domingo, 9 de marzo de 2014

COMEZA A TEMPORADA DE PESCA EN GALICIA


 

Milleiros de galegos xa soñan con troitas e peixes

 

ESTE DOMINGO COMEZA A TEMPORADA DE PESCA CONTINENTAL EN GALICIA

Por Merchy BREA

Milleiros de galegos, uns en grupo, outros en parella e moitos en solitario, estrearán este domingo, 16 de marzo, a temporada de pesca continental en Galicia. Unha veda que se levanta para peixes e troitas, e que terá como punto de arranque pouco despois das seis da mañá. Todo un acontecemento que ninguén quer perderse e que será seguido, ben directamente por ser practicantes ou familiares; ou de maneira  indirecta  a modo de curiosidade, por unhas 65.000 persoas.
 
Todo elo a pesar de que as perspectivas, segundos entendidos, non son moi optimistas. As continuas e copiosas chuvias fixeron crecer os ríos máis do debido, condicionando con elo este estreo que ten na campaña precedente e no que a troita se refire, un antecedente nada positivo. De calquera xeito, a animación e desbordante netas vésperas. Pois, aínda que pareza noveloso, o colectivo da cana e o cesto é tan entusiasta e ilusionista, que o leva a crear un clima de euforia,  de paixón e de sentimentos que, ademais de vivilos,  é capaz de tramitárlle-los aquelas persoas do seu entorno, por moito que  tal entusiasmo en nada ou moi pouco se pareza a o que estamos a ver.

Todo un hábito que forma parte do emocionante deporte da pesca. Como tamén o forma o que a meirande parte dos canistas pasen nestas vesperas as noites en branco o non lograr conciliar o sono.
Sen dúbida, en Galicia o  levantamento do pano da veda supón todo un acontecemento. Ver amencer o pé do río. Ou contalas habituais mentiriñas o rematalo exercicio pesquil, son outras das costumes do colectivo da cana e o cesto.

A troita, un ano máis, diante do retraso da apertura para pesca do salmón e do reo, será a “raíña de paixóns” nestes primeiros compases da campaña piscícola 2014; pois os ciprínidos ou “peixes” (bogas, escalos, etc.), se ven tamén se poden pescar a partir deste domingo, terceiro de marzo, non pasan de ter a consideración de “peixes de consolación”, a pesar de resultar a súa pesca especialmente entretida e moi positiva dada a súa abundancia. Claro que tamén é certo, que non estamos na mellor época para tentala súa picada. Polo tanto os seus incondicionais, que os ai, haberán de agardar a que quezan as augas para exercer esta especialidade.

Por outra banda, decir que os mellores trofeos troiteiros atoparémolos nos ríos máis grandes e, sobre todo, nos encoros, puntos de referencia dos exemplares  máis corpulentos. De feito cada ano “salta a sorpresa” nalgún deles “soltando” nos primeiros lances da campaña algún que outro individuo que sempre marca ás diferenzas.

Tocante os mellores cauces troiteiros, a meirande parte dos pescadores coruñeses elixen o  Mandeo, Anllóns e o Tambre. Os ourensáns decantanse polo Arnoia, Xares e Arenteiro. Os lucenses  escollen o Eo, Miño, o Lor e o Navia. E os pontevedreses quédanse co  Lérez, Umia e Deza.

En engaños, os máis axeitados, tal e como van os ríos, a miñoca, alí onde o seu emprego non este prohibido, ha ser a que mellores resultados reporte, mentres en artificiais e tendo en consideracion que o mosquito a ter pouco éxito,  a culleriña  e o peixe artificial deberan ser os máis efectivos nesta  arricada troiteira.

De tódolos xeitos, na pesca, o igual que noutras facetas da vida, a sorte xoga sempre un gran papel e polo tanto será ela a que determine os resultados deste estreo, tan ansiado e agardado por un colectivo que creou unha atmosfera máxica que presidirá, como cada empece, o amencer deste domingo e máis cando parece que o tempo vai acompañar..

En resumo, que o próximo 16 converterase nun domingo “sagrado” para os máis de 60.000 discípulos de San Pedro. Os que, con renovados bríos e xa non digamos ansias, farán “vibrar” desde o alba ata o ocaso, os 10.000 kilómetros de correntes fluviais con que contamos en Galicia e os que a vez serán escaparates de esperanzas e tristezas, de sosegos e presas, de ilusións e vanidades, de alegrías e fracasos... Sen dúbida, de todo haberá neses ríos do Señor.
Sorte a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario