lunes, 25 de junio de 2018

MANUEL BLANCO PROCLAMASE CAMPION GALEGO DE "PERCORRIDOS" EN RÍO SAR


O PONTEVEDRÉS MANUEL BLANCO PUERTAS PROCLAMOUSE EN “RÍO Sar” CAMPIÓN GALEGO NA XXXI FINAL AUTONÓMICA DE “PERCORRIDOS DE CAZA”.

  • Participaron 77 especialistas e o forte calor foi o grande protagonista da xornada
 
 
O campión tirando
Cun ambiente extraordinario, unha organización de “10” , un calor abafante que influíu de sobremaneira nas marcas acadadas e baixo a organización da Federación Galega de Caza e magnifica posta en escena pola Sociedade Santiaguesa “Río Sar”, o domingo 24 de xuño celebrouse nas excelentes instalacións da citada entidade deportiva compostelán emprazadas na tracense  parroquia deu Vilouchada, o XXXI Campionato Autonómico de Percorridos de Caza que resultou moi disputado e o que accederon de maneira directa o superar a criba dos respectivos provinciais, un total de 66 tiradores, mailo campión da pasa edición  e os dous clasificados pola Copa de Galicia, aos que se lles uniron outros 14 deportistas da escopeta que competiron por “libre”.

A tirada, logo dunha calorosa e longa noite de San Xoán visiblemente reflectida na faciana dalgúns participantes, arrincaba pouco despois das oito da mañá para rematar preto das nove da tarde-noite coa proclamación dos gañadores e a clausura desta edición. Actos que se levaron a cabo conxuntamente polos presidentes da Sociedade anfitrioa, Luís Sánchez Mancebo e o da Federación Galega, Xavier Nogueira Diz, nas mesmas instalacións deportivas que, por certo,  foron eloxiadas polos que nonas coñecían e elexidas polos reponsables dev turno para disputarse proximamente nelas o Campionato Europeo desta mesma disciplina.

 
Subcampión en pleno exercicio
Tocante a actuación dos protagonistas salientar ese bonito dolo deportivo mantido polos “séniors” Manuel Blanco Puertas, Ángel Mosquera Cornide, Daniel García Cebreiro e Manuel García Pombo, empatados o final os dos primeiros a 128 acertos e a só un punto de diferenza os dous segundos, polo que tiveron que desempatar para decidir a orden clasificatoria.

 
Os encargados de xulgar a competición que se disputou a 150 pratos e non rexistrou ningunha incidencia,  foron os árbitros titulados: José Ricardo Rivera (Xubia), César Tosar González (A Estrada), Emilio Romero Castro (Noia), Manuel Pérez Fernández (Ames), Miosés Balboa Pereira (Nigrán),Rubén Martínez Bugallo (Ourense), José Moure Caneda (Santiago), Leonardo García Otero (Fene) e José Antonio García Blanco (Lugo) os que certificaron estas clasificacións:

Seniors

1º e campión, Manuel Blanco Puertas

2º e subacampión, Ángel Mosquera Cornide

3º, Daniel Cebreiro García

4º Manuel García Pombo

Daniel Domínguez Treinta, foi o máis destacado da 2ª  categoría e José  Fernández Añón, en 3ª categoría.

Damas

A Gañadora foi a ourensá,  Mº de las Mercedes Saavedra Suárez
 
Veteranos

1º, Fernando Sánchez Mancebo

2º, Mario González Yáñez

3º, Jesús Seoane Sanda

Super-veteranos

1º, José María González Rodríguez

2º, Ángel Mosquera Rodríguez

3º, Luís Salmerón Varela

Xuvenís

1º, Alejandrto Fernández Seco

2º, Antón Moure Segade

3º, Julio Fernández Pereira

Handisport

Campión, Artemio Formoso Barro (6º na xeral)

Podio de gañadores
 
Comentar tamén que José Antonio Pena Fernández, foi o director do Campionato. Que a deportividade foi exquisita. Que a Directiva e colaboradores de “Río Sar” foron repetidamente felicitados polo bo facer organizativo. E que as breves oratorias pronunciadas polos ambos presidentes antes da entrega de trofeos puxeron de manifesto o agradecemento aos participantes e resaltaron o compañeirismo vivido, xustificando Luís Sánchez Mancebo os trocos producidos a hora do xantar “para que o exercicio fose o máis rápido posible”, a vez que anunciaba ese próximo Campionato Europeo en “Río Sar”. Pola súa banda, Nogueira Diz, felicitou  ao o Presidente anfitrión e o seu equipo pola boa organización. Pediu una vez máis a unidade do colectivo. E falou das próximas eleccións a Federación Galega de Caza non precisando se volverá a presentarse. “Neste momento non podo dicir nada, tanto pode ser que sí,  como pode ser que non”, comentou. Por último dicir, que Lumavisión Galicia rodou unha ampla reportaxe da tirada que será emitida no sua propia canle e na páxina Web da Federación Galega de Caza.

 

 

 

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario