lunes, 23 de enero de 2017

O CAMPIONATO GALEGO DE CAZA DO RAPOSO COLLEITA UN EXITAZO EN CASTRO CALDELAS


Participaron 16 equipos e  pilláronse 13 individuos
 

A FINAL GALEGA DE CAZA DO RAPOSO FOI GAÑADA POLO EQUIPO LUCENSE  “OS RÁPIDOS”. 
 
A Produtora LUMAVISIÓN GALICIA fixo unha ampla reportaxe do evento
                                               - - - - - - - - - - - - - - -

Terra de Caldelas (Ourense).- Texto e Fotos: Luís MACÍAS


 
Unha panorámica do escenario competitivo
 
Coa participaqción de 16 cuadrillas clasificadas previamente nas fases anteriores e cada unha delas formada por un total de 11 persoas (9 cazadores, 1 xuíz e 1 guía) disputouse o pasado día 21 de xaneiro o XXII Campionato Galego de Caza do Raposo, do que asumiu a súa organización  a Federación Autonómica de Caza e a Sociedade “Terra de Caldelas”.

Un Final que tivo de anfitrión un escenario para enmarcar, repartido polos municipios de A Teixeira, Montederramo e Castro Caldelas, e que serviu para outorgarlle o titulo de campión autonómico da especialidade  á pandilla luguesa de A Terra Chá, “Os Rápidos”, o ser os máximos anotadores con tres pezas no seu haber.


Federativos, organizadores, cazadores, xuices e guías   ás primeiras horas da mañá na Praza de Castro Caldelas
Competición, que estivo maxistralmente dirixida por Ramón Rodríguez  Cobas, a súa vez Secretario Xeral da Federación Galega de Caza,  levouse a cabo nunha xornada intensa, botando andar o programa ás 7,30 da mañá coa reunión dos competidores no Café-Bar Castro, de Castro Caldelas, nun día que alborexou moi frío (-3 graos) pero que axiña saíu o sol para quentalo ambiente e darlle más lucidez se cabe, a un torneo que viviron con intensidade os concorrentes, desenvolvéndose a competición entre ás 9 da mañá e ás13,30, disponiendo lolgo dunha hora máis o cazadores para presentarse no posto de control situado a entrada de Montederramo. Foron catro horas e media  de exercicio nas que se capturaron 13 raposos ( 8 machos e 5 femias), da trintena  deles que foron levantados, pero que puideron ser moitos máis de non marcharse algúns cans seguindo a corzos e xabarils en vez do protagonista da cita.

CLASIFICACIÓN
 
1º, Medalla de Ouro, Cuadrilla “Os Rápidos de

Campións

Lugo”, da Terra Chá, con 3 pezas e 1500 puntos.

Equipo que estaba formado por: Juan José

Fernández (xefe cuadrilla). Miguel Castrillón,

Óscar Fernández, Domingo Barreira, , Óscar

Cobas (cazou un), Óscar Lesta, Juan José

Bermúdez, Juan Antonio Pena (cazou os outros dos raposos), Arturo Fernández e Juan Domingo Fernández (xuíz).
 
,  Medalla de Prata, equipo “Aparta que ahí vamos”, tamén da Terra Chá, con 2 zorros e 1000 puntos.


Subcampións
Equipo clasificado en 3ºlugar
 , Medalla de Bronce, “Os
 Unidos”deVimianzo
(Coruña), cos mesmos puntos
co anterior. ----------------->>>
 
 
 
 
 
Os Otros equipos que fixeron diana, aínda que algúns entraron fora da hora no control, foron:
Os Intocables (Mazaricos), “Os Rapaces” (Coristanco), “O Cordal de Ousá (Friol), “Ganados Blanco” (Santa María Alta / Lugo) e “Lamela” (Nogueira de Ramuín).

 CLAUSURA

Mesa Presidencial
 Un dos momentos culminantes da xornada foi o da Clausura. Acto que se levou a cabo no Claustro do Mosteiro de Montederamo, logo do tradicional xantar de confraternidade no que non faltou o doce local por excelencia, a “bica mantecada”, asistindo a Plana Maior da Federación Galega  co seu Presidente, Xavier Nogueira, o fronte, así como varias autoridades locais, comarcais, provinciais e autonómicas, non botándose en falta a ninguén,  aínda que a ausencia da Alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, foi moi comentada e criticada polos organizadores locatarios.

 Vista del Claustro de Montederamo no Xantar de Clausurta

Os que si estiveron foron os alcaldes de A Teixeira, Miguel Antonio Cid e o de Montederramo, Antonio Rodríguez, así como a Xefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en Ourense, María Victoria Núñez López e o responsable  provincial de caza e pesca na provincia ourensán, Juan José Gómez. Tamén ocupaban sitio na Mesa Presidencial, Ramón Rodríguez Cobas, Secretario Xeral da Galega e Director, como xa dixemos, do Campionato; José María Álvarez Villar, Coordinador de Competicións de FGC. Antonio García Reinoso, Presidente da FGC en Ourense. Manuel Feijoo Castro, Vogal na Galega e Secretario Xeral  da FGC en Ourense, e o Presidente da Sociedade cinexética hospedadora, Manuel Lage Blanco.
 

Entrega dun trofeo a Juan A. Pena,cazador que máis dianas (2) fixo

O remate do xantar algunhas destas autoridade fixeron uso da palabra para darlle a benvida  a Terra de Caldelas os participantes,  felicitar os campións e anainar a todos a seguir con esa harmonía e deportividade posta de manifesto  o longo desta Final.

 
Una vez entregadas medallas, trofeos e recordos, que de todo e para todos houbo, falamos co xefe do equipo vencedor, Juan José Fernnadez, quen se amosou moi
satisfeito cos resultados, exaltando o marco elixido para o evento, e a boa organización. “Desde logo que foi un día completo. Xa fai dos anos quedaramos subcampións nesta mesma modalidade, pero hoxe tivemos a sorte que nos faltou noutros anos e acadamos ese primeiro posto e con elo a medalla de ouro da Federación. Fenomenal todo”, manifestou.
 
 

 
 
Tocante a agradecementos, a verdade é que todos los representantes da Sociedade de Caza local volcaronse en atencións con nos para que puideramos cumplir en debidas condicións coa misión informativa encomendada, así que por forza temos que dárllelas grazas a Patricia Rodríguez, Denis Osorio, Roberto Devigo. Alfonso Fernández, Isidro Fernández, Agustín “Gainza e Emilio  Rodríguez.                                                      

En resumo e para terminar, dicir que con un escenario competitivo de primeira, unha organización extraordinaria e unha climatoloxía espléndida, como non podía ser doutro xeito, o resultado final foi o que tiña que ser: un éxito total. Por certo que, una vez máis, un equipo da Produtora Lumavisión Galicia fixo unha amplo reportaxe do acontecido con imaxes impresionates y diversas opinións dos protagonistas, que axiña poderemos ver en varias televións  así como na páxina Web da Federación Galega de Caza.

 

                                                                              - - - - - - - - - -

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario