XIX CAMPOIONADO GALEGO DE COMPAK SPORTING
Roberto Rodríguez gaña un Autonómico moi
igualado ata o derradeiro prato
Foi o tirador pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández
o que se fixo con este campionato autonómico despois de realizar unha
extraordinaria tirada durante toda a xornada, ao igual que o tirador de A
Coruña Ángel Mosquera Cornide quen pelexou intensamente o primeiro posto do
podio. Chegando ámbolos dous tiradores a un empate a 131 pratos ao remate do
campionato o que fixo preciso realizar un desempate no que tamén escacharon o
mesmo número de pratos, 21 nesta ocasión, e foi a “morte súbita” a que decidiu o título autonómico.
Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración do Clube
de Tiro Río Lérez – San Andrés de Xeve (Pontevedra), arrincaba esta décimo
novena edición da fase final do autonómico de Compak Sporting con 61 tiradores
inscritos. Un campionato disputado a 150 pratos en 3 campos a dúas voltas e con
esquemas con gran variedade de pratos e traxectorias, onde os pratos
simultáneos foron os que decidiron a clasificación final.
Destacamos o esforzo organizativo por parte da directiva do Clube de Tiro
Río Lérez durante moitos días previos a esta cita do tiro galego.
Na clasificación xeral absoluta
foi o tirador Roberto Rodríguez Fernández o que se facía co Campionato Galego
ao acadar un total de 131 pratos. Co mesmo número de pratos a plata era para
Ángel Mosquera Cornide e o bronce para Manuel Blanco Puertas con 129 arxilas. Estes
tres tiradores tamén obtiveron as mesmas posicións na clasificación seniors 1ª.
En seniors 2ª o campión era José
Antonio Vasconcellos Vicente con