do monte na vertebración social e territorial do noso país, ao faltar a súa conexión con aspectos agrarios, sociais e ambientais. Non introduce aspectos novidosos na xestión do territorio como son a participación pública, a custodia do territorio, a multifundionalidade, a educación ambiental ou a compra responsable de produtos e servizos do monte. Non aparecen cuestións fundamentais e que deben incorporarse na xestión do monte como son: a cultura, a etnografía, a restauración de terreos queimados, a paisaxe, os vieiros ecolóxicos, os hábitats prioritairos, as especies prioritarias, a prevención de pragas e doenzas...
É unha lei que reduce a intervención pública, deixando en mans privadas e do mercado o cumprimento dos obxectivos principais (desenvolvemento rural, a fixación da poboación no medio rural, a conservación e a xestión forestal sostible) e non define uns obxectivos claros para a xestión pública. Arestora os montes en xestión pública supoñen algo máis do 12% de todo o país, concentrándose maioritariamente nos lugares máis desfavorecidos. Polo tanto, a nova xestión pública pode ser unha ferramenta para loitar conta o abandono do rural e acadar os obxectivos dunha xestión integral do territorio que serva de base para facer unha conservación real e dinámica dos espazos integrados na Rede Natura 2000.

Abre as portas á rebaixa legal dos Montes Veciñais en Man Común ao minimizar a tutela xurídica da administración (que chegaba a equiparalos en outras normas a montes de utilidade pública), e polo tanto darlle máis peso a súa posición de montes privados (permite a compra de terreos por parte das comunidades de montes, o deslinde xa non se asemella aos montes de utilidade pública).
Tampouco hai aposta pola participación pública na planificación (cando é unha obriga legal recollida na lei estatal 27/2006). Neste borrador os PORF (Planos de Ordeamento dos Recursos Forestais), elementos básicos da planificación forestal, non contan con procesos de participación pública.
Un dos aspectos máis graves é que modifica pola porta de atrás a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais aprobada no 2007, sen unha base técnica xustificada e baleirándoa de contido na ordenación do territorio (elemento clave para a loita contra o abandono): diminúe as distancias de salvagarda da vexetación sobre vivendas, instalacións e labradío; reduce os anos nos que se limita o aproveitamento nun terreo queimado; elimina o mosaico de parcelas e a prohibición de establecer masas monoespecíficas de máis de 50 hectáreas continuas; abre de novo a posibilidade de forestar terras agrarias; desvía cara os concellos parte das responsabilidades de control... Cun total de 43 modificacións, máis que pequenos "retoques" semella que se pretende variar substancialmente unha lei xa aprobada.
Finalmente este novo borrador normativo, aposta en exclusivo polas SOFOR para a agrupación da xestión forestal, non deixando alternativas legais a outras opcións. Este feito imposibilita a viabilidade para os montes privados do interior do noso país e polo tanto a súa solución no futuro.
ADEGA a prol dun monte sustentábel
Desde ADEGA, ao contrario que o expresado polo conselleiro Juárez ("o medio mural está condeado a desaparecer") apostamos polo futuro dos nosos montes, que pasa por unha xestión sustentable, integral, activa e participativa. No pasado mes de xuño, ADEFA celebrou conxuntamente coa ORGACCMM unha xornada sobre o monte como oportunidade sustentábel fronte a crise na que chegamos as seguintes conclusións:
-O monte foi, é e será unha fonte de xeración de emprego que fixa poboación no rural e favorece a economía local.
-O monte sustentábel preséntase como oportunidade ante a crise especulativa actual ao fundamentarse no traballo da terra.
-A multifuncionalidade e a diversidade do monte son alternativas reais fronte ao abandono.
-Contamos cun monte activo, vertebrador territorial e social, que contén os elementos necesarios para dar estrutura ao territorio e ao capital humano do noso rural.
-Numerosos proxectos de montes se teñen posto en marcha nos últimos anos, o que nos indica que un monte baseado na terra e contando coa xente é posible.
Polo tanto existe monte vivo e con futuro no noso país.
La Real Federación Española de Caza  se solidariza con el mundo del toro

APOYA LA INICIATIVA LEGISLATIVA POPULAR EN DEFENSA DE LA FIESTA NACIONAL.

La RFEC ha brindado su apoyo a la tauromaquia con el objetivo de blindar la Fiesta Nacional después de mantener reuniones con representantes del colectivo taurino en las que se le ha reflexionado con respecto a solidarizarse con el mundo del toro.

A raíz de la prohibición de las corridas de toros en Cataluña que pudiera hacerse extensible el próximo año a San Sebastián,  los defensores del mundo del toro han puesto en marcha una Iniciativa Legislativa Popular (ILP) con el fin de recabar, antes de diciembre, un mínimo de 500.000 firmas y presentarlas en el Congreso de los Diputados con el objetivo de crear una ley que proteja, promocione y vele por la tauromaquia.

Por ello, el colectivo taurino, conociendo la capacidad de movilización de la RFEC, pide de manera urgente el apoyo de cazadores e invita a estampar su firma a quien posea firma electrónica, en la plataforma que ha puesto a disposición de la defensa del toro la RFEC en su web http://www.fecaza.com/ o poniéndose en contacto con la Comisión Promotora, la Federación de Entidades Taurinas de Cataluña (93 321 17 09/ www.federaciotaurinadecatalunya.es). Ellos les harán llegar en pocos días la hoja para que puedan firmar en favor de la fiesta de los toros. Si de cada sociedad de cazadores, apoyan la iniciativa varias personas la ILP sale adelante.

La RFEC históricamente ha sido defensora de las corridas de toros, incluso llegó a trabajar con agrupaciones políticas en defensa de esta actividad que se formaron en pasadas elecciones generales.

domingo, 13 de noviembre de 2011

La ACEC hace aportaciones al Plan de Caza de Tenerife

La Asociación Canaria de Entidades de Caza (ACEC) ha presentado un total de 158 aportaciones, en un documento de 172 páginas, al borrador de Avance del Plan Insular de Caza de Tenerife con el objeto de participar, mejorarlo y enriquecerlo desde el punto de vista del cazador.

La ACEC considera que en el plan deben quedar armonizadas y compensadas todas las facetas de la actividad cinegética, desde una perspectiva de la gestión medioambiental, la defensa y fomento del patrimonio natural cinegético, así como su vertiente social, su importancia en un plano cultural, etnográfico y su capacidad como actividad dinamizadora del entorno rural, entre otras. Por todo ello, entiende que hay una serie de puntos y cuestiones concretas en el borrador del PICTF que considera sería conveniente valorar nuevamente, replantear, corregir, mejorar o en algunos casos suprimir.

En el mismo sentido, cabe destacar la importancia que, desde la asociación, se le da a estos documentos de planificación de los recursos naturales, que sin duda conducen a la dignificación y sostenibilidad de la cacería cuando son puestos en práctica y no quedan como un mero trámite administrativo. Las administraciones insulares deberán de redactar y aprobar, bajo la Ley 42/2007 del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad, estos documentos de ordenación, ya que la Ley 7/1998 de Caza de Canarias, por estar obsoleta, no sólo en ese aspecto, no se puede tomar como marco de respaldo. Con esa línea, la ACEC ya presentó 37 sugerencias el pasado mes de abril al Plan Insular de Caza de Fuerteventura.

jueves, 10 de noviembre de 2011

La RFEC máximo implicado en la conservación de la genética de la perdiz roja

LA REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CAZA SE MUESTRA SORPRENDIDA ANTE LA NOTICIA APARECIDA EN EL DIARIO EL MUNDO, YA QUE, ES EL ORGANISMO QUE MÁS HA TRABAJADO POR LA CONSERVACIÓN GENÉTICA DE ESTA ESPECIE.

FOTO: Paco Gisbert
La Fundación para el Estudio y la Defensa de la Naturaleza y la Caza (FEDENCA) de la Real Federación Española de Caza (RFEC) ha mostrado su sorpresa ante la noticia aparecida en el diario El Mundo, el pasado domingo, con el título: “Medio Ambiente quiere preservar la pureza de la perdiz roja española”, ya que, la representante de los cazadores federados y de todos los cazadores, en general, ha sido el organismo que más ha investigado sobre este campo.

FEDENCA ha promovido y coordinado un método científico desarrollado por varios laboratorios para determinar el grado de hibridación en la perdiz roja ante el deterioro manifiesto que presentaba genéticamente y sanitariamente esta especie al ser mezclada con perdices provenientes de granja con un código genético distinto.  Y así, cumplir con la Ley de Biodiversidad que obliga al control genético desde hace 24 años.

Para la aplicación de este proyecto, FEDENCA creo un Consorcio que es un ente multidisciplinar compuesto por seis laboratorios y FEDENCA donde los análisis genéticos y todas las fases de toma de datos y emisión de informes están sujetos a normas de calidad y formas de actuación idénticas que permiten resultados de excelencia muy difíciles de conseguir por cualquier laboratorio individualmente.

Este método de determinación ha sido adoptado por la administración central y las autonómicas después de rechazar  numerosos inventos que después de mucho esfuerzo no dieron resultado.

Además, se trata de un estudio recogido por numerosas publicaciones a nivel nacional e internacional, que ha sido presentado en el XXXth IUGB International Union of Game Biologist) Congress and Perdix XIII, celebrado en Barcelona del 5 al 9 de septiembre de 2011 y  reconocido por la Federation of Associations for Hunting and Conservation of the EU (FACE).
REÚNESE O CONSELLO FORESTAL PARA ESTUDIA-LO BORRADOR DA  NOVA LEI DE MONTES DE GALICIA TRALO PRAZO DE ALEGACIÓNS

As alegacións presentadas pola FGC foron estudiadas, matizadas e finalmente aceptadas.

O Consello Forestal de Galicia presidido polo Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, e do Subdirector de Recursos Forestais, José Luis Chán, reuníanse hoxe en Santiago de Compostela, con carácter extraordinario, para estudia-lo borrador da nova Lei de Montes de Galicia, buscando o maior consenso entre os diversos sectores afectados.

A Federación Galega de Caza, representada polo seu presidente, Javier Nogueira, tamén estaba presente nesta convocatoria, na que o Consello deu o visto e prace ao borrador unha vez recollidas, entroutras, as enmendas presentadas polo ente federativo ao proxecto da Lei de Montes. A Federación logrou introducir matizacións e modificacións específicas en relación coa actividade cinexética.


Javier Nogueira contemplando o panorama

O primeiro borrador contemplaba o cambio da actividade forestal a agrícola pero o texto actual matiza precisamente que se poderán realizar, previa autorización dos propietarios do terreos e da Administración, o cambio da actividade forestal a agrícola matizando co fin de mellora-lo hábitat das especies cinexéticas.

O artigo referente aos servizos do monte establecía que para poder celebrar actos deportivos, con afluencia de público indeterminado, fose precisa a autorización da Administración Forestal, co cal os campeonatos e eventos deportivos que organiza a FGC ademais de contar co preceptivo permiso da Dirección Xeral de Conservación da Natureza como ben sendo habitual, debería contar tamén co da Dirección Xeral de Montes; a este respecto a proposta da Federación, que pedía simplifica-los trámites burocráticos, a nova redacción establece que na celebración de actos relacionados coa caza ou pesca fluvial, as autorizacións serán competencia do órgano competente en materia de conservación da natureza.

O artigo 98, relativo ás pistas forestais, fóra da rede de estradas, limitaba a circulación con vehículos a motor ás servidumes de paso, non pudiendo facelo en actitude deportiva, o que tamén  afectaría á caza dado que os cazadores para achegarse ao cazadoiro precisan na maioría dos casos trasladarse en vehículo. Neste senso o novo proxecto recolle tamén a alegación federativa, e únicamente limita a circulación con vehículos a motor cando esta se realice en actitude de conducción deportiva. O mesmo artigo establecía que cando se celebrasen eventos culturais e deportivos alleos á propiedade, onde se producise un aumento excesivo de usuarios, fora preceptiva a autorizacións expresa dos titulares dos terreos; a FGC entendía, e así o propuxo á Consellería, que os tecores, onde se desenvolve a actividade cinexética ou se disputan competicións derivadas da mesma, están constituidos en base á cesión dos dereitos cinexéticos que realizaron no seu momento os titulares dos terreos, e pedía que se suprimise a nova autorización dos propietarios para realizar actividades ou eventos; o novo texto exclúe a autorización expresa dos titulares dos terreos no caso de actos relacionados coa caza e traslada a competencia nesta materia a Conservación da Natureza, órgano do que dependen os tecores de Galicia.

E por último, dicir que a Disposición derradeira primeira do Borrador da nova Lei de Montes, que modifica o artigo 31 da Lei de Incendios, limitaba o aproveitamento cinexética nas  ZAR (zonas de alto risco de incendios), cando o IRIDI (índice de alto risco de incendios) fora moi alto ou extremo. A proposta da FGC o novo borrador establece que o disposto no artigo 31 da Lei de incendios non se aplicará en ningún caso aos predios rústicos de réxime cinexético especial, permitíndose por tanto a actividade cinexética nos terreos cinexéticamente ordenados, entroutros. Neste senso, conven destacar que esta modificación leva consigo a posibilidade de realizar ganchos, monterías, adestramento de cans, e calquera outra actividade cinexética durante os meses de estío, o que sería imposible de non ter sido modificada a anterior redacción.

El Presidente Gallego xunto a varios xuices
O Presidente da FGC, aproveitou a xuntanza para agradecer e destaca-la actitude da Consellería, en especial da Dirección Xeral de Montes, no desenvolvemento da redacción do borrador da Lei, mesmo abrindo unha segunda rolda de consultas á vista de que na primeira non se obtivo o consenso social esperado; tamén destacou a forma de participación por mesas sectoriais resultando máis operativa que as xuntanzas entre sectores tan diversos, sendo labor da propia Consellería coordinar as distintas achegas e reflectilas no propio borrador.

NOVA XUNTANZA ENTRE O PRESIDENTE DA FEDERACIÓN E O SUBDIRECTOR DE DEPORTES

Santiago, 9 de novembro.- A Federación Galega de Caza presentaba no pasado mes de maio ante a Secretaría Xeral para o Deporte varias alegacións á nova Lei do Deporte de Galicia, algunhas delas recollidas no novo texto que está actualmente en trámite parlamentario, sen embargo unha das enmendas máis importantes, a referente ao procedemento de eleicións nas sociedades de caza non foi estimada, polo que o Presidente federativo reuníase novamente durante na mañá de hoxe co Subdirector Xeral de Deportes, Carlos Gómez, quen se comprometeu  a estudiar a proposta federativa, de xeito que a elección dos cargos e órganos das sociedades de caza se elixan tal e como se contemple nos seus propios estatutos.

miércoles, 9 de noviembre de 2011


La ACE en las IV Jornadas Técnicas del Parque Natural de los Alcornocales

Durante los primero días del mes de Octubre se celebraron, en la pintoresca localidad gaditana de Alcalá de Los Gazules, las IV Jornadas Técnicas del Parque Natural de los Alcornocales, organizadas por la Consejería de Medio Ambiente de la Junta de Andalucía y la Asociación de Amigos del Parque Natural. El amplio programa, dividido en tres intensas jornadas de trabajo, estuvo dividido en cuatro bloques fundamentales entorno a la explotación de los principales recursos de este emblemático parque natural: la gestión forestal y cinegética, la potencialidad turística y la industria del corcho.

La Asociación del Corzo Español (A.C.E.), un año más, fue invitada a dar su particular punto de vista sobre la gestión cinegética del corzo, una de las especies faunísticas más emblemáticas de este territorio andaluz y cuya especial peculiaridad reside en representar la población más meridional de Europa. La defensa de la ponencia estuvo a cargo del miembro de la Junta Directiva de la A.C.E. Florencio A. Markina, quien dio un breve repaso a los pilares fundamentales en los que basar la ordenación de las poblaciones de este ungulado para mantenerlas en equilibrio con su entorno. De todas las conferencias, que gozaron de un elevadísimo interés, destacar quizá la realizada por Rafael J. Sánchez Vela, Ingeniero de Montes, y miembro del equipo organizador de las Jornadas, que hizo un detallado análisis histórico de la caza mayor en el Parque Natural, demostrando documentalmente la especial relevancia del corzo dentro de la rica y variada fauna de este entorno natural en los últimos quinientos años.

Como colofón a la jornada dedicada a la gestión cinegética, y tras las charlas, ponentes, propietarios y asistentes, tuvieron la oportunidad de intercambiar opiniones y puntos de vista relativos a la organización y explotación de los recursos del parque natural, entorno a una mesa redonda. Quedó patente la enorme dificultad de aunar los diferentes, y en muchas ocasiones contrapuestos, intereses de los propietarios y de los responsables de la conservación de uno de los enclaves naturales más importantes de la península ibérica.
La RFEC incorpora el AGILITY como modalidad deportiva

EL PRÓXIMO 12 DE NOVIEMBRE DE 2011 TENDRÁ LUGAR UNA ASAMBLEA DONDE SE PRESENTARÁ Y SE DARÁN TODOS LOS DETALLES DE LA PUESTA EN MARCHA.

La Asamblea General de la Real Federación Española de Caza (RFEC) aprobó, por unanimidad, la integración de una nueva modalidad deportiva denominada Agility.

Posteriormente, la Comisión Delegada admitió las reglas técnicas y normas por las que se regirá esta modalidad deportiva.

El próximo 12 de noviembre de 2011, tendrá lugar una asamblea donde se presentará y se darán todos los detalles de la integración y puesta en marcha de la citada práctica deportiva.

¿Qué es el Agility?
El Agility es un deporte que se realiza en conjunción con el perro, formando un equipo guía-perro, en el que el guía dirige a su perro sobre un recorrido de obstáculos que ha de ser ejecutados de manera limpia, sin cometer penalizaciones y compitiendo contra reloj. El perro participa sin correa y sin que el guía pueda tocarlo en ningún momento.

Nació en 1978 en Inglaterra, inspirado en el salto hípico, como entretenimiento para el público en los ratos libres de la afamada exposición canina de Cruft’s. Inmediatamente comenzó a difundirse, inicialmente por el Reino Unido y de allí a Europa y al resto del mundo. En la actualidad en muchos países existe una competición reglamentada de Agility que da acceso a diferentes finales de campeonatos tanto nacionales como internacionales.

