Mostrando entradas con la etiqueta Leyes y Normativas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Leyes y Normativas. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de marzo de 2013

Nota de Adega
O CANGREXO AMARICANO E A TROITA "ARCO IRIS" DEIXAN DE SER ESPECIES INVASORAS
                                 
 O Consello Territorial de Medio Ambiente vén de acordar a exclusión da troita "arco-iris" e do caranguexo americano do catálogo español de especies invasoras. Confírmase así o práctico baleiramento de contido desta norma, básica para a conservación da nosa biodiversidade, que comezou ao pouco de chegar Rajoy á Moncloa cando permitiron o aproveitamento cinexético e comercial dalgunhas especies. O cangrexo americano (Procambarus clarkii) está hoxe presente en moitos dos nosos ríos e é a causa da práctica extinción do caranguexo autóctono. Agora, ignorando os criterios científicos, Cañete concédelle bula abríndolle de par en par a porta dos nosos ecosistemas e condeando á extinción a moitas especies autóctonas e derramando os esforzos feitos até o de agora para combater esta invasión. Bo proveito, Sr. Cañete!
As exóticas e invasoras son a segunda causa da perda de biodiversidade no mundo, despois da alteración dos hábitats. Supoñen ademais un gasto de millóns de euros que poderían aforrarse con programas efectivos de divulgación, alerta e eliminación das pequenas invasións antes de converterse nun problema maior.
O Catálogo de Especies Invasoras debería estar baseado en criterios científicos e non en intereses económicos, como pretende o PP. Deste catalogo xa se teñen "indultado" numerosas especies moi prexudiciais para os ecosistemas por intereses económicos, como por exemplo algunhas especies piscícolas, por intereses das compañías de acuicultura ou clubes de pesca.
ADEGA denuncia a falta de implicación e preocupación por parte da administración en programas tanto de divulgación, alerta, seguemento como de eliminación de especies invasoras. Este ano, a Xunta vai adicar 0€ (cero euros) á loita contra as invasoras e este acordo do Ministerio vai abrirlle definitivamente a porta algunhas destas especies para colonizar sen restricións os nosos ecosistemas.
Dende ADEGA-Proxecto Ríos vimos desevolvendo dende o 2007 proxectos de divulgación, educación e voluntariado ambiental centrados nesta problemática, nos que levan participado varios centos de persoas en todo o país. A participación cidadá neste tipo de actuacións consegue informar e concienciar sobre as especies invasoras á cidadanía, que despois colabora activamente na prevención e detecciión temperá.
Agora, e exclusivamente por intereses económicos, Cañete derrama todo este traballo, recursos e esforzos adicados á loita contra as invasoras, condeando os nosos ríos á perda definitiva da súa diversidade natural. Non tardaremos moito en ver a Cañete e Villar-Mir na "Festa Gastronómica do Cangrexo Americano" no encoro da Fervenza ou en Cecebre. Bo proveito!

lunes, 30 de julio de 2012

EL MAGRAMA armonizará las licencias los planes y los periodos de Caza


El Boletín Oficial de las Cortes Generales (BOCG) del Congreso de los Diputados Núm. D-123 de 25/07/2012, publica la contestación del MAGRAMA (184/005012 Autor: Gobierno) a la pregunta interpuesta por don Carlos Martínez Gorriarán (GUPyD) Diputado de las Cortes Generales, sobre justificación de la existencia de numerosas leyes autonómicas de caza, así como cambios legislativos previstos para unificar la legislación en materia cinegética en España (La pregunta de referencia fue publicada en el «BOCG. Congreso de los Diputados» serie D, núm. 82, de 25 de abril de 2012.), a la que el Gobierno le responde (BOCG NÚM. D-123 DE 25/07/2012):

”La caza figura entre las competencias que podrán asumir las comunidades autónomas, tal como establece el artículo 148.11 de la Constitución Española, que incluye la pesca en aguas interiores, el marisqueo y la acuicultura, la caza y la pesca fluvial, siendo este el título competencial específico que soporta la intervención legislativa en materia de caza por las comunidades autónomas.
Así, los estatutos de autonomía aprobados, han atribuido a cada Comunidad Autónoma competencias exclusivas sobre caza, que son ejercidas en los términos dispuestos en la Constitución, por lo que cada Comunidad Autónoma se ha dotado de una norma general reguladora de la materia, que actualiza al marco competencial autonómico lo previsto en la antigua Ley de Caza de 4 de abril de 1970.

Por su parte, el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA) considera necesario unificar la normativa relativa al sector cinegético. Así, entre los cambios legislativos y desarrollo normativo que el MAGRAMA está poniendo en marcha figuran los siguientes:

En primer lugar, modificar la Ley 43/2003, de Montes, en relación a los aprovechamientos forestales, entre los que se incluye la caza según la definición del artículo 6. Se desarrollará un nuevo artículo sobre aprovechamiento cinegético que permita la creación de una licencia única de caza para poder realizar esta actividad en todo el territorio nacional. También se creará un registro de infractores de caza a nivel nacional que impida obtener la licencia de caza a todo aquel cazador inhabilitado por resolución administrativa o judicial en cualquier Comunidad Autónoma, de manera temporal o indefinida.
 

Este registro fue creado en la Ley 4/1989, de 27 de marzo, de Conservación de los Espacios Naturales y de la Flora y Fauna Silvestres, si bien no fue desarrollado. En este sentido cabe resaltar que el Real Decreto 556/2011, de 20 de abril, para el desarrollo del Inventario Español del Patrimonio Natural y la Biodiversidad, que se crea por Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad, cita entre sus componentes, además del Inventario español de caza y pesca, el Registro Estatal de Infractores de Caza y Pesca (componente 6.e), aspecto valorado positivamente por el Consejo de Estado en su dictamen preceptivo para la aprobación del citado real decreto.
Se va a revisar, por último, el Reglamento de funcionamiento interno de la Junta Nacional de Homologación de Trofeos de Caza y se realizará su adscripción a la Dirección General de Desarrollo Rural y Política Forestal del MAGRAMA.”

Está previsto, además, mejorar la coordinación de la política cinegética a nivel estatal para conseguir la armonización de periodos de veda, de los contenidos mínimos de los planes cinegéticos y de los inventarios de caza y pesca.
La Unión Nacional de Asociaciones de Caza (UNAC) valora muy positivamente la respuesta del Ministro Miguel Arias Cañete ya que la misma respalda las solicitudes que ha venido haciendo la UNAC desde su creación, por lo que apoya la gestión que con respecto a la caza se está desarrollando desde el MAGRAMA.

Para seguir avanzando sobres estos importantes asuntos, la UNAC se reunirá el 18 de septiembre con la Directora General de Desarrollo Rural y Política Forestal, Doña Begoña Nieto.

Noticias relacionadas:


sábado, 7 de julio de 2012

IDENTIFICACIÓN E ORDENACIÓN SANITARIA DOS CABALOS E XESTIÓN DOS ÉQUIDOS MOSTRENCOS

§        Esta norma de Medio Rural e Mar regula de xeito innovador o réxime de responsabilidade dos danos causados a particulares polos cabalos en liberdade, buscando a convivencia entre os titulares das terras nas que pastan e os propietarios dos animais, así como unha maior seguridade viaria
§        O decreto axusta á normativa nacional e comunitaria todo o relativo á sanidade animal, as explotacións gandeiras e o rexistro de movementos deste gando, con especial atención ao mostrenco, aquel que deambula libre sen identificar



O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba onte, seis de xullo,  o decreto da Consellería do Medio Rural e do Mar que regula a identificación e ordenación sanitaria dos cabalos e a xestión dos équidos mostrencos, é dicir, aqueles que deambulan en liberdade nos espazos agrícolas e forestais, núcleos de poboación ou vías de comunicación sen identificación e sen ter dono coñecido.

A norma desenvolve, de maneira axustada e axeitada á lexislación estatal e comunitaria, todo o relacionado coa sanidade animal, as explotacións gandeiras e o rexistro de movementos de gando equino, cunha especial e innovadora regulación dos mostrencos.

Este decreto crea as condicións necesarias para garantir o correcto desenvolvemento da produción equina en Galicia procurando, ao tempo, definir unha base normativa que estableza as condicións de convivencia entre os propietarios das terras nas que pastan estes animais e os gandeiros que as usan ou pretenden utilizar, e tamén unha maior seguridade viaria.

Definicións
Na norma que hoxe publica o DOG quedan establecidas, entre outras, as definicións básicas de titular de explotación equina, pastos de uso común ou équido mostrenco. Regúlase tamén a ordenación sanitaria das explotacións, con atención especial ás condicións sanitarias e de benestar animal, entre elas, de maneira expresa, o control da non utilización de instrumentos que limiten a mobilidade dos animais (as chamadas “trancas” e semellantes).
O decreto recolle ademais todo o relativo á organización dos pastos de uso en común e ás obrigas tanto dos propietarios dos animais que os aproveiten como dos responsables dos pastos. Neste sentido destaca a obriga dos donos dos cabalos mantidos en réxime de semiliberdade de subscribir un seguro civil de danos fronte a terceiros, para o que se poderán establecer axudas desde a Xunta.

Con respecto aos cabalos mostrencos, créase un rexistro público específico de espazos de acollida de cabalos en liberdade e establécese que os titulares destes espazos que pretendan acollelos deberán solicitar o seu recoñecemento expreso. Ademais, estes terreos terán a condición de explotacións extensivas e deberán cumprir coa normativa vixente.

 

Danos
No decreto aprobado hoxe defínese ademais cando un équido en liberdade está en situación de provocar danos, nos seguintes casos: Cando estea nun predio agrícola ou forestal sen consentimento do seu propietario ou cando deambule ceibe por estradas ou por núcleos de poboación.

A norma regula tamén a detección e captura dos équidos en liberdade en situación de provocar danos, concretando as responsabilidades dos titulares dos terreos e da autoridade municipal competente á hora de capturar, trasladar, manter e custodiar estes animais, deixando claro que a Administración autonómica colaborará nestas tarefas.