martes, 7 de febrero de 2017

LA IV COPA IV DE GALICIA DE CAZA DO RAPOSO FOISE PARA LUGO


A infernal climatoloxía desluciu o acontecemento no  que participaron preto de 500 cazadores que pillasen 20 pezas das 49 que levantaron e viron

O EQUIPO LUCENSE “OS RÁPIDOS”, ACTUAL CAMPIÓN GALEGO DA MODALIDADE,  FOI  O GAÑADOR DE LA IV SUPERCOPA GALEGA DE CAZA DO RAPOSO

                                   _______________________________________
 

Rodeiro (Pontevedra).- Texto e Fotos: Luís MACÍAS

 

Un momento da recollida de documentración
 
O grupo “Os Rápidos” de A Terra Chá lucense, actual campión galego de la modalidade e con cinco raposos, subiu ao mais alto del caixón dos mellores en Rodeiro (Pontevedra). Vila que se convirtiu no primeiro fin de semana do mes que percorremos na “Capital Galega de la Caza” o acoller de maneira exitosa a IV Supercopa Galega de Caza del Zorro e a VII Feira de Caza. Dous acontecementos que se encargaron de organizar a Corporación Municipal rodeirense e a Federación Galega de Caza en cooperación con so homónima de Pontevedra y as sociedades de Dozón. Lalín y Rodeiro, as que cederon de xeito altruísta  os terreos cinexéticos para tal celebración que contou con una participación de 470 deportistas (47 equipos), entre cazadores y guías, e a colaboración da Xunta de Galicia, dos hostaleiros do Municipio y da Asociación Internacional de Periodistas Especializados, Periodipesca.

Momento da saída

A concentración levouse a cabo, baixo un impresionante temporal de vento e chuvia que fixo quedar sen luz eléctrica toda a Comarca, moi de mañá (7,30 h.) e en dos puntos: no Bar “A Rocha” (A Rocha) e no Pavillón Polideportivo de Rodeiro que se convertía en epicentro del acontecemento. Ás oito, a pesar do terrible panorama meteorolóxico, dábanse as respectivas saídas para os cazaderios, para media hora despois iniciarse o exercicio que concluía ás 13,30 h., dispoñendo os cazadores doutra hora máis para chegar o punto de control (refuxio de caza de Rodeiro), onde un equipo de profesionais da Facultade Veterinaria “Rof Codina” de Lugo, coa titular, Ana López o fronte, levou a cabo un meticuloso exame sobre os 20 exemplares capturados, dos 49 que foron levantados e vistos nas catro horas y media (de 9 a 13,30) que durou a competición, gozando tódolos raposos -segundo dixeron- de boa saúde. Coñecidos os resultados, estes foron os equipos que subiron o caixón dos mellores:
Os tres primeiros equipos clasificados xunto o Alcalde de Rodeiro e Presidente da Federación Galega de Caza
 
CLASIFICACIÓN

1º e Campión, equipo “Os Rápidos”, A  Terra Chá (Lugo)

2º e Subcampión, “Doble Cero”, Dozón (Pontevedra).

3º, “Os Ferreiros”,  Rías Baixas (Pontevedra)

Seguidamente clasificáronse 9 pandas máis.

Equipo Camapión
CLAUSURA

O broche memorable de esta Supercopa puxo a cerimonia da proclamación dos campións e a  entrega de premios e recordos, así como el acto de Clausura, levándose todo elo a cabo nun “petado” Pavillón Polideportivo de Rodeiro, logo de un xantar de confraternización ao que asistiron 600 comensais, entre os que se encontraban diversas autoridades locais, provinciais y autonómicas, arroupando coa súa presenza este acontecemento venatorio. Entre outras, alí estaban, ademais da Plana Maior da Federación Galega e Provincial de Caza, o Alcalde e membros da Corporación rodeirense, o presidente e directivos das sociedades de caza de Rodeiro, Lalín e Dozón;  a Directora Xeral  do Patrimonio Natural de Galicia, Ana Mª Díaz López, e o Delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides. Autoridades algunhas das cales fixeron uso da palabra para felicitar a tódolos participantes polo espírito deportivo e bo facer amosado nunha xornada na que só unhas persoas con tanta afección e sacrificio poden saír o monte nun día climatoloxicamente tan infernal.
Oratoria da Directora Xeral e Mesa Presidencal
 
A Directora Xeral, unha vez máis, volveu a poñerse a disposición do colectivo nun xesto que foi moi aplaudida. Mentres o mandamáis da caza federada en Galicia, Xavier Nogueira, logo de felicitar os participantes en xeral e os vencedores en particular, dixo recoller o guante lanzado pola máxima responsable galega da caza e ofreceuse a colaborar coa Dirección Xeral do Patrimonio Natural en todo aquilo que redundase en beneficio da caza e dos cazadores. Tamén o Alcalde, Luís  López Diéguez, non deixou pasar a oportunidade para ofrecer Rodeiro como “Municipio galego de caza” xa que estas probas “tamén serven para promover turisticamente  o noso Concello”, precisou.


Efectivos da Garda Civil saíndo do Pavillón

Pola súa parte el xefe da cuadrilla vencedora, Juan José Fernández, non collía en si de gozo, cualificou o escenario competitivo de “bo” a organización de “fenomenal” e respecto a volverse a encaramar o seu grupo o primeiro posto, recoñeceu que levaban unha boa racha de resultados, “e certo que estamos de sorte e atravesamos nunha etapa doce, sen ir máis lonxe gañamos recentemente o Galego e aquí, a pesar do criminal tempo, matamos cinco, dous máis que o segundo clasificado e volvemos acadar o primeiro posto. Todo fenomenal”,  explicou.

Compoñentes do equipo da Produtora LUMAVISION GALICIA entrevistando a un equipo no monte
Unha climatoloxía na que o brutal temporal impediu que algúns equipos puidesen achegarse ata Romeiro e influíu negativamente nos resultados e no lucimento da torneo. De tódolos xeitos, quen iba a dicir fai tan só un par de anos que unicamente a intensa y embarazosa chuvia e o forte vento fosen o único contratempo deste Campionato cando todos temos tan presentes aqueles insultos, ataques e intentos de boicot das probas raposeiras sufridos polos cazadores por parte de algúns grupos ecoloxistas. Dende logo que mellor así para todos. O sentidiño e o entendemento deben de prevalecer sempre. En calquera acaso, efectivos da Garda Civil estiveron por alí pendentes do que puidese pasar.



 VII FESTA DA CAZA


 
Tocante a Feira da Caza celebrada o domingo, salientar a boa acollida que tivo en toda a comarca, pois foron centos de persoas as que degustaron os exquisitos guisos de carne de caza, principalmente de corzo e xabaril, que ofreceron gratuitamente durante a xornada os restaurantes e casas de comidas do Municipio. Mentres una carpa instalada no centro da Vila  acollía diversos stands con exposición e venda de diversos produtos da comarca, así  como unha degustación oficial dos estufados antes mencionados, asistindo varias autoridades que foron recibiunas polo Alcalde anfitrión, Luís López, destacando a presenza do Conselleiro de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, Ramón Rodríguez González e a Deputada lucense, Xulia Rodríguez Varrera.


Equipo subcampeón co Alcalde e o Presidente da FGC en Pontevedra


Todo elo estivo complementado con diversas exhibición e demostracións de cetrería, tiro con arco e una feira de cans de caza que estivo moi concorrida.


Degustando os productos gastronómicos

Dicir por último que, una vez más, el desenrolo destes dous importantes  acontecementos relacionados cao caza foron recollidos  polas cámaras da Produtora “Lumavisión Galicia”, así que axiña podemos velas respectivas reportaxes  en distintas canles de televisión e máis na Web da Federación Galega de Caza.

 
Xantar Oficial

                                                                  -00O00-

No hay comentarios:

Publicar un comentario