sábado, 14 de marzo de 2015


Levantase o pano da veda para  troita e ciprínidos



MILLEIROS DE GALEGOS ESTARÁN PENDENTES DOS NOSOS RÍOS ESTE DOMINGO

  
Vigo.- Por Merche BREA

Milleiros de galegos, uns en grupo, outros en parella e moitos en solitario, estrearán este domingo, 15 de marzo, a temporada de pesca continental en Galicia. Unha veda que se levanta para peixes e troitas, e que terá como punto de arranque pouco despois das seis da mañá. Todo un acontecemento que ninguén quer perderse e que será seguido, ben directamente por ser practicantes ou familiares; ou de maneira  indirecta  a modo de curiosidade, por unhas 60.000 persoas.
Todo elo a pesar de que as perspectivas, segundos entendidos, non son nada optimistas principalmente debido o negro panorama troiteiro que quedou o rematar a campaña precedente.
 
De tódolos xeitos, a animación e desbordante netas vésperas, pois, aínda que pareza noveloso, o colectivo da cana e o cesto é tan entusiasta e ilusionista, que o leva a crear un clima de euforia,  de paixón e de sentimentos que, ademais de vivilos,  é capaz de tramitárlle-los aquelas persoas do seu entorno, por moito que  tal entusiasmo en nada ou moi pouco se pareza a realidade.
Todo un hábito que forma parte do emocionante deporte da pesca. Como tamén o forma o que a meirande parte dos canistas non logre conciliar o sono días antes do  levantamento do pano da veda. Ver amencer o pé do río. Ou conta-las habituais mentiriñas o remata-lo exercicio pesquil, son outras das costumes do colectivo da cana e o cesto.
A troita, un ano máis, diante do retraso da apertura para pesca do salmón e do reo (non se abre ata o 1 de maio, agás no Eo que comezará igual que en Asturias), será a “raíña de paixóns” nestes primeiros compases da campaña piscícola; pois os ciprínidos ou “peixes” (bogas, escalos, etc.), se ven tamén se poden pescar a partir deste domingo, non pasan de ter a consideración de “pezas de consolación”, a pesar de resultar a súa pesca especialmente entretida e moi positiva dada a súa abundancia. Certo, tamén, que non estamos na mellor época para tentala súa picada. Polo tanto os seus incondicionais haberán de agardar a que quezan as augas para exercer esta especialidade.
Por outra banda, os mellores trofeos troiteiros atoparémolos nos ríos máis grandes e, sobre todo, nos encoros, puntos de referencia dos exemplares  máis corpulentos. De feito cada ano “salta a sorpresa” nalgún deles “enganchándose” nos primeiros lances da campaña algún que outro individuo que sempre marca ás diferenzas.
Tocante os mellores cauces troiteiros, a meirande parte dos pescadores coruñeses elixen o  Mandeo, Anllóns e o Tambre. Os ourensáns decantanse polo Arnoia, Xares e Arenteiro. Os lucenses  escollen o Eo, Miño, Navia e o Lor. E os pontevedreses quédanse co  Lérez, Úmia, oitaven e Deza.
 
Referente os enganos máis axeitados, tal e como van os ríos, a miñoca, alí onde o seu emprego non este prohibido, ha ser a que mellores resultados reporte. En artificiais, o mosquito casque podemos descartalo dado a friaxe das augas, mentres a culleriña  e o peixe artificial onde haxa fondura, deberían ser os máis efectivos nesta  desveda.
De tódolos xeitos, nesto da pesca, o igual que noutras facetas da vida, a sorte xoga sempre un gran papel e polo tanto será ela a que determine os resultados deste estreo, tan ansiado e agardado por un colectivo que creou unha atmosfera máxica que presidirá, como cada empece, o amencer deste domingo.
En resumo, que este día 15 converterase nun domingo “sagrado” para  os máis de 60.000 discípulos de San Pedro. Os que, con renovados bríos e xa non digamos ansias, “patearán” desde o alba ata o ocaso os 10.000 kilómetros de correntes fluviais con que contamos en Galicia.
Así as cousas, ríos, regueiros e encoros, ademais de ter asegurado o  “abarrote”, serán escaparates de esperanzas e tristezas, de sosegos e presas, de ilusións e vanidades, de alegrías e fracasos., que de toda haberá mañán neses ríos do Señor.

 

 

jueves, 5 de marzo de 2015

C a z a


 
 
EL Comité Gallego de Justicia Deportiva rechazó los Recursos de Fco. Chan y Santiago Tosar.
 


EL PROCESO ELECTORAL DE  LA FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA FUE TOTALMENTE LEGAL

 

Texto y Foto: Luis Macías

 


El Comité Galego de Xustiza Deportiva, máximo órgano de la justicia deportiva Gallega, desestimó integramente los recursos presentados por Francisco Chan Méndez y Santiago Tosar González, contra el proceso electoral de dicha federación.

Impugnación que carecía de toda base jurídica, quedando acreditado que el proceso electoral ha sido absolutamente legal y transparente, ajustándose estrictamente al Reglamento Electoral aprobado por la Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia.     

Más de 20.500 integrantes del censo de personas físicas y entidades deportivas estaban convocados a este proceso electoral, resultando elegido Presidente por unanimidad el único candidato que se presentó, Javier Nogueira, que afrontará de esta manera su segunda legislatura al frente de la Federación Galega de Caza.

A Nogueira Diz, persona campechana, “cazador de menor”, como le gusta definirse, y muy querido en el colectivo cazador galaico, le deseamos toda clase de éxitos.