viernes, 24 de febrero de 2012

  Descubrindo os anfibios e réptiles do Alto Ulla
Proxecto Ríos celebra na Eira da Xoana o primeiro Roteirríos do 2012
Proxecto Ríos inicia o programa Roteirríos 2012 que se centra este ano en coñecer diversos programas e entidades adicadas ao estudo e conservación da biodiversidade que habita nos cursos fluviais. O primeiro Roteirríos será o sábado 25 de febreiro. Realizaremos unha saída do SARGA, (acrónimo do programa de Seguimento de Anfibios e Réptiles de Galicia) na Eira da Xoana no Alto Ulla, en Ramil-Agolada.
Os anfibios e réptiles están sufrindo unha diminución das súas poboacións a escala global e as extincións locais son abundantes, aínda que moitas veces se descoñecen as causas destas. O programa SARGA consiste na recollida exhaustiva e prolongada de datos de campo para poder avaliar o estado xeral das poboacións de anfibios e réptiles, e a súa evolución no tempo. Este seguemento axuda ao coñecemento da dinámica poboacional para poder determinar as causas principais dos declives e plantexar medidas eficaces para protexer as especies ameazadas.


O proxecto pretende realizar un inventariado detallado de diferentes localidades susceptibles de recoller poboacións de anfibios e réptiles, para a partir da base de datos facer un seguimento das poboacións e poder detectar cambios nas mesmas, así como determinar, dunha maneira científica e fiable, se as variacións poboacionais son debidas á intervención humana.
Para coñecer este programa temos unha actividade guiada por Martiño Cabana (UDC - Coordinador do SARGA) pola contorna da Eira da Xoana (Ramil, Alto Ulla). Para esta actividade na que xa están inscritas máis de 30 persoas contaremso co seguinte programa:
11.00 Encontro na Eira da Xoana
11.15 Presentación do SARGA. Martiño Cabana (UDC)
12.00 Roteiro no que se realizarán mostraxes en diferentes hábitats (charcas, ríos, etc)
14.30 Parada para xantar
16.00 Continuación do roteiro
19.00 Remate da actividade
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de ADEGA que promove Augas de Galicia e a Dirección de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario