miércoles, 29 de junio de 2016
A GALA DOS PREMIOS DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRO
FOI UN BRINDE POLO BO MOMENTO DOS SEUS VIÑOS
O mellor viño branco de adega
é Ramón do Casar Treixadura; o galardón de mellor viño branco de colleiteiro
recae en Pazo Tizón Extramundi; e o premio mellor viño tinto distingue a Viña
Uzal
A quinta edición dos Premios
organizados polo Consello Regulador recoñeceu a Cristino Álvarez co Premio de
Honra; a Mayte Santa Cecilia, co Muller e Viño; a Salvador Manjón, co de Mellor
Tarefa de Comunicación; e a Avelino Lorenzo, co Vida entre Vides
San Clodio (Leiro) Ourense.- Os Premios D.O. Ribeiro, que
celebraron a súa quinta edición nunha Gala organizada polo seu Consello
Regulador, reuniron hoxe a todos os actores do sector no histórico Mosteiro de
San Clodio (Leiro).
Durante o evento entregáronse os galardóns aos
mellores viños da D.O. Ribeiro, designados por un panel de cata de expertos,
que onte mesmo participou na cata final con mostras recollidas en mercado, seis
de cada categoría. O grupo de profesionais estaba formado por Mikel Zeberio, xornalista gastronómico
de Deia, entre outros diarios, David Seijas, ex
sumiller de El Bulli, Bartolomé Sánchez,
catador e foi director da revista MiVino,
Salvador Manjón, director da
publicación La Semana Vitivinícola, Eufrasio Sánchez, xornalista de El Comercio de Gijón, Constantino Iglesias, da Asociación
Galega de Catadores, Alberto Román
García, da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Pedro Villamarín, da Asociación Gallega de Sumilleres, Lorena Alonso, da Asociación de
Enólogos de Galicia e os catadores Antonio
Santamaría e Antonio Raluy. O mellor viño branco de adega é para Ramón do Casar Treixadura 2015 de Adega
Ramón do Casar; o mellor viño branco de colleiteiro recae en Pazo Tizón
Extramundi 2015 de Pazo Tizón; e o mellor
viño tinto é Viña Uzal 2015 de Julia Guntín Villanueva. Foron finalistas na categoría
de branco de adega Farnadas, de Pazo Vieite; Cunqueiro
III Milenium de Bodegas Cunqueiro e
Expresión de Pazo do Mar, de Adegas Pazo do Mar. Na categoría de branco de
colleiteiro chegaron á final Eduardo Bravo, de José González, Pazos de Albor,
de Mónica Albor e Mauro Estévez, de José Estévez. E por último, en canto aos
tintos, Val do Deva, de Pilar Rivera; Señorío de Beade, de A Portela e
Sameirás, de Antonio Cajide, foron os finalistas.
O xornalista Cristino Álvarez recibiu o Premio “Persoeiro
de Honra 2016” ,
en recoñecemento á súa traxectoria e máis á divulgación dos viños da D.O.
Ribeiro a través das súas crónicas. Tamén se quixo homenaxear o traballo dunha
vida do viticultor e adegueiro Avelino
Lorenzo, co Premio Vida entre Vides.
Como “Mellor Tarefa de Comunicación” galardoouse
a Salvador Manjón (director da
revista especializada La Semana Vitivinícola); e Mayte Santa Cecilia, directora de márketing
e de compras das madrileñas tendas Bodega Santa Cecilia recibiu o Premio “Muller
e Viño”.
Ademais, na cerimonia recoñeceuse aos
profesionais e establecementos galegos que procuran a excelencia. En “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”
destacouse ao Restaurante Galileo; o
Premio “Mellor Tenda Especializada - Viñoteca”
foi para Santorum; e o galardón
á “Mellor Taberna-Bar de Viños”
recaeu en O Bacoriño. Foron
finalistas O Retiro da Costiña e Restaurante Campos na categoría de “Mellor Servizo
de Viño en Restaurante”; El Yate e La Sucursal, na de “Mellor Tenda
Especializada – Viñoteca”; e Adega do San Vicente e Bagos, na categoría de
“Mellor Taberna - Bar de Viños”.
Entre os máis de 300 asistentes estiveron
autoridades coma o delegado do Goberno
en Galicia, Santiago Villanueva, e a conselleira
do Medio Rural, Ánxeles Vázquez. Tampouco faltaron profesionais chegados de
toda España, como maioristas e xornalistas especializados.
O actor ourensán Sergio Pazos foi o presentador dunha cerimonia que demostrou o bo
momento dos viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.
Premio
|
Gañador
|
Mellor Viño Branco Adega
|
Ramón do Casar Treixadura 2015
|
Mellor Viño Branco Colleiteiro
|
Pazo Tizón Extramundi 2015
|
Mellor Viño Tinto
|
Viña Uzal 2015
|
Premio
|
Gañador
|
Persoeiro de Honra
|
Cristino Álvarez
|
Muller e Viño
|
Mayte Santa Cecilia
|
Mellor Tarefa de Comunicación
|
Salvador Manjón
|
Vida entre Vides
|
Avelino Lorenzo
|
Premio
|
Gañador
|
Mellor Servizo de Viño en Restaurante
|
Galileo (Ourense)
|
Mellor Tenda Especializada – Viñoteca
|
Santorum (Ourense)
|
Mellor Taberna – Bar de Viños
|
O Bacoriño (Ferrol)
|
ÁNGELES VÁZQUEZ DESTACA O TRABALLO DA D.O. RIBEIRO
QUE SE REFLEXA NUN INCREMENTO DUN 626% NAS SÚAS EXPORTACIÓNS NOS ÚLTIMOS ANOS
§
A conselleira do Medio Rural fixo
estas declaracións na gala de entrega dos Premios Ribeiro onde estivo
acompañada pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro
§
A Xunta achegou entre 2012 e 2015 un total de 5,4
millóns de euros ao sector do viño para a súa promoción
Santiago.- A conselleira do Medio Rural,
Ángeles Vázquez, destacou hoxe o traballo
da D.O. Ribeiro que se reflexa no incremento dun 626% das exportacións nos
últimos anos. A conselleira realizou estas declaracións na gala de entrega dos
Premios Ribeiro onde estivo acompañada pola directora de Axencia de Turismo de
Galicia, Nava Castro. A entrega celebrouse no Mosteiro de San Clodio, no
municipio ourensán de Leiro.
Premiados e autoridades |
A titular de Medio Rural salientou que
o sector vitivinícola esperta un crecente interese tanto dende o punto de vista
dos elaboradores como do consumidor final. “Trátase dun ámbito que está a vivir
importantes avances tanto tecnolóxicos como comerciais, poñendo a Galicia no
mapa enolóxico mundial”, declarou Ángeles Vázquez. Lembrou ademais que estes
premios non son senón o recoñecemento de todo este traballo realizado e unha
forma de visibilizar o sector do viño en xeral e, concretamente, a Denominación
de Orixe Ribeiro.
Nesta mesma liña, a conselleira
destacou que o do viño é o sector agroindustrial galego máis exportador, e co
fin de manter esta posición, a Xunta achegou entre 2012 e 2015 un total de 5,4
millóns de euros para promover o sector. No caso da D.O. Ribeiro, foron máis de
2,5 millóns desde 2009
“O mundo da venda de viño é cada vez
máis competitivo e require ampliar os mercados para manter un nivel de crecemento
económico axeitado”, sinalou Vázquez, e engadiu que por iso, “a obtención de
beneficios nas adegas galegas implica buscar novos retos e crear non só un bo
produto, senón tamén as infraestruturas de venda máis axeitadas aos escenarios
globais nos que nos movemos”.
A Conselleira escoitando a un dos premisdos |
A conselleira destacou o labor desenvolvido
polos produtores, adegueiros, consellos reguladores, administración e
profesionais e animounos a ser quen de profesionalizar este sector, pois “ten
por diante un futuro moi esperanzador”.
D.O. Ribeiro
A denominación de Orixe Ribeiro conta con
de 5.812 viticultores e 107 industrias
que traballan 2.646 hectáreas de superficie da comunidade galega. Estas
industrias comercializan un volume de 8.427.600 litros e o seu valor estímase
en 25 millóns de euros.
miércoles, 22 de junio de 2016
Operativo especial de tráfico con motivo de la Noche de San Juan.
Este viernes 24 día de San Juan, es festivo autonómico por lo que se
prevé una gran afluencia de público en torno a las tradicionales “hogueras”, en
las que grupos de amigos se reúnen para disfrutar de la compañía y dar gusto al
paladar, antes de saltar las brasas bien entrada la madrugada.
Es habitual que, principalmente entre la juventud, se produzcan excesos
en la ingestión de alcohol, llegándose en algunas ocasiones a mezclarlo con el consumo de drogas.
Para garantizar la seguridad vial y proteger el libre ejercicio de los
derechos y libertades de todos los ciudadanos, especialmente en lo que a la
circulación de vehículos por las vías públicas se refiere, el Subsector de
Tráfico de la Guardia
Civil de Ourense tiene previsto realizar un dispositivo
especial de vigilancia del tráfico, estableciendo controles de alcoholemia y
drogas en aquellos lugares donde tengan especial incidencia y proliferación de
hogueras.
Se prevé que este dispositivo especial tenga una mayor presencia en torno
a la ciudad de Ourense, para lo que las fuerzas de la Agrupación de Tráfico
de la Guardia Civil
en Ourense no escatimarán ni los medios de que disponen ni tampoco el personal
que pueda prestar servicio al ciudadano.-
Se hace un llamamiento a los conductores para que se abstengan de
consumir alcohol o drogas y que cumplan con las normas de circulación, para que
con su ayuda se puedan seguir descendiendo los accidentes y las víctimas del
tráfico.-
También se
quiere recordar que la conducción bajo los efectos drogas o alcohol en el organismo puede llegar a ser
de 1000 euros y pérdida de 6 puntos en el carnet y que podría constituir un
delito contra la seguridad vial, lo que lleva aparejado penas de prisión de
tres a seis meses, multa de seis a doce meses y, en cualquier caso, con la de
privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores por tiempo
superior a uno y hasta cuatro años.
miércoles, 15 de junio de 2016
Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados 2016
Noel Vázquez, con “Medallas”,
novo campión provincial
SALVADOR SESTELO, CON “VIKINGO” VENCEDOR DO VII CAMPIONATO DE CANS DE RASTRO ATRELADOS
DE OURENSE.
Lobios (Ourense).- Texto e
Fotos Luís Macías
Tal e como estaba previsto, o
pasado día 11 de xuño disputouse na localidade ourensán de Lobios baixo as
organización da Federación Galega de Caza desta provincia e a colaboración da
Sociedade locataria “Río Caldo Manín e Quintela”, o “VII Campionato de Cans de Rastro
Atrelados”. Una vistosa competición, sucedánea de unha xornada real de caza da especialidade,
que era puntuable para seguinte fase da modalidade e que foi seguida por moitos
cazadores e curiosos, desenvolvéndose baixo unha climatoloxía propicia, entre
ás 10 da mañá e ás tres da tarde.
Evento que, ademais, contou cunha
arbitraxe de primeira. Un escenario de fábula. Unha deportividade propia dos grandes cazadores. E un ambiente de gala.
E dicir, que a cousa non pudo estar mellor. Alúmenos así opinaron os que alí
estiveron.
Da dirección ocupouse o
federativo ourensán, Xosé Castro Rivela. De xulgar os competidores, Emilio
Vila, e colaborando toda a mañá, Manuel
Feijoo, federativo e Domingo Veloso, Presidente do tecor anfitrión. Participaron 12 cans e estes
foron os mellores:
2º e subcampión, Xosé Luís
Iglesias (Coruña), con 22 puntos. Competiu co sabuxo “Cañón”
3º, Antonio Sánchez Sesto
(Silleda-Pontevedra), con 207 puntos. Cazou co grifón azul de Gascuña, “Tito”.
Campión de Ourense, Noel Vázquez
Rodríguez, (Corneira-Carballeda de Avia), con 177 puntos. Actuou con grifón
azul de Gascuña, “medallas”.
Campión recolledo o trofeo da man da alcaldesa de Lobios |
2º Clasificado |
3º Clasificado |
Gañadores, federativos e organizadores locatarios |
O gañador da proboa co seu cadelo |
Un xantar de confraternidade
levado a cabo no luxoso Hotel Balneario
Caldaria (Río Caldo), que presidiu a nova Alcaldesa de Lobio, Mª del Carmen
Yáñez, e no que tomaron tamén parte varios concelleiros, presidentes de tecores
do lugar e amigos do deporte de caza, como Xabier o do Lusitano (así se lle
coñece) ou Arsenio Prieto, Director de IFEMA (Vigo), por citar algún, serviu de
broche final a unha xornada competitiva de caza para enmarcar. O remate da
mesma entregáronse os correspondentes trofeos e agasallos os gañadores.
O Xuiz da contenda dando a clasificación |
Alcaldesa en plena oratoria |
Campión de Ourense recibindo o trofeo |
Mesa Presidencial |
Este certamen de
caza, pesca y naturaleza recibió junto con la 39ª edición de la feira Abanca
Semana Verde de Galicia a más de 100.000 personas
Una mayor exposición, 40 actividades distintas y una gran afluencia de público marcaron la tercera edición de Fecap Abanca
Silleda,
Su
área expositiva contó con un 55% más de empresas y entidades presentes y casi
el doble de superficie expositiva que en la pasada edición, lo que supuso
acondicionar para su ubicación el pabellón 4 del recinto, de 1.800 m² , el cual hacía
muchos años que no era utilizado en la feria Abanca Semana Verde. Cetrería y criadores
de perros, armerías, munición, remolques, guarnicionería, equipamiento y
accesorios para caza y pesca, iluminación led, nutrición canina, federaciones y
asociaciones, espacios naturales, actividades al aire libre o medio ambiente, conformaron
su exposición.
Además,
la feria celebró un completo programa de actividades, con cerca de 40
propuestas distintas, muchas de las cuales se repitieron a lo largo de sus cuatro
días de duración.
Caza
Respecto
a las actividades de caza, los visitantes pudieron ver numerosas exhibiciones, en
muchas de las cuales también pudieron participar. Entre ellas las de cetrería,
de Perros de Muestra y San Huberto, de tiro con arco y, por primera vez en la
feria, las de Field Target (una disciplina de tiro al blanco a distancias de
entre 9 y 50 metros )
y las de tiro con aire comprimido. Para estas dos últimas se dispuso de una
galería de tiro en el pabellón de Fecap Abanca.
También
pudieron asistir a dos interesantes pruebas de agilidad canina, la IX y X Prueba de la Liga Autonómica de
Agility o ver muestras como la centrada en trofeos de caza o cetrería y también
la III Exposición
de Perros de Caza.
En
la X Prueba
de la Liga Autonómica
de Agility – Trofeo Abanca Semana Verde, en la que compitieron un centenar de
ejemplares, en la categoría Standard el
vencedor fue Eo, un border collie propiedad de Lolo San
Tomé, del club Tercans, de Moaña (Pontevedra), mientras que en la categoría
Mini-midi ganó Mapch, un ejemplar de
raza shetland, de José Ángel Torres,
también de Tercans. Respecto a la III Exposición de Perros de Caza, en la cual
participaron en torno a 200 ejemplares de distintos puntos de Galicia y
Asturias, se entregaron los premios a la “Mellor Jaula”, que recayó en una de
perros gascoigne pertenecientes a
Juan Vecino, de Canil do Soñar, de Lugo; “Mejor Camada”, para un par de
ejemplares de gordon setter, de Jesús
Espiñeira, de Frades (A Coruña) y “Mejor
Ejemplar”, para un sabueso de Antonio
do Pazo, de A Coruña.
Así
mismo, en el ámbito de la caza tuvieron
lugar conferencias, como la que versó sobre cómo actuar en caso de accidente en
el monte, dirigida a los cazadores o la recreación de un biotopo con conejos y codornices, orientado a escolares y que contó
con numeroso público
Pesca
En
cuanto a las actividades relacionadas con la pesca, fueron numerosas las
demostraciones, muchas de ellas impartidas por pescadores de prestigio. Así, se
realizarán de confección de bajos de pesca de surfcasting y agua dulce, de
fabricación de vinilos y cucharillas, y de montaje de moscas. Entre éstas se
llevaron a cabo de moscas en general, por parte de Rafael de la Iglesia ; de
competición, de salmón, de mano de
Marcos Prado, y realistas, a cargo de Joaquín L. Quintáns. También
se mostraron patentes gallegas en el ámbito de la pesca, como una caña formada
por un palo de golf de tres punteras
que permite al pescador llevar una sola caña en lugar de tres o un carrete con
modificaciones para su durabilidad.
Además
se realizaron actividades de pesca en el lago el recinto, entre ellas
“Pescaprendo”, un curso de pesca para niños que corrió a cargo de
reprwesentantes de la Federación Galega
de Pesca y de la Asociación
Internacional de Periodistas Especializados, “Periodipesca”.
Naturaleza
También
en el marco de su programa se entregaron los premios “Naturézate - Protexe aos
animais” y se realizaron tanto exhibiciones de perros de detección de sustancias
y especies como el showcooking “¿A qué sabe la naturaleza?”. Así mismo, la Dirección Xeral
contó en su stand con una interesante exposición centrada en los parques
naturales de Galicia
Para
la organización de la feria Fecap Abanca, la única con su temática en Galicia,
contó con el apoyo de la
Dirección Xeral de Conservación da Natureza de la Xunta de Galicia. También
destacó la colaboración y participación de numerosas entidades. colectivos,
empresas
vinculadas con la pesca, la caza y la naturaleza.
lunes, 13 de junio de 2016
A ÉPOCA DE PERIGO
ALTO DE INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA IRÁ DO 1 DE XULLO ATA O 30 DE SETEMBRO
§
DOG publica hoxe unha Orde da
Consellería do Medio Rural pola que se declara este período, de acordo coa
normativa sobre prevención e defensa contra os lumes forestais en Galicia
A publicación desta Orde no DOG faise
efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril,
de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada
pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Esta norma establece que, en consideración
aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e
sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a
consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo
alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a
defensa do territorio de Galicia.
A Consellería do Medio Rural lembra que está
a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben
chamar en caso de detectar algún lume forestal.
A Xunta destaca o papel da Fedaración Galega de Caza na presentación do plan de loita contra os danos do xabaril
|
|
|
|
miércoles, 8 de junio de 2016
A feira
Abanca Semana Verde abre mañá as
súas
portas con 590 expositores, 77.904 metros
cadrados
e máis de 170 actividades distintas
· REVALIDARÁ
ASÍ A SÚA CONDICIÓN DE MAIOR CERTAME MULTISECTORIAL DE MOSTRAS E OCIO DO
NOROESTE PENINSULAR, CUXA ENTRADA SERÁ GRATUITA
· SERÁ
INAUGURADA AS 13.00H POLO VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
A
Feira Internacional Abanca Semana Verde de GALICIA abre mañá as portas da súa
39ª edición coa presenza de 590 expositores directos, o que supón un 18% máis
que en 2015, e unha superficie de ocupación (expositores e actividades) de
77.904m², un 10% máis. A iso unirase un programa con máis de 170 actividades
distintas, as cales tamén superan as 150 que se celebraran na pasada edición.
En canto ao número de expositores, o seu aumento
ven dado, por unha banda, polo incremento en todos os seus certames paralelos,
xa que Salimat Abanca conta cun 14% máis de empresas presentes, Fecap Abanca
cun 55% e Festur cun 42% máis de festas representadas, e por outra, pola
celebración de novo de Festur no marco da feira, pola incorporación de Turexpo
Galicia e pola presenza das ganderías participantes nos concursos de gando
frisón, os cales soamente se celebran en Abanca Semana Verde os anos pares.
Como consecuencia deste incremento de empresas e
entidades presentes prodúcese un aumento na superficie ocupada, contribuíndo a isto
o uso de espazos que facía anos que non se empregaban na feira, como o pavillón
4, onde se localiza Fecap Abanca nesta edición debido ao seu crecemento.
A diversidade volverá caracterizas á feira Abanca
Semana Verde, xa que ademais destes certames paralelos, centrados na
alimentación, a caza, pesca e natureza e o turismo, contará de novo con
numerosos sectores que van dende gandería, biomasa, mascotas ou pequena
maquinaria para xardín ata decoración, mobiliario e artesanía, ademais de
moitos outros tipos de produtos e servizos. Unha completa oferta á que se une
un amplo programa con actividades dos máis variados ámbitos.
Con todo elo a feira Abanca Semana Verde de Galicia
revalidará a súa condición de maior feira multisectorial de mostras e ocio do
noroeste peninsular, á cal os visitantes poderán acceder de forma gratuíta por
sétimo ano consecutivo. Soamente se abonará o aparcadoiro, que terá un módico
prezo de 2€ destinados a incrementar a calidade do programa de actividades da
feira.
A feira será inaugurada ás 13.00 horas de mañá polo
vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente da Fundación Semana Verde,
Alfonso Rueda Valenzuela, quen estará acompañado da conselleira do Medio Rural,
Ángeles Vázquez, doutras autoridades e do director da Fundación Semana Verde de
Galicia, Ricardo Durán.
Certames
paralelos
O 20º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat
Abanca 2016, converterase un ano máis nunha plataforma de negocio e escaparate tanto
para a distribución como para produtos de calidade, artesáns, gourmet e
innovadores.
Os seus Encontros de Compradores, realizados co
apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), volverán a contribuír
á internacionalización das empresas a través de reunións de negocio con 27
importadores, distribuidores e restauradores de 6 países. Mentres, a súa área
Alinova dará relevancia aos produtos innovadores, estando presentes 70 novos
alimentos que supoñen un 75% máis que na pasada edición, como paté de bonito
con grelos, auga de polbo para cociñar ou flan de queixo do Cebreiro con
caramelo de licor café.
En canto a Fecap Abanca, respaldado pola Dirección
Xeral de Conservación da Natureza e outras moitas entidades do sector, celebrará
a súa terceira edición cun amplo programa e un incremento de expositores. Cetrería
e criadores de cans, armerías, remolques, equipamento e accesorios para caza e
pesca, federacións, seguros ou medio ambiente serán algúns dos sectores
presentes.
Turexpo Galicia e Festur, as cales se celebran
conxuntamente e de forma paralela a esta edición de Abanca Semana Verde co
apoio da Axencia Turismo de Galicia, incorporan o sector do turismo á feira coa
presenza de distintas empresas e 27 concellos que promocionarán 37 festas de
interese turístico das catro provincias galegas, ademais dun programa con
vertente profesional nas súas reunións de negocio e para público xeral con
propostas de Festur.
Máis de
170 actividades distintas
A diversidade da feira tamén se reflicte no seu
completo programa de actividades. Estará formado por máis de 170 distintas nas
que se incluirán numerosas novidades.
O programa de Fecap Abanca destacará polo seu
número de propostas relacionadas coa caza, pesca e natureza, con 40
actividades, entre elas exhibicións de tiro con arco ou cetrería, demostracións de tiro ao branco ou montaxe de
moscas para pesca, conferencias, competicións caninas como a da raza Azul de
Gascuña, cursos de pesca para nenos ou talleres sobre recoñecemento de aves.
Uniranse a elas a III Exposición de Cans de Caza, na cal participan sobre 200
cans.
Pola súa banda, Salimat Abanca, ademais dos
Encontros de Compradores e a área Alinova, contará con cerca de 50 actividades
distintas, entre elas numerosas catas, maridaxes e degustacións de diversos
produtos, showcookings, conferencias sobre o sector vitivinícolas ou a biomasa
no sector agroalimentario, talleres, actividades didácticas sobre alimentación
saudable ou o II Encontro Gastroblogger
Turexpo Galicia e Festur terán como eixo central
das súas actividades diversas exhibicións, exposicións e degustacións de
distintas festas de interese turístico e tamén a Bolsa de Contratación
Turística, a cal contará nesta edición con 31 touroperadores de 10 países, os
cales se reunirán con 79 empresas turísticas que lles amosarán as súas
propostas.
As actividades caninas serán tamén moi numerosas,
ofrecendo a posibilidade de desfrutar de competicións de axilidade e de beleza,
como o XIII Concurso Nacional Canino, un recoñecemento de razas de cans para
obter o pedigrí ou propostas co can de
palleiro como protagonista, entre elas exhibicións de “Allo”, estrela dun
anuncio televisivo. Tamén haberá propostas equinas, as cales ademais de
centrarase no cabalo de pura raza galega, acollerán o primeiro concurso
morfolóxico internacional de cabalos árabes que se celebra en Galicia.
A área de gandería tamén ofrecerá un completo
programa, centrado nos concursos de gando frisón, nos que participan 101
exemplares galegos de alta xenética, e nas razas autóctonas galegas en perigo
de extinción, as cales celebrarán varios concursos morfolóxicos e presentarán o
selo das súas razas bovinas “100% Raza Autóctona”. Ademais, celebrarase o XX Monográfico
de Gando Porcino ou unha exposición da raza rubia galega.
O programa completarase con outras actividades de
gran interese e carácter especialmente lúdico, como espectáculos de motor, a II
Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia, a exposición itinerante de
réptiles máis grande de Europa, a mostra da cabina dun avión de combate ou a
xuntanza anual do popular programa Pensando en Ti, o cal espera reunir 20.000
persoas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)