En España lleva desarrollándose de forma reglamentada desde 1988, formándose inicialmente 4 clubes que irradiaron poco a poco la actividad al resto de la geografía. Desde entonces, su difusión ha ido creciendo de manera constante en cerca de 80 clubes, cubriendo 14 de las 17 comunidades autónomas.

Un Deporte al Alcance de todos
En las pruebas de Agility puede tomar parte cualquier perro, con o sin raza, desde los más pequeños hasta los más grandes, por adaptarse los obstáculos en función de la altura del perro.
Está abierto a cualquier edad, la actividad física que se desarrolla es moderada, basándose principalmente, en una carrera con giros que se realiza a mayor o menor ritmo.  Su práctica está al alcance de cualquier persona; el equipo básico es muy simple, un chándal, un par de zapatillas y, por supuesto, un  perro.  Además, hombres y mujeres compiten en igualdad de condiciones y clasifican conjuntamente en las pruebas.

El Agility como Espectáculo
El Agility atrae gran cantidad de público allí donde se organice una competición. Cada actuación es seguida con atención por parte de los espectadores por la rapidez de su ejecución, sus giros, saltos y la ejecución de obstáculos tan llamativos como el slalom.
Hay emoción hasta el final por las escasas diferencias de tiempo, muchas veces centésimas, entre los primeros clasificados, sobre todo en competiciones de alto nivel donde es imprescindible el uso del cronómetro electrónico que, con una gran pantalla colocada en lugar visible para todos, informa del tiempo que está realizando el participante. La megafonía va informando puntualmente de los resultados nada más terminar cada ejecución y, al marcar el juez de manera visible las penalizaciones en el momento que se producen, cualquier espectador puede comprender en poco tiempo el desarrollo de la competición.
O CONSELLO FORESTAL AVANZA NO BORRADOR DO ANTEPROXECTO DA LEI DE MONTES DE GALICIA

§        Medio Rural incorporou a este novo documento de traballo modificacións en máis do 75% do seu articulado, tralo estudo das achegas realizadas por medio cento de entidades e organizacións e a celebración de xuntanzas coas mesmas
§        O anteproxecto da que será a primeira Lei de Montes de Galicia ten por obxecto establecer un réxime xurídico estable que se adecúe ao monte galego que se procura para o século XXI e dea debida resposta ás demandas dos distintos axentes vinculados ao sector forestal e á sociedade galega no seu conxunto

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presidiu este mediodía a xuntanza do Consello Forestal de Galicia –órgano consultivo e asesor da Administración Forestal no que están representados, ademais da Xunta, produtores, industria, Fegamp e diferentes organizacións agrarias e conservacionistas–, que avanzou na análise e consenso do novo texto do borrador do anteproxecto da Lei de Montes de Galicia. Ao inicio da xuntanza, Juárez amosouse moi satisfeito do nivel de participación do sector e da sociedade en xeral e reiterou a vontade da Consellería de acadar o maior consenso posible na elaboración desta norma porque, tal e como dixo, “a nosa intención é que perdure no tempo, nun sector que precisa un marco xurídico estable”. Avogou ademais por manter a rendibilidade económica, social e ambiental do monte, como principios xerais, e –engadiu–  “por aí vai esta lei”. Apostou tamén por ser capaces, entre todos e en harmonía, “de facer un marco legal que dea resposta a tódolos aproveitamos do monte galego e, en xeral, do ámbito rural de Galicia”.

Esta reunión forma parte do proceso de consultas e información pública posto en marcha por Medio Rural dende o pasado mes de xuño para presentar este texto legal (que é un documento aberto) aos diferentes axentes do sector, e recabar as súas achegas cara ao traballo de análise e modificación do documento. Neste senso, ao longo dos meses de setembro e outubro, e co fin de clarexar estas aportacións, a Dirección Xeral de Montes mantivo máis dunha trintena de xuntanzas directas coas organizacións que compoñen o Consello Forestal, que presentaron alegacións para acadar o máximo consenso.

Como resultado deste proceso, hoxe levouse ao Consello Forestal, cun só punto na orde do día, o borrador do anteproxecto de Lei de Montes, coas actualizacións incorporadas. A modo de resumo, tal e como subliñou Samuel Juárez, o texto inicial contiña 170 artigos, dos cales máis do 75% foron obxecto de modificacións. Atendendo así ao estudo e análise das achegas –tanto as aportadas polos propios integrantes do Consello Forestal como as de entidades e colectivos de fóra de órgano consultivo– e ás conversas mantidas con eles. 

Lei de alcance
O alcance desta lei é moi significativo, xa que afectará a dúas terceiras partes do territorio galego e regulará a xestión dos recursos forestais como a madeira, a biomasa forestal, os pastos, o mel ou os soutos de castaña, entre outros, pero tamén o lecer, a paisaxe, o solo ou a cultura forestal, servizos que se están a desenvolver a cotío nos montes da nosa Comunidade. Esta lei quere contribuír a poñer en valor o noso monte e facer da súa xestión unha fonte de recursos económicos para os produtores e silvicultores galegos e que manteña e conserve, ao tempo, os nosos bosques coma o ecosistema tan diverso e rico en especies e hábitats que é na actualidade.

Puntos destacados da futura lei
O borrador que hoxe avaliou o Consello Forestal define os distintos ámbitos competenciais e garante unha axeitada seguridade xurídica da actividade forestal, recoñecendo o papel dos produtores e silvicultores no marco da xestión forestal sostible. O texto ten, ademais, como eixo vertebrador, a posta en valor do monte mediante a ordenación dos usos e recursos, pero mantendo unha política de incentivos e axudas públicas e eliminando trabas administrativas. Nesta liña consolídase a figura xurídica das agrupacións de propietarios (as Sociedades de Fomento Forestal, Sofor) e a reorganización voluntaria da propiedade do monte.

No anteproxecto ponse de manifesto que a gran maioría dos montes galegos son de propiedade privada e por tanto é aos seus titulares a quen lles corresponde a súa xestión e aproveitamento. Dáselle, tamén, un tratamento singular á figura tipicamente galega dos montes veciñais en man común, pero advertindo que esta lei non desenvolve o seu réxime xurídico por considerarse que debe manter, como ata o de agora, unha singularidade normativa específica acorde co seu réxime xurídico, no marco definido polo Estatuto de Autonomía de Galicia. No contexto da posta en valor do monte, o borrador regula as porcentaxes de reinvestimentos para traballos forestais dos ingresos obtidos polo aproveitamento das diferentes producións. Así, establécense porcentaxes obrigadas de reinvestimento (de forma xeral o 40%).

Compatibilidade das actividades
No anteproxecto teñen especial consideración os cambios de actividade forestal a agrícola e viceversa, na procura da consolidación das explotacións, favorecendo unha ordenación dos usos do territorio e compatibilizando ditas actividades. Regúlanse os aproveitamentos e servizos que xeran os montes, con especial atención aos aproveitamentos de pastos en terreos forestais.

O texto da futura Lei de Montes de Galicia afonda tamén nos procedementos e medidas dirixidas á prevención e loita contra pragas e doenzas forestais, establecendo medidas para recuperación e restauración do solo e dos recursos hídricos.

Créase, ademais, o Sistema Rexistral Forestal de Galicia e un rexistro específico de masas consolidadas de frondosas autóctonas, favorecendo a xestión de formacións tan importantes e consolídanse foros de participación pública (caso do propio Consello Forestal, ao que se suma a regulamentación de mesas sectoriais de produtos do monte entre as que salienta a Mesa da Madeira). Entre os puntos destacados desta norma salienta tamén a creación dun novo contrato temporal de xestión pública, especialmente orientado aos montes veciñais que precisen do impulso inicial necesario para acadar unha adecuada xestión forestal sostible.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Outra central de 763 MW no Sil: A Ribeira Sacra, de Patrimonio da Humanidade a polígono industrial
  

EdradatnGas Natural-U. Fenosa vén de iniciar os trámites para a construción doutra central reversíbel na Ribeira Sacra, a de "Edrada-Santo Estevo" de 763 MW, entre os encoros de Santo Estevo (Sil) e Edrada (Mao). O proxecto requerirá de faraónicas obras para furar o canón do Sil cun túnel de 5Km, un pozo de 450m e unha central en caverna co volume dun barrio de vivendas de 10 pisos a 120 m de profundidade no macizo. Se o proxecto vai adiante, unirase aos de Belesar III e Os Peares III, tamén de Fenosa e Santo Estevo II e Santa Cristina, de Iberdrola, todos na bacía Miño-Sil, a máis sobreexplotada de Europa con máis de 100 aproveitamentos hidroeléctricos. É doutra herdanza do franquismo xa que deriva dunha concesión de 1951 por 99 anos para o "aproveitamento hidroeléctrico integral" do río Mao. E ben que o aproveitan con todo "atado y bien atado" por cen anos!
A zona na que están proxectadas as obras -concello de Parada de Sil- sitúase nunha área proposta para formar parte da Rede Natura 2000 (Xunta de Galiza-Ibader, 2008) con nada menos que 18 hábitats protexidos pola Directiva 92/43 CEE, 4 deles prioritarios: 4020* Breixeiras húmidas; 91E0* Bosques aluviais con Alnus e Fraxinus, 3170* Charcas temporais mediterráneas e 6230* Pradarías con Nardus sobre substratos silíceos. Alén disto, na área localízanse tamén 24 especies incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, incluidas 4 consideradas en perigo de extinción: a aguia real (Aquila chrisaetos) que ten xusto nesta paraxe do canón do Sil un dos núcleos reprodutivos máis occidentais da Península; o milano negro (Milvus milvus); a cerceta (Anas crecca) e a agacha (Gallinago gallinago).
Gas Natural-Unión Fenosa argumenta que o proxecto ten como obxectivo "almacenar excedentes" de enerxía para liberalos cando hai máis demanda. Isto faise bombeando auga dende o Sil ao encoro de Edrada (5Km) onde se acumula para logo turbinala. A realidade, nen sequera ocultada no documento é que preténdese "bombear para absorber o exceso de producción sen reducir a produción eólica ou parar as térmicas". Ou sexa: que en lugar de reducir a oferta "apagando" térmicas (e consecuentemente, emitindo menos CO2) ou desenchufando muíños cando a demanda é baixa (e, obviamente, vender menos), seguen producindo a todo gas e acumulan os excesos. Esta enerxía acumulada en forma de auga no encoro superior, turbinarase logo cando o prezo do Kw estea máis alto. Noutras palabras: especulan coa enerxía no mercado. Dase tamén o paradoxo que a enerxía "suxa" das térmicas ou nucleares reconvírtese, por este procedemento en enerxía limpa e xenerosamente subvencionada con cartos públicos. É unha "lavaxe" de megawatios suxos en limpos con gorentosas plusvalías para as empresas en todo o proceso.

Outras das excusas para xustificar estes "investimentos" é promover tecnoloxías de xeración "limpas" para cubrir a demanda do estado. Como acabamos de ver, a operación de "lavaxe" é todo menos limpa e por outra banda, no estado hai unha capacidade de xeración que supón case o duplo (potencia total instalada) da demanda máxima. E en termos de suficiencia enerxética, cómpre lembrar que Galiza é excedentaria na produción de electricidade, que se exporta fóra, curiosamente através de operadoras que tributan en Madrid ou o País Basco. Outro motivo que G.N.-U. Fenosa expón no seu informe para xustificar o proxecto é "estabilizar e garantir o subministro". Pero non era este un dos obxectivos do Decreto do Carbón? Trátase máis ben de "estabilizar e garantir" os seus indecentes beneficios a costa da desfeita do noso patrimonio natural.
Tanto esta obra como as outras centrais reversíbeis proxectadas ou en construción no Miño e Sil son para ADEGA un inmenso timo e unha estafa argallada polas eléctricas coa cooperación necesaria das administracións, cómplices dun inmenso timo, da malversación descarada de fondos públicos e da desfeita ambiental. O Ministerio de Medio Ambiente, Rural Mariño debe manter a súa decisión de non autorizar novos aproveitamentos nas bacías da súa competencia, como llo reclamou por unanimidade o Senado. Non se trata só de non facer máis encoros, senón de reducir a insoportábel presión hidroeléctrica  sobre a Ribeira Sacra, impedindo que estes faraónicos proxectos deterioren para sempre unhas paisaxes, uns hábitats e un patrimonio irrepetíbel. Así o recomenda a Directiva Marco da Auga e fica recollido na Lei de Defensa dos Ríos Galegos. Non tiña a Xunta que dicir tamén algo ao respeito?

miércoles, 2 de noviembre de 2011

CARLOS MACHO, PRESIDENTE  DA ASOCIACIÓN DE GARDAS DE CAMPO DE GALICIA, PIDE MAIOR UNIÓN DO COLECTIVO,  FLUIDO DIALOGO COA XUNTA E MÁIS CURSOS DE FORMACIÓN, PARA TENTAR DE RECUPERAR O  PRESTIXIO PERDIDO


* Texto: Merchy BREA
* Fotos: Luís MACÍAS



Carlos Macho Eiras, garda de caza titulado desde o ano 2000, é o Presidente a Asociación de Gardas de Campo Galicia desde a súa fundación. Conta con  78 afiliados e está integrada, xunto con Provirena, Asociación de Gardas Especializados e a Asociación de Gardas de Campo de Ourense, na Federación Galega de Gardas Auxiliares. Institución na que están inscritos un total de 120 asociados.

Macho Eiras, todo un veterano neste campo e co que da gusto falar dada a súa sapiencia, cree que a Asociación que preside non ten nin máis nin menos problemas que outras desta índole, sinalando o descrédito como un dos principais problemas polos que está atravesando o colectivo. “ A figura de Garda de Particular de Campo sempre tivo unha imaxe incorruptible, de prestixio e un poder moi importante, pero pouco a pouco foise perdendo ese concepto e así, na actualidade non acaba de atopar ese recoñecemento que merece ¿A Culpa? Podemos votarlla a moitas institución e a moitos factores, pero nos mesmos, por esa carencia de unidade que temos e a falta da nosa  presenza nas institucións públicas, posiblemente sexan as causas principais dese deterioro”, asegurou.

PROFESIÓN ARRISCADA

É unha profesión un tanto ariscada xa que si ben “estamos como seguridade privada e temos unha licenza ou permiso de tipo C que nos permite levar armas de fogo na caza e nos habilita para traballar no medio mariño, no medio rural e en fincas rústicas, os profesionais atopámonos con situacións verdadeiramente comprometidas.  Na caza temos vivido momentos moi tensos, a xente vai armada e hai algúns cazadores que nos insultan e se mostran agresivos, e máis si houbo alcohol de por medio. Delicadas situación que solventamos a base de moita paciencia e habilidade. En calquera caso, a cousa aínda e peor no mar, pois alí tropezamos con xente marxinal, con xente con problemas e sen moitos escrúpulos …, polo que os líos e as agresións  son máis frecuentes que no monte”, explicou.


Para recuperar o prestixio perdido Carlos Macho apunta a unha maior formación “Nos últimos anos para conseguir a habilitación de garda e obrigatorio facer un curso e pasar un exame que se encarga de facer a Garda Civil, que é o organismo que nos regula, pero anteriormente a cousa era distinta  xa que o ser gardas xurados con tal de facer o obrigada promesa pois xa estaba todo resolto, sen ter en conta que detrás había carencias de descoñecemento da lexislación e ata problemas para  ler e escribir. Isto foise superando co tempo. Pero seguimos demandando máis formación, pois si ben agora as cousas non son tan doadas e as ordes ministeriais de 18 de febreiro son máis exixentes a hora de conceder a habilitación, votamos en falta cursos de formación continuada de adaptación e cursos de perfeccionamento”, comentou.

A UNIÓN DO COLECTIVO

Macho Eiras, que repetidas veces referiuse a necidade da unión de colectivo, pídelle a Xunta de Galicia mías diálogo e que recoñeza a importancia que teñen os Gardas de Campo e a gran labor que poden facer, “e non só na caza, no mar ou nas cofradias, senón tamén en aqueles outros sitios a onde non chegan os outros corpos de seguridade, como pode ser  a zona rural en xeral, onde o patrimonio  cultural e os  roubos están a orde do día; a pesca, o marisqueo e a acuicultura”, expuxo.

Referiuse igualmente a dificultade que atopan para vivir exclusivamente deste traballo. “Hai compañeiros que o logran, pero e moi complicado dado que as hectáreas a vixiar  terían que ser moitas e o ser noso o medio de trasporte que utilizamos e cada día custar máis o combustible, resulta moi complicado, moi difícil”, argumentou.

Macho cun compañeiro e un cazador
Este ferrolán no perdeu a oportunidade de mandándolle un  recado “a quen corresponda”, dicindo que en Galicia “hai moitos  coutos (tecores) que non teñen ningunha gardería a pesar de que a lei de caza de 1997 mantén a obrigatoriedade da figura dun garda de campo, pero como nunca se tratou de facer cumprir este apartado pois o indispensable quedou en evitable”, declarou.

HISTORIA E HABILITACIÓN

Salientar, que o Guarda Particular de Campo pertence ao persoal de seguridade privada e exerce funcións de vixilancia e protección da propiedade en las fincas rústicas en España. Esta figura foi creada por Fernando VI quen ditou una ordenanza no ano 1748 que nomea no seu artigo 25 aos 'Gardas de Campo e Monte' como os encargados de denunciar aos serradores, causantes de incendios, e introdutores de gandos plantíos, advertindo de que ditos gardas foran homes de boa opinión, fama y costumes.

A habilitación para exercer as funcións de Garda Particular de Campo concédeas o Ministerio do Interior a través da Dirección Xeral da Garda Civil e documentase cunha tarxeta de identidade profesional (parecida a militar) na que se indica o cargo que desempeña o seu titular, e fanse as anotacións pertinentes de servizo, felicitacións, méritos... Tamén contan cunha cartilla na que se reflexa os exercicios obrigatorios de tiro que de forma periódica se realizan.





 PATROCINA ENTREVISTA