miércoles, 29 de junio de 2016

mmmmm

 

A GALA DOS PREMIOS DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRO

FOI UN BRINDE POLO BO MOMENTO DOS SEUS VIÑOS

 
O mellor viño branco de adega é Ramón do Casar Treixadura; o galardón de mellor viño branco de colleiteiro recae en Pazo Tizón Extramundi; e o premio mellor viño tinto distingue a Viña Uzal 

A quinta edición dos Premios organizados polo Consello Regulador recoñeceu a Cristino Álvarez co Premio de Honra; a Mayte Santa Cecilia, co Muller e Viño; a Salvador Manjón, co de Mellor Tarefa de Comunicación; e a Avelino Lorenzo, co Vida entre Vides

 


San Clodio (Leiro) Ourense.- Os Premios D.O. Ribeiro, que celebraron a súa quinta edición nunha Gala organizada polo seu Consello Regulador, reuniron hoxe a todos os actores do sector no histórico Mosteiro de San Clodio (Leiro).

Durante o evento entregáronse os galardóns aos mellores viños da D.O. Ribeiro, designados por un panel de cata de expertos, que onte mesmo participou na cata final con mostras recollidas en mercado, seis de cada categoría. O grupo de profesionais estaba formado por Mikel Zeberio, xornalista gastronómico de Deia, entre outros diarios, David Seijas, ex sumiller de El Bulli, Bartolomé Sánchez, catador e foi director da revista MiVino, Salvador Manjón, director da publicación La Semana Vitivinícola, Eufrasio Sánchez, xornalista de El Comercio de Gijón, Constantino Iglesias, da Asociación Galega de Catadores, Alberto Román García, da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Pedro Villamarín, da Asociación Gallega de Sumilleres, Lorena Alonso, da Asociación de Enólogos de Galicia e os catadores Antonio Santamaría e Antonio Raluy. O mellor viño branco de adega é para Ramón do Casar Treixadura 2015 de Adega Ramón do Casar; o mellor viño branco de colleiteiro recae en Pazo Tizón Extramundi 2015 de Pazo Tizón; e o mellor viño tinto é Viña Uzal 2015 de Julia Guntín Villanueva. Foron finalistas na categoría de branco de adega Farnadas, de Pazo Vieite; Cunqueiro III Milenium de Bodegas Cunqueiro e Expresión de Pazo do Mar, de Adegas Pazo do Mar. Na categoría de branco de colleiteiro chegaron á final Eduardo Bravo, de José González, Pazos de Albor, de Mónica Albor e Mauro Estévez, de José Estévez. E por último, en canto aos tintos, Val do Deva, de Pilar Rivera; Señorío de Beade, de A Portela e Sameirás, de Antonio Cajide, foron os finalistas.

O xornalista Cristino Álvarez recibiu o Premio Persoeiro de Honra 2016”, en recoñecemento á súa traxectoria e máis á divulgación dos viños da D.O. Ribeiro a través das súas crónicas. Tamén se quixo homenaxear o traballo dunha vida do viticultor e adegueiro Avelino Lorenzo, co Premio Vida entre Vides. Como “Mellor Tarefa de Comunicación” galardoouse a Salvador Manjón (director da revista especializada La Semana Vitivinícola); e Mayte Santa Cecilia, directora de márketing e de compras das madrileñas tendas Bodega Santa Cecilia recibiu  o Premio “Muller e Viño”.
Ademais, na cerimonia recoñeceuse aos profesionais e establecementos galegos que procuran a excelencia. En “Mellor Servizo de Viño en Restaurante” destacouse ao Restaurante Galileo; o Premio “Mellor Tenda Especializada - Viñoteca” foi para Santorum; e o galardón á “Mellor Taberna-Bar de Viños” recaeu en O Bacoriño. Foron finalistas O Retiro da Costiña e Restaurante Campos na categoría de “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”; El Yate e La Sucursal, na de “Mellor Tenda Especializada – Viñoteca”; e Adega do San Vicente e Bagos, na categoría de “Mellor Taberna - Bar de Viños”.
 
Entre os máis de 300 asistentes estiveron autoridades coma o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez. Tampouco faltaron profesionais chegados de toda España, como maioristas e xornalistas especializados.
O actor ourensán Sergio Pazos foi o presentador dunha cerimonia que demostrou o bo momento dos viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.

 
Premio
Gañador
Mellor Viño Branco Adega
Ramón do Casar Treixadura 2015
Mellor Viño Branco Colleiteiro
Pazo Tizón Extramundi 2015
Mellor Viño Tinto
Viña Uzal 2015
Premio
Gañador
Persoeiro de Honra
Cristino Álvarez
Muller e Viño
Mayte Santa Cecilia
Mellor Tarefa de Comunicación
Salvador Manjón
Vida entre Vides
Avelino Lorenzo
Premio
Gañador
Mellor Servizo de Viño en Restaurante
Galileo (Ourense)
Mellor Tenda Especializada – Viñoteca
Santorum (Ourense)
Mellor Taberna – Bar de Viños
O Bacoriño (Ferrol)

ÁNGELES VÁZQUEZ DESTACA O TRABALLO DA D.O. RIBEIRO QUE SE REFLEXA NUN INCREMENTO DUN 626% NAS SÚAS EXPORTACIÓNS NOS ÚLTIMOS ANOS 
§        A conselleira do Medio Rural fixo estas declaracións na gala de entrega dos Premios Ribeiro onde estivo acompañada pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro

§        A Xunta achegou entre 2012 e 2015 un total de 5,4 millóns de euros ao sector do viño para a súa promoción
Santiago.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez,  destacou hoxe o traballo da D.O. Ribeiro que se reflexa no incremento dun 626% das exportacións nos últimos anos. A conselleira realizou estas declaracións na gala de entrega dos Premios Ribeiro onde estivo acompañada pola directora de Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. A entrega celebrouse no Mosteiro de San Clodio, no municipio ourensán de Leiro.

 

Premiados e autoridades
A titular de Medio Rural salientou que o sector vitivinícola esperta un crecente interese tanto dende o punto de vista dos elaboradores como do consumidor final. “Trátase dun ámbito que está a vivir importantes avances tanto tecnolóxicos como comerciais, poñendo a Galicia no mapa enolóxico mundial”, declarou Ángeles Vázquez. Lembrou ademais que estes premios non son senón o recoñecemento de todo este traballo realizado e unha forma de visibilizar o sector do viño en xeral e, concretamente, a Denominación de Orixe Ribeiro.
Nesta mesma liña, a conselleira destacou que o do viño é o sector agroindustrial galego máis exportador, e co fin de manter esta posición, a Xunta achegou entre 2012 e 2015 un total de 5,4 millóns de euros para promover o sector. No caso da D.O. Ribeiro, foron máis de 2,5 millóns desde 2009
“O mundo da venda de viño é cada vez máis competitivo e require ampliar os mercados para manter un nivel de crecemento económico axeitado”, sinalou Vázquez, e engadiu que por iso, “a obtención de beneficios nas adegas galegas implica buscar novos retos e crear non só un bo produto, senón tamén as infraestruturas de venda máis axeitadas aos escenarios globais nos que nos movemos”.
A Conselleira escoitando a un dos premisdos
A conselleira destacou o labor desenvolvido polos produtores, adegueiros, consellos reguladores, administración e profesionais e animounos a ser quen de profesionalizar este sector, pois “ten por diante un futuro moi esperanzador”.
D.O. Ribeiro
 
A denominación de Orixe Ribeiro conta con de 5.812 viticultores  e 107 industrias que traballan 2.646 hectáreas de superficie da comunidade galega. Estas industrias comercializan un volume de 8.427.600 litros e o seu valor estímase en 25 millóns de euros.

 

miércoles, 22 de junio de 2016


 

Operativo especial de tráfico con motivo de la Noche de San Juan.

Este viernes 24 día de San Juan, es festivo autonómico por lo que se prevé una gran afluencia de público en torno a las tradicionales “hogueras”, en las que grupos de amigos se reúnen para disfrutar de la compañía y dar gusto al paladar, antes de saltar las brasas bien entrada la madrugada.

Es habitual que, principalmente entre la juventud, se produzcan excesos en la ingestión de alcohol, llegándose en algunas ocasiones a  mezclarlo con el consumo de drogas.

Para garantizar la seguridad vial y proteger el libre ejercicio de los derechos y libertades de todos los ciudadanos, especialmente en lo que a la circulación de vehículos por las vías públicas se refiere, el Subsector de Tráfico de la Guardia Civil de Ourense tiene previsto realizar un dispositivo especial de vigilancia del tráfico, estableciendo controles de alcoholemia y drogas en aquellos lugares donde tengan especial incidencia y proliferación de hogueras.

Se prevé que este dispositivo especial tenga una mayor presencia en torno a la ciudad de Ourense, para lo que las fuerzas de la Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil en Ourense no escatimarán ni los medios de que disponen ni tampoco el personal que pueda prestar servicio al ciudadano.-

Se hace un llamamiento a los conductores para que se abstengan de consumir alcohol o drogas y que cumplan con las normas de circulación, para que con su ayuda se puedan seguir descendiendo los accidentes y las víctimas del tráfico.-

También se quiere recordar que la conducción bajo los efectos drogas o alcohol en el organismo puede llegar a ser de 1000 euros y pérdida de 6 puntos en el carnet y que podría constituir un delito contra la seguridad vial, lo que lleva aparejado penas de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses y, en cualquier caso, con la de privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores por tiempo superior a uno y hasta cuatro años.

 

 


 


 

 

miércoles, 15 de junio de 2016

Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados 2016


Noel Vázquez, con “Medallas”, novo campión provincial
SALVADOR SESTELO, CON “VIKINGO”  VENCEDOR DO VII CAMPIONATO DE CANS DE RASTRO ATRELADOS DE OURENSE.

Lobios (Ourense).- Texto e Fotos Luís Macías

 

Tal e como estaba previsto, o pasado día 11 de xuño disputouse na localidade ourensán de Lobios baixo as organización da Federación Galega de Caza desta provincia e a colaboración da Sociedade locataria “Río Caldo Manín e Quintela”, o “VII Campionato de Cans de Rastro Atrelados”. Una vistosa competición, sucedánea de unha xornada real de caza da especialidade, que era puntuable para seguinte fase da modalidade e que foi seguida por moitos cazadores e curiosos, desenvolvéndose baixo unha climatoloxía propicia,  entre  ás 10 da mañá e ás tres da tarde.

Evento que, ademais, contou cunha arbitraxe de primeira. Un escenario de fábula. Unha deportividade propia  dos grandes cazadores. E un ambiente de gala. E dicir, que a cousa non pudo estar mellor. Alúmenos así opinaron os que alí estiveron.

 

Da dirección ocupouse o federativo ourensán, Xosé Castro Rivela. De xulgar os competidores, Emilio Vila, e colaborando toda a mañá,  Manuel Feijoo, federativo e Domingo Veloso, Presidente do  tecor anfitrión. Participaron 12 cans e estes foron os mellores:

 
1º e campión,  Salvador Sestelo Núñez  (Tomiño-Pontevedra), con 237 puntos. Participou co can astur-cántabro “Vikingo”.
2º e subcampión, Xosé Luís Iglesias (Coruña), con 22 puntos. Competiu co sabuxo “Cañón”
3º, Antonio Sánchez Sesto (Silleda-Pontevedra), con 207 puntos. Cazou co grifón azul de Gascuña, “Tito”.
Campión de Ourense, Noel Vázquez Rodríguez, (Corneira-Carballeda de Avia), con 177 puntos. Actuou con grifón azul de Gascuña, “medallas”.

 

Campión recolledo o trofeo da man da alcaldesa de Lobios

2º Clasificado










3º Clasificado


Gañadores, federativos e organizadores locatarios
 
O gañador da proboa co seu cadelo

Un xantar de confraternidade levado a cabo no luxoso  Hotel Balneario Caldaria (Río Caldo), que presidiu a nova Alcaldesa de Lobio, Mª del Carmen Yáñez, e no que tomaron tamén parte varios concelleiros, presidentes de tecores do lugar e amigos do deporte de caza, como Xabier o do Lusitano (así se lle coñece) ou Arsenio Prieto, Director de IFEMA (Vigo), por citar algún, serviu de broche final a unha xornada competitiva de caza para enmarcar. O remate da mesma entregáronse os correspondentes trofeos e agasallos os gañadores.

O Xuiz da contenda dando a clasificación
 
 



Alcaldesa en plena oratoria

Campión de Ourense recibindo o trofeo


Mesa Presidencial

 

Este certamen de caza, pesca y naturaleza recibió junto con la 39ª edición de la feira Abanca Semana Verde de Galicia a más de 100.000 personas


Una mayor exposición, 40 actividades distintas y una gran afluencia de público marcaron la tercera edición de Fecap Abanca


Silleda,  La III Feria de Caza, Pesca y Naturaleza, Fecap Abanca 2016, la cual se celebró del 9 al 12 de junio de forma paralela a la 39ª edición de la feria Abanca Semana Verde de Galicia, estuvo marca por una mayor exposición, un completo programa y una gran afluencia de público, recibiendo conjuntamente con Abanca Semana Verde a más de 100.000 visitantes de los que unos 3.000 visitaron el stand de la Federación Galega de Caza.

Su área expositiva contó con un 55% más de empresas y entidades presentes y casi el doble de superficie expositiva que en la pasada edición, lo que supuso acondicionar para su ubicación el pabellón 4 del recinto, de 1.800 m², el cual hacía muchos años que no era utilizado en la feria Abanca Semana Verde. Cetrería y criadores de perros, armerías, munición, remolques, guarnicionería, equipamiento y accesorios para caza y pesca, iluminación led, nutrición canina, federaciones y asociaciones, espacios naturales, actividades al aire libre o medio ambiente, conformaron su exposición.
Además, la feria celebró un completo programa de actividades, con cerca de 40 propuestas distintas, muchas de las cuales se repitieron a lo largo de sus cuatro días de duración.

Caza



Respecto a las actividades de caza, los visitantes pudieron ver numerosas exhibiciones, en muchas de las cuales también pudieron participar. Entre ellas las de cetrería, de Perros de Muestra y San Huberto, de tiro con arco y, por primera vez en la feria, las de Field Target (una disciplina de tiro al blanco a distancias de entre 9 y 50 metros) y las de tiro con aire comprimido. Para estas dos últimas se dispuso de una galería de tiro en el pabellón de Fecap Abanca.


También pudieron asistir a dos interesantes pruebas de agilidad canina, la IX y X Prueba de la Liga Autonómica de Agility o ver muestras como la centrada en trofeos de caza o cetrería y también la III Exposición de Perros de Caza.

En la X Prueba de la Liga Autonómica de Agility – Trofeo Abanca Semana Verde, en la que compitieron un centenar de ejemplares,  en la categoría Standard el vencedor fue Eo, un border collie propiedad de Lolo San Tomé, del club Tercans, de Moaña (Pontevedra), mientras que en la categoría Mini-midi ganó Mapch, un ejemplar de raza shetland, de José Ángel Torres, también de Tercans. Respecto a la III Exposición de Perros de Caza, en la cual participaron en torno a 200 ejemplares de distintos puntos de Galicia y Asturias, se entregaron los premios a la “Mellor Jaula”, que recayó en una de perros gascoigne pertenecientes a Juan Vecino, de Canil do Soñar, de Lugo; “Mejor Camada”, para un par de ejemplares de gordon setter, de Jesús Espiñeira, de Frades (A Coruña) y  “Mejor Ejemplar”, para un sabueso de Antonio do Pazo, de A Coruña.

 


Así mismo, en el ámbito de la caza  tuvieron lugar conferencias, como la que versó sobre cómo actuar en caso de accidente en el monte, dirigida a los cazadores o la recreación de un biotopo con conejos y codornices, orientado a escolares y que contó con numeroso público

Pesca

En cuanto a las actividades relacionadas con la pesca, fueron numerosas las demostraciones, muchas de ellas impartidas por pescadores de prestigio. Así, se realizarán de confección de bajos de pesca de surfcasting y agua dulce, de fabricación de vinilos y cucharillas, y de montaje de moscas. Entre éstas se llevaron a cabo de moscas en general, por parte de Rafael de la Iglesia; de competición,  de salmón, de mano de Marcos Prado, y realistas, a cargo de Joaquín L. Quintáns.  También  se mostraron patentes gallegas en el ámbito de la pesca, como una caña formada por un palo de golf de tres punteras que permite al pescador llevar una sola caña en lugar de tres o un carrete con modificaciones para su durabilidad.



Además se realizaron actividades de pesca en el lago el recinto, entre ellas “Pescaprendo”, un curso de pesca para niños que corrió a cargo de reprwesentantes de la Federación Galega de Pesca y de la Asociación Internacional de Periodistas Especializados, “Periodipesca”.

 
 
Naturaleza

La Dirección Xeral de Conservación da Natureza llevó a cabo en la feria  interesantes actividades, muchas dirigidas a niños. Así, además de promover “Pescaprendo”, realizó talleres de ecosistemas para escolares, de marca páginas, de realización de cuadernos de campo y también centrados tanto en los primeros cazadores como en el reconocimiento de aves.



 También en el marco de su programa se entregaron los premios “Naturézate - Protexe aos animais” y se realizaron tanto exhibiciones de perros de detección de sustancias y especies como el showcooking “¿A qué sabe la naturaleza?”. Así mismo, la Dirección Xeral contó en su stand con una interesante exposición centrada en los parques naturales de Galicia




 
Para la organización de la feria Fecap Abanca, la única con su temática en Galicia, contó con el apoyo de la Dirección Xeral de Conservación da Natureza de la Xunta de Galicia. También destacó la colaboración y participación de numerosas entidades. colectivos, empresas vinculadas con la pesca, la caza y la naturaleza.


lunes, 13 de junio de 2016


A ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA IRÁ DO 1 DE XULLO ATA O 30 DE SETEMBRO

 

§         DOG publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se declara este período, de acordo coa normativa sobre prevención e defensa contra os lumes forestais en Galicia

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se declara como época de perigo alto de incendios forestais a comprendida entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Esta norma establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 

A Xunta destaca o papel da Fedaración Galega de Caza na presentación do plan de loita contra os danos do xabaril


Ourense.- Luís MACÍAS                            
A Xunta ven de presentar hoxe en Ourense un ambicioso plan de loita contra os danos que provoca o xabaril, co obxectivo de previr e minimizar os danos que causa esta especie na comunidade autónoma, ao tempo que se preserva a conservación destes animais.
As conselleiras de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e de Infraestruturas e Vivenda, xunto coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, presentaron hoxe o Plan de acción global contra os danos ocasionados polo xabaril; acto no  que tamén estivo presente a Federación Galega de Cazaque é membro activo do grupo de traballo do Plan de Xestión Integral do Xabaril en Galicia.
 Os danos que produce o xabaril, tanto na seguridade viaria como nos cultivos, é un tema complexo, con numerosas particularidades (tipo e distribución de cultivos, orografía, rede viaria, etc.), polo tanto tamén a súa prevención e control son complexos e requiren do esforzo de tódolos sectores implicados (cazadores, agricultores, administración, etc). Sería un despropósito tratar de responsabilizar aos cazadores dos danos que ocasiona a especie na agricultura, do mesmo xeito que sería unha insensatez pretender que o agricultor teña que soporta-los danos en solitario. Os cazadores non son os que xeran o problema, ao contrario, son os que tratan de mitigalo pero para elo faise necesario que o resto dos sectores implicados, sobre todo os agricultores e a Administración participen activa e decididamente no seu control.
Na prevención dos danos a cultivos é moi importante unha boa xestión da caza que garanta o aproveitamento da especie de xeito razoable, realizando a extracción dos cupos establecidos e garantindo o desenvolvemento sostible da especie sen prexuízo da biodiversidade, pero tamén é necesario o establecemento de medidas de prevención axeitadas por parte dos agricultores: pastores eléctricos, cultivo de parcelas con alimento alternativo, colocación de material disuasorio ou repelente para os xabarís en puntos sensibles, etc.
En canto aos accidentes de tráfico por atropelo de especies cinexéticas, se ben a xestión das especies é importante, non o é menos o mantemento das estradas, unha sinalización adecuada, os pasos de fauna, e mesmo a información e educación dos condutores.
O ambicioso plan que ven de presentar a Xunta, abrangue catro liñas de actuación (accidentes de tráfico, danos producidos na agricultura, xestión e aproveitamento da especie, e educación e formación), e conta cunha dotación inicial de ao redor de 1,3 millóns de euros, sendo fundamental para a súa execución a colaboración e implicación da Federación Galega de Caza en coordinación con tódolos axentes implicados. 
Desde a FGC recoñécese o esforzo que está a facer a Xunta con este primeiro Plan de acción a nivel autonómico, para tratar de compensa-los danos provocados polo xabaril en Galicia, ao tempo que se espera que teña continuidade nos vindeiros anos.
Na prevención dos danos a cultivos é moi importante unha boa xestión da caza que garanta o aproveitamento da especie de xeito razoable, realizando a extracción dos cupos establecidos e garantindo o desenvolvemento sostible da especie sen prexuízo da biodiversidade, pero tamén é necesario o establecemento de medidas de prevención axeitadas por parte dos agricultores: pastores eléctricos, cultivo de parcelas con alimento alternativo, colocación de material disuasorio ou repelente para os xabarís en puntos sensibles, etc.
En canto aos accidentes de tráfico por atropelo de especies cinexéticas, se ben a xestión das especies é importante, non o é menos o mantemento das estradas, unha sinalización adecuada, os pasos de fauna, e mesmo a información e educación dos condutores.
O ambicioso plan que ven de presentar a Xunta, abrangue catro liñas de actuación (accidentes de tráfico, danos producidos na agricultura, xestión e aproveitamento da especie, e educación e formación), e conta cunha dotación inicial de ao redor de 1,3 millóns de euros, sendo fundamental para a súa execución a colaboración e implicación da Federación Galega de Caza en coordinación con tódolos axentes implicados. 
Desde a FGC recoñécese o esforzo que está a facer a Xunta con este primeiro Plan de acción a nivel autonómico, para tratar de compensa-los danos provocados polo xabaril en Galicia, ao tempo que se espera que teña continuidade nos vindeiros anos.
                            
 

miércoles, 8 de junio de 2016


A feira Abanca Semana Verde abre mañá as
súas portas con 590 expositores, 77.904 metros
cadrados e máis de 170 actividades distintas

·       REVALIDARÁ ASÍ A SÚA CONDICIÓN DE MAIOR CERTAME MULTISECTORIAL DE MOSTRAS E OCIO DO NOROESTE PENINSULAR, CUXA ENTRADA SERÁ GRATUITA

·       SERÁ INAUGURADA AS 13.00H POLO VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de GALICIA abre mañá as portas da súa 39ª edición coa presenza de 590 expositores directos, o que supón un 18% máis que en 2015, e unha superficie de ocupación (expositores e actividades) de 77.904m², un 10% máis. A iso unirase un programa con máis de 170 actividades distintas, as cales tamén superan as 150 que se celebraran na pasada edición.

En canto ao número de expositores, o seu aumento ven dado, por unha banda, polo incremento en todos os seus certames paralelos, xa que Salimat Abanca conta cun 14% máis de empresas presentes, Fecap Abanca cun 55% e Festur cun 42% máis de festas representadas, e por outra, pola celebración de novo de Festur no marco da feira, pola incorporación de Turexpo Galicia e pola presenza das ganderías participantes nos concursos de gando frisón, os cales soamente se celebran en Abanca Semana Verde os anos pares.

Como consecuencia deste incremento de empresas e entidades presentes prodúcese un aumento na superficie ocupada, contribuíndo a isto o uso de espazos que facía anos que non se empregaban na feira, como o pavillón 4, onde se localiza Fecap Abanca nesta edición debido ao seu crecemento.

A diversidade volverá caracterizas á feira Abanca Semana Verde, xa que ademais destes certames paralelos, centrados na alimentación, a caza, pesca e natureza e o turismo, contará de novo con numerosos sectores que van dende gandería, biomasa, mascotas ou pequena maquinaria para xardín ata decoración, mobiliario e artesanía, ademais de moitos outros tipos de produtos e servizos. Unha completa oferta á que se une un amplo programa con actividades dos máis variados ámbitos.

Con todo elo a feira Abanca Semana Verde de Galicia revalidará a súa condición de maior feira multisectorial de mostras e ocio do noroeste peninsular, á cal os visitantes poderán acceder de forma gratuíta por sétimo ano consecutivo. Soamente se abonará o aparcadoiro, que terá un módico prezo de 2€ destinados a incrementar a calidade do programa de actividades da feira.

A feira será inaugurada ás 13.00 horas de mañá polo vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente da Fundación Semana Verde, Alfonso Rueda Valenzuela, quen estará acompañado da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, doutras autoridades e do director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.

Certames paralelos

O 20º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2016, converterase un ano máis nunha plataforma de negocio e escaparate tanto para a distribución como para produtos de calidade, artesáns, gourmet e innovadores.

Os seus Encontros de Compradores, realizados co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), volverán a contribuír á internacionalización das empresas a través de reunións de negocio con 27 importadores, distribuidores e restauradores de 6 países. Mentres, a súa área Alinova dará relevancia aos produtos innovadores, estando presentes 70 novos alimentos que supoñen un 75% máis que na pasada edición, como paté de bonito con grelos, auga de polbo para cociñar ou flan de queixo do Cebreiro con caramelo de licor café.

En canto a Fecap Abanca, respaldado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza e outras moitas entidades do sector, celebrará a súa terceira edición cun amplo programa e un incremento de expositores. Cetrería e criadores de cans, armerías, remolques, equipamento e accesorios para caza e pesca, federacións, seguros ou medio ambiente serán algúns dos sectores presentes.

Turexpo Galicia e Festur, as cales se celebran conxuntamente e de forma paralela a esta edición de Abanca Semana Verde co apoio da Axencia Turismo de Galicia, incorporan o sector do turismo á feira coa presenza de distintas empresas e 27 concellos que promocionarán 37 festas de interese turístico das catro provincias galegas, ademais dun programa con vertente profesional nas súas reunións de negocio e para público xeral con propostas de Festur.
                                                                                                         
Máis de 170 actividades distintas

A diversidade da feira tamén se reflicte no seu completo programa de actividades. Estará formado por máis de 170 distintas nas que se incluirán numerosas novidades.

O programa de Fecap Abanca destacará polo seu número de propostas relacionadas coa caza, pesca e natureza, con 40 actividades, entre elas exhibicións de tiro con arco ou cetrería,  demostracións de tiro ao branco ou montaxe de moscas para pesca, conferencias, competicións caninas como a da raza Azul de Gascuña, cursos de pesca para nenos ou talleres sobre recoñecemento de aves. Uniranse a elas a III Exposición de Cans de Caza, na cal participan sobre 200 cans.

Pola súa banda, Salimat Abanca, ademais dos Encontros de Compradores e a área Alinova, contará con cerca de 50 actividades distintas, entre elas numerosas catas, maridaxes e degustacións de diversos produtos, showcookings, conferencias sobre o sector vitivinícolas ou a biomasa no sector agroalimentario, talleres, actividades didácticas sobre alimentación saudable ou o II Encontro Gastroblogger

Turexpo Galicia e Festur terán como eixo central das súas actividades diversas exhibicións, exposicións e degustacións de distintas festas de interese turístico e tamén a Bolsa de Contratación Turística, a cal contará nesta edición con 31 touroperadores de 10 países, os cales se reunirán con 79 empresas turísticas que lles amosarán as súas propostas.

As actividades caninas serán tamén moi numerosas, ofrecendo a posibilidade de desfrutar de competicións de axilidade e de beleza, como o XIII Concurso Nacional Canino, un recoñecemento de razas de cans para obter o pedigrí ou propostas co can de palleiro como protagonista, entre elas exhibicións de “Allo”, estrela dun anuncio televisivo. Tamén haberá propostas equinas, as cales ademais de centrarase no cabalo de pura raza galega, acollerán o primeiro concurso morfolóxico internacional de cabalos árabes que se celebra en Galicia.

A área de gandería tamén ofrecerá un completo programa, centrado nos concursos de gando frisón, nos que participan 101 exemplares galegos de alta xenética, e nas razas autóctonas galegas en perigo de extinción, as cales celebrarán varios concursos morfolóxicos e presentarán o selo das súas razas bovinas “100% Raza Autóctona”. Ademais, celebrarase o XX Monográfico de Gando Porcino ou unha exposición da raza rubia galega.

O programa completarase con outras actividades de gran interese e carácter especialmente lúdico, como espectáculos de motor, a II Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia, a exposición itinerante de réptiles máis grande de Europa, a mostra da cabina dun avión de combate ou a xuntanza anual do popular programa Pensando en Ti, o cal espera reunir 20.000 persoas.