sábado, 25 de junio de 2011

NOGUEIRA DE RAMUIN ACOLLLEU ESTE SÁBADO O “PROVINCIAL DE RASTRO DE XABARIL”



PARTICIPARON 13 CADELOS QUE TIVERON NO ABAFANTE CALOR O PRINCIPAL INIMIGO


Ourense.- Texto e Fotos: LM.

O tecor da Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín acolleu este sábado, 25 de xuño, o “Provincial de Rastro de Xabaril” (cans atrelados), puntuable para a Copa Galicia da modalidade, nunha xornada moi calorosa (preto de 40º) e nunha paraxe para enmarcar (Rebordondo), desde onde casque se divisa media provincia ourensá.



Federativos y jueces
A cita acudiron 11 cazadores e 13 cadelos. Concretamente,  5  grifóns, 3 sabuxos, 1 leonado de Bretaña e un mestizo. De xulga-la proba ocupáronse os colexiados Manuel Xavier Vázquez, de A Coruña, e Xosé Antonio Monteiro, de Santiago, os que cualificaron a actuación dos participantes con nota alta.



Primera hora de la mañana


A concentración levouse a cabo no Bar-Restaurante “O Afiador”, comezando a competición ás 10 da mañá para rematar ás primeiras horas da tarde.




Así quedaron as clasificacións:




Campeones provinciales



XERAL
1º y ganador, Salvador Sestelo, con “Clai” (Grifón)
2º e 3º, Álvaro Sestelo con “Ludo” e “Terco”, respectivamente (dos grifóns)



Público




PROVINCIAL
1º e campión provincial, Xosé Quintela, con “Sildos” (cruce astur-cántabro)
2º e subcampión, Generoso Aranguren, con “Pino” (Grifón)
3º, Alexandro Couso , con “Indio” (Grifón)



Presidente federativo y Claudio Malvesado con la placa del campeón



Concluído o exercicio levouse a cabo no restaurante locatario de Luintra, “O Afiador”, rexentado precisamente por un coñecido cazador, por Claudio Malvesado; o xantar de Clausura, entregándose ao seu remate os trofeos e demais distincións que estaban en xogo.



 
 
Álvaro Fontenla con "Terco"


Campión provincial participando



 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario