O PONTEVEDRÉS MANUEL BLANCO
PUERTAS PROCLAMOUSE EN “RÍO Sar” CAMPIÓN GALEGO NA XXXI FINAL AUTONÓMICA DE
“PERCORRIDOS DE CAZA”.
- Participaron 77 especialistas e o forte calor foi o grande protagonista da xornada
O campión tirando |
Cun ambiente extraordinario, unha
organización de “10”
, un calor abafante que influíu de sobremaneira nas marcas acadadas e baixo a
organización da Federación Galega de Caza e magnifica posta en escena pola
Sociedade Santiaguesa “Río Sar”, o domingo 24 de xuño celebrouse nas
excelentes instalacións da citada entidade deportiva compostelán emprazadas na
tracense parroquia deu Vilouchada, o
XXXI Campionato Autonómico de Percorridos de Caza que resultou moi disputado e
o que accederon de maneira directa o superar a criba dos respectivos
provinciais, un total de 66 tiradores, mailo campión da pasa edición e os dous clasificados pola Copa de Galicia,
aos que se lles uniron outros 14 deportistas da escopeta que competiron por
“libre”.
A tirada, logo dunha calorosa e
longa noite de San Xoán visiblemente reflectida na faciana dalgúns
participantes, arrincaba pouco despois das oito da mañá para rematar preto das
nove da tarde-noite coa proclamación dos gañadores e a clausura desta edición.
Actos que se levaron a cabo conxuntamente polos presidentes da Sociedade anfitrioa,
Luís Sánchez Mancebo e o da Federación Galega, Xavier Nogueira Diz, nas mesmas
instalacións deportivas que, por certo,
foron eloxiadas polos que nonas coñecían e elexidas polos reponsables
dev turno para disputarse proximamente nelas o Campionato Europeo desta mesma
disciplina.
Tocante a actuación dos
protagonistas salientar ese bonito dolo deportivo mantido polos “séniors”
Manuel Blanco Puertas, Ángel Mosquera Cornide, Daniel García Cebreiro e Manuel
García Pombo, empatados o final os dos primeiros a 128 acertos e a só un punto
de diferenza os dous segundos, polo que tiveron que desempatar para decidir a
orden clasificatoria.
Os encargados de xulgar a
competición que se disputou a 150 pratos e non rexistrou ningunha incidencia, foron os árbitros titulados: José Ricardo
Rivera (Xubia), César Tosar González (A Estrada), Emilio Romero Castro (Noia),
Manuel Pérez Fernández (Ames), Miosés Balboa Pereira (Nigrán),Rubén Martínez
Bugallo (Ourense), José Moure Caneda (Santiago), Leonardo García Otero (Fene) e
José Antonio García Blanco (Lugo) os que certificaron estas clasificacións:
Seniors
1º e campión, Manuel Blanco
Puertas
2º e subacampión, Ángel Mosquera Cornide
3º, Daniel Cebreiro García
4º Manuel García Pombo
Daniel Domínguez Treinta, foi o
máis destacado da 2ª categoría e José Fernández Añón, en 3ª categoría.
Damas
A Gañadora foi a ourensá, Mº de las Mercedes Saavedra Suárez
Veteranos
1º, Fernando Sánchez Mancebo
2º, Mario González Yáñez
3º, Jesús Seoane Sanda
Super-veteranos
1º, José María González Rodríguez
2º, Ángel Mosquera Rodríguez
3º, Luís Salmerón Varela
Xuvenís
1º, Alejandrto Fernández Seco
2º, Antón Moure Segade
3º, Julio Fernández Pereira
Handisport
Campión, Artemio Formoso Barro (6º na xeral)
Podio de gañadores |
Comentar tamén que José Antonio
Pena Fernández, foi o director do Campionato. Que a deportividade foi exquisita.
Que a Directiva e colaboradores de “Río Sar” foron repetidamente felicitados
polo bo facer organizativo. E que as breves oratorias pronunciadas polos ambos
presidentes antes da entrega de trofeos puxeron de manifesto o agradecemento
aos participantes e resaltaron o compañeirismo vivido, xustificando Luís Sánchez
Mancebo os trocos producidos a hora do xantar “para que o exercicio fose o máis
rápido posible”, a vez que anunciaba ese próximo Campionato Europeo en “Río
Sar”. Pola súa banda, Nogueira Diz, felicitou ao o Presidente anfitrión e o seu equipo pola boa organización. Pediu una vez máis a unidade do colectivo. E falou
das próximas eleccións a Federación Galega de Caza non precisando se volverá a
presentarse. “Neste momento non podo dicir nada, tanto pode ser que sí, como pode ser que non”, comentou. Por último
dicir, que Lumavisión Galicia rodou unha ampla reportaxe da tirada que será
emitida no sua propia canle e na páxina Web da Federación Galega de Caza.