miércoles, 26 de diciembre de 2012

A FEDERACION GALEGA DE CAZA CONVOCA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA PARA ESTE SÁBADO, 29 DE DECEMBRO

A Federación Galega de Caza, en virtude do establecido no Art. 61.4 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia, que establece que as federacións deportivas galegas deberán aprobar en asemblea, durante o último trimestre do ano, o orzamento correspondente ao exercicio seguinte, e en cumprimento do requirimento da Secretaría Xeral para o Deporte de data 10 de decembro, nos mesmos termos, CONVOCA a tódolos asembleístas á asemblea xeral que con carácter ordinario terá lugar o sábado, día 29 de decembro, ás 11 horas en primeira
convocatoria, e ás 11,30 horas, en segunda convocatoria, na sede da Federación Galega de Caza en Santiago de Compostela (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 12).

                                              ORDE DO DÍA:

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2º. Estudio e aprobación, se procede,do proxecto de orzamentos para o exercicio 2013.
3º. Análise e aprobación, se procede, da licenza federativa autonómica.
4º. Informes de Presidencia.
5º. Rogos e Preguntas.
Santiago de Compostela, a 18 de decembro de 2012.

                                                O PRESIDENTE,
                                     Asdo.: Javier Nogueira Diz

No hay comentarios:

Publicar un comentario