Mostrando entradas con la etiqueta Narureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Narureza. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de mayo de 2013

Este 22 de maio é o Día Mundial da Biodiversidade, un acordo da ONU para comemorar a sinatura en 1992 da Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Este ano, o lema é "Auga e Biodiversidade", para resaltar o papel da biodiversidade e os ecosistemas en garantir a seguridade da auga e o desenvolvemento sustentábel. En Galiza, moitos dos nosos máis valiosos ecosistemas húmidos, dende as serras interiores até a costa, están en perigo xunto coa enorme biodiversidade que acubillan. Son as políticas públicas sectoriais (enerxética, mineira, de infraestruturas...) e a nefasta xestión dos espazos naturais, a principal ameaza aos servizos ecosistémicos que prestan á sociedade: Auga limpa, autodepuración, xeración de biomasa, amortecemento dos impactos do cambio climático... Sen ecosistemas sans e biodiversos, non será posíbel termos auga limpa e alimentos para todos/as. mentres. ADEGA segue a traballar a prol da biodiversidade: Construindo outra charca, eliminando flora exótica dos nosos ríos ou celebrando a diversidade con música, curtas e roteiros.
O paradigma da destrución de hábitats que prestan servizos ecosistémicos chave para o mantemento do ciclo da auga podería ser a ocupación polos eólicos das serras litorais e interiores, particularmente na serra do Xistral sobre as súas valiosísimas turbeiras.
Ducias de parques eólicos, mais tamén canteiras e plantacións de pirófitas instaláronse cos parabéns da Xunta nesta serra salferindo a paisaxe e fragmentando un substrato maioritariamente ocupado por diversos tipos de turbeiras, un hábitat húmido responsábel de gran parte da retención e o subministro de auga nas cabeceiras de moitos ríos da rexión bioxeográfica atlántica.
Alén destas agresións aos servizos ecosistémicos que prestan estas hábitats protexidos, valiosos exemplares de especies en perigo de extinción ou ameazadas sofriron tamén a pegada dos muíños. Un dos últinmos casos é o dun voitre negro (Aegypius monachus) morto no Xistral e marcado cun transpondedor, que formaba parte dun proxecto internacional de recuperación desta especie desenvolvido pola GREFA no Pireneo!
En ADEGA seguimos coa teima de que fronte ao desleixo e a parálise institucional, as organizacións sociais temos que facernos cargo da conservación da nosa biodiversidade. Por iso, nesta semana da biodiversidade imos desenvolver dous proxectos relacionados coa diversidade biolóxica e a conservación dos ecosistemas húmidos:
-Este 22 de maio, na UDC imos construir unha charca, dentro do proxecto "Charcas cion Vida", e o 29 no mesmo campus, eliminaremos flora exótica e invasora.
-O sábado 25 de maio, na Eira da Xoana o Festival da diversidade natural e cultural: Un festival literario-musical con proxección de curtas e roteiro na república ecolóxica do Alto Ulla.
-A fin de semana do 25 ao 27 de maio, incluido, realizaremos unha cunha nova edición do campamento de voluntariado ambiental do río Tea, para a erradicación das especies exóticas e invasoras neste treito fluvial protexido.
Reaxe fronte ao desleixo da Xunta e colabora con ADEGA na conservación activa da nosa biodiversidade!

lunes, 16 de abril de 2012

O PROXECTO RÍOS INICIOU A SÚA CAMPAÑA DE

 PRIMAVERA 2012 E ORGANIZA AS XV XORNADAS DE

FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO ENTRE OUTRAS

ACTIVIDADES.

O 15 de abril iniciouse a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 31 de maio.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.


Durante esta campaña de primavera están programadas saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, asociacións, grupos ecoloxistas,...). As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autonomamente.
                Ademais queremos dar conta das actividades programadas polo Proxecto Ríos para esta campaña de primavera:
                Faremos o XV Curso de Formación de Coordinadores/as na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o sábado 5 de maio.
                As saídas formativas e charlas divulgativas programadas ata o de agora son:
  • Saída no CEIP Magaláns Dorrón de Sanxenxo o día 19 de abril.
  • Charla no CPI Mosteiro de Meis o día 20 de abril.
  • Saída co CPI Virxe da Cela de Monfero o día 20 de abril.
  • Charla presentación do Programa Ríos de Lingua e Cultura nas XXII Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-Ensino en Santiago de Compostela o día 20 de abril.
  • Charla no Concello de Allariz o día 21 de abril.
Pódese consultar o calendario completo en http://www.proxectorios.org/