domingo, 16 de abril de 2017


A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL INFORMA DA SITUACIÓN DOS LUMES FORESTAIS CON DATOS RECOLLIDOS ATA AS 09:00 HORAS DE HOXE

 

§        Está activo un incendio no concello lugués de Cervantes, parroquia de Vilaspasantes, con cinco focos que suman unhas 40 hectáreas, segundo estimacións provisionais

§        Permanece controlado o último dos seis focos rexistrados no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro

 
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.00 horas de hoxe.

Activo Cervantes

Está activo un incendio forestal iniciado ás 01:45 horas desta madrugada no concello lugués de Cervantes, parroquia de Vilaspasantes, con cinco focos que en total suman unhas 40 hectáreas, segundo estimacións provisionais. No seu control traballan 3 axentes, 9 brigadas e 5 motobombas.

Controlado Carballeda de Valdeorras

Permanece controlado desde as 20:46 horas de onte o último foco dos rexistrados no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro. Neste lume houbo ata seis focos simultáneos, que segundo as últimas estimacións provisionais afectaron en total unhas 137 hectáreas de monte raso. O resto dos puntos de lume quedaron extinguidos arredor das 21:00 horas de onte. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 1 técnico, 13 axentes, 28 brigadas, 3 motobombas, 7 helicópteros e 1 avión.

[

No hay comentarios:

Publicar un comentario