Mostrando entradas con la etiqueta Conservación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conservación. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2013


ADEGA pide o cese dos responsábeis de Conservación da Natureza polo escándalo das licenzas ilegais de caza

ADEGA considera gravísimos os feitos postos de manifesto pola investigación da Fiscalía Ambiental, coa masiva concesión de licenzas de caza ilegais no Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña, caso que instrúe o xulgado nº 3 da Coruña. Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei, sen que os "beneficiarios" realizaran o preceitivo exame do cazador, e pagando en compensación unha "mordida" aos conseguidores da administración. ADEGA esixe o cese inmediato do xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez, ao parecer titular tamén dunha destas licenzas, e do Director Xeral de Conservación García-Borregón: Ou non coñecían estes graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.
 
Ao parecer estas prácticas non foron illadas ou ocasionais, senón que a concesión ilegal destas licenzas de caza levaría acontecendo no Servizo de Conservación da Natureza da Xunta en Coruña dende hai anos.
ADEGA vaise persoar no procedemento aberto pola Fiscalía para coñecer, entre outros estremos:
-Que persoas obtiveron fraudulentamente licenzas de caza e pesca no Servizo Provincial de Conservación, particularmente dende que D. Carlos G. Muñoz Martínez ostenta o cargo de Xefe de Servizo. ADEGA xa ten denunciado a responsabilidade deste funcionario e dos seus superiores na "xestión" da Lagoa da Frouxeira; nas instrucións ocultas para o "manexo" de hábitats e especies protexidas; no atentado ecolóxico pola "autopista" do Monte Louro; na aniquilación do lobo na Coruña...etc.

-Quenes son os políticos responsábeis de que permitir por acción ou omisión semellante comportamento corrupto. Era coñecedor o Conselleiro Sr. Hernández destas prácticas? A Dirección Xeral de Conservacion da Natureza nunca detectou que se estaban emitindo licenzas de caza sen pasar o exame do cazador nen pagar as correspondentes taxas?

-Cal é o montante do desfalco para as arcas públicas que supuxo non pagar ducias de licenzas durante anos?

-Cais son as implicacións que tivo, ten e terá para a conservación da fauna protexida e da fauna cinexética o feito de que ducias de cazadores ilegais, que non pasaron o exame do cazador e, portanto, non teñen nin idea de como e que poden cazar?.

Dende ADEGA preguntámonos cantas batidas, agardas, ganchos etc. sobre a fauna salvaxe foron autorizadas e realizadas por cazadores "ilegais" e cal foi o seu impacto sobre as especies salvaxes. Aparte do risco que para a seguridade cidadá implica a tenza de armas por persoas non capacitadas legalmente, para ADEGA os responsábeis da desregulación total da caza en Galiza teñen nomes e apelidos e ostentan as máis elevadas responsabilidades no organigrama da administración ambiental galega.

Proyecto Tórtola: Seguimiento de Nidos. Herramienta en defensa de la caza de esta especie

SI ERES CAZADOR Y AMANTE DE LA TÓRTOLA COLABORA CON LA RFEC.

La Real Federación Española de Caza pone en marcha un año más el protocolo de seguimiento de nidos de tórtola. Acción que se engloba dentro del Proyecto Tórtola de la Fundación para el Estudio y la Defensa de la Naturaleza y la Caza (FEDENCA) de la RFEC.

La RFEC propone a todos los cazadores que quieran ser colaboradores de FEDENCA a participar en esta iniciativa que tiene como objetivo fundamental  conocer el calendario de reproducción de la Tórtola europea (Streptopelia turtur) en España y sus variaciones por regiones como herramienta de defensa de la caza de esta especie que se está viendo amenazada en Comunidades autónomas como Canarias.

El trabajo consiste en visitar desde la segunda quincena de abril, y hasta final de agosto,  a primeras horas del día, áreas conocidas de nidificación de tórtolas (arboledas, dehesas, bosquetes, riberas…).
Valiéndose de prismáticos, el colaborador observará el comportamiento de estas aves hasta detectar nidos, cuyas características se deben anotar en una ficha facilitada por la RFEC y FEDENCA en www.fecaza.com.

 Una vez detectados se deben hacer visitas en fechas posteriores y hasta que los pollos lleguen a volar o la nidada se pierda. Entre dos visitas pasarán como máximo 7 días.

Se debe evitar molestias a las tórtolas, de modo que no hay por qué recoger información sobre éxito reproductor (número de huevos y pollos).

En la ficha se anotarán datos del observador y la fecha de cada visita, así como características del árbol en que se ubica cada nido y del hábitat que lo rodea (500 metros de radio).

El documento está diseñado para hacer un seguimiento preciso de cada nido a lo largo de varios días, que es lo deseable; no obstante también se puede emplear para enviar información de una observación puntual.

La RFEC recuerda que las tórtolas son muy sensibles a la manipulación de nidos, huevos y pollos, lo que puede provocar el fracaso reproductor. Por lo que pide que se MINIMICEN LAS MOLESTIAS EN SU OBSERVACIÓN.

La Federación agradece tu colaboración. Cualquier información sobre nidos de tórtola es bienve

martes, 20 de noviembre de 2012

Conservando o patrimonio etnográfico do río Gallo
O proxecto Arredor da Auga é unha iniciativa de custodia fluvial que ADEGA en colaboración coa asociación O Fervedoiro promoven na vila de Cuntis. Enmárcase dentro dun proxecto maior que se desenvolve nas bacías do Ulla do Umia e do Lérez, e que pon en valor o patrimonio natural e cultural dos ecosistemas fluviais mediante iniciativas de entidades sociais.

Cuntis. 20 de novembro de 2012. Dende 2011 ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) en colaboración coa asociación Cultural O Fervedoiro veñen desenvolvendo un proxecto denominado Arredor da Auga. Este ambicioso proxecto, ideado para a súa realización no río Gallo (pertencente á cunca hidrográfica do río Umia) ten por obxecto concienciar á sociedade do valor da conservación dos ecosistemas fluviais e do seu patrimonio. Velaí que ademais de ter identificado boa parte da fauna e flora do Gallo (grazas á colaboración de varios especialistas de Naturgalicia), O Fervedoiro teña catalogado os lavadoiros fluviais e o patrimonio etnográfico ligado ao río.

O proxecto completo denominado Custodia Fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez abrangue estas tres cuncas dos ríos galegos onde tamén se desenvolven outras iniciativas, está promovido por ADEGA e financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER .

A custodia fluvial é unha ferramenta que permite velar pola conservación dos valores dos cursos fluviais. Este tipo de actuación fai partícipe a poboación local, sendo esta a protagonista da propia acción, alén de posibilitar a implicación e identificación co proxecto e empoderando as persoas e entidades participantes.

Seguindo esta nova filosofía de conservación O Fervedoiro decidiu deseñar un roteiro polo río Gallo que terá un percorrido circular aproximado de 3,5 km, que ben calquera cuntiense ou visitante poderá facelo en non moito tempo e, á par, descubrir o valor da contorna. A ruta, que partirá dos lavadoiros termais cuntienses (localizados na praza de Galiza), continúa polo tramo vilego do río Gallo (onde se contemplan os lavadoiros fluviais), a continuación pola ponte do Budión até os Pasos de Meira. De aí discorre cara á a ponte de Nieto, dende onde se volverá á vila do Baño (Cuntis).

Ademais do correspondente balizamento de sinalización, contarase con varios paneis explicativos cunha ordenada e ampla información. Os paneis, deseñados a toda cor e dun xeito atractivo e cómodo, reproducen anacos do pasado cuntiense (tratando incluso sobre antigos oficios) e descobre o nome das especies animais e vexetais máis senlleiras das ribeiras do río Gallo.

Estes días comenzaron os labores de restauración dos famosos Pasos de Meira e, en breve, procederase a erguer da ruína un antigo lavadoiro fluvial. Así e todo, está previsto para o mes de decembro realizar unha xornada de limpeza dos lavadoiros fluviais da vila do Baño. O goberno municipal de Cuntis ten sido informado da situación do proxecto periodicamente, e actualmente contarase coa súa colaboración para a colocación dos paneis.

Espérase unha boa acollida do proxecto que non só é bo para os veciños e veciñas deste concello senón para todos os visitantes que
gusten do medio ambiente e de saber da nosa historia, costumes e tradicións.

viernes, 26 de octubre de 2012


ADEGA E GRUPOS DO PROXECTO MANDEO REALIZARÁN ACTIVIDADES DE INSPECCIÓN NA BACÍA DO MANDEO


O 27 de outubro desenvolverase a segunda actividade cos grupos do Proxecto Mandeo. Desta volta realizarán unha inspección do río en dous treitos da bacía do Mandeo

ADEGA asinou coa Deputación de A Coruña un convenio para a realización de actividades cos grupos que participan no Proxecto Mandeo, que deixará de funcionar en decembro de 2012.
A finalidade destas actividades será que os grupos interesados en continuar facendo traballos de estudo e conservación dos ríos da bacía do Mandeo, poidan facelo no marco do Proxecto Ríos: programa de educación e voluntariado ambiental que desenvolve ADEGA dende 2005 que ten como finalidade dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A segunda actividade programada será unha xornada de inspección de ríos para presentar a metodoloxía que emprega o Proxecto Ríos para determinar a calidade do ecosistema fluvial. O obxectivo é que os grupos coñezan esta metodoloxía para logo continuar realizando actividades nos seus respectivos treitos de río dentro do Proxecto Ríos.
A actividade se desenvolverá o día 27 de outubro de 2012 de 11:00 a 14:00h. O punto de encontro será no Café-Bar Capitol de Betanzos ás 10:30h, onde nos organizaremos cos asistentes e nos desprazaremos ata os treitos a estudar.

jueves, 26 de enero de 2012

Este 2 de febreiro, voltamos a mollarnos polos humidais



O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os hum idais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e vilas contra as treboadas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade. Este 2 de febreiro, móllate polos humidais con ADEGA!
Os humidais tamén nos abastecen de moitos produtos dos que dependemos. Existen valores culturais ligados a estes ecosistemas, así como valores naturais que fomentan a recreación e o turismo.
Dende ADEGA queremos divulgar esta importancia dos humidais, e por segundo ano consecutivo organizamos unha xornada de voluntariado ambiental en dúas lagoas pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo, un dos 5 humidais galegos incluídos na lista Ramsar. Baixo o mesmo lema do ano anterior: Móllate polos Humidais, mollarémonos polas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño (concello de Porto do Son).
En 2011 máis de 40 voluntarias e voluntarios participamos nunha xornada de eliminación de flora exótica invasora nesta área, e este ano queremos darlle seguemento aos labores de control e eliminación. Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras e aumentar a concienciación cidadá, estas acción teñen por obxectivo acadar un mellor estado ecolóxico dun dos ecosistemas galegos percentes á Rede Natura 2000.
Abrimos o prazo de inscrición para que vos apuntedes nesta xornada de eliminación de flora exótica invasora. Participa e Móllate polos Humidais!
PROGRAMA provisional
09.00 Saída dende Compostela
10.00 Parada en Porto do Son
10.10 Chegada: presentación da actividade
10.30 Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00 Xantar
15.30 Continuación dos traballos
17.00 Remate dos traballos e foto de grupo
17.30 Regreso
As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro poden apuntarse no seguinte enderezo:
Ramsés Pérez (Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA) ramses@adega.info // Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50
Colabora e financia:
Concello de Porto do Son
escudo_concello_Porto_do_Son

jueves, 12 de enero de 2012

La RFEC considera de gran interés la Guía para la Conservación del Conejo de Monte en fincas privadas

          EL FIN ES GARANTIZAR UNA PROTECCIÓN ADECUADA DEL ÁGUILA IMPERIAL IBÉRICA


La Real Federación Española de Caza (RFEC) muestra su colaboración, para la difusión, por considerarlo un proyecto de interés general, de la Guía de Buenas Prácticas para la Conservación del Conejo de Monte en fincas privadas desarrollada por la Fundación Amigos del Águila Imperial y financiada por el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. El documento ha contado con la colaboración de los propietarios y gestores de fincas privadas en los que el conejo de monte desarrolla sus actividades vitales,  que han contribuido mediante la puesta en común  y la divulgación de las mejores experiencias de gestión de la especie en España.

El fin de este proyecto es garantizar una protección adecuada y suficiente para el Águila Imperial Ibérica, ayudando a mantener una población sana con garantías de viabilidad.

En la guía se explican los objetivos con los que se realiza con el fin de proponer una serie de medidas encaminadas a fomentar la presencia del conejo de monte en fincas privadas, centrándose básicamente en: Mejorar el hábitat óptimo para el conejo, mejorar en la disponibilidad de alimento y maximizar el éxito en el establecimiento de nuevas poblaciones. Las actuaciones han sido divididas  según sea la finca: agrícolas y ganaderas, con presencia de matorral, en fincas adehesadas, en fincas de foresta y en cotos de caza. Además de como llevar a cabo las repoblaciones de conejos en este tipo de fincas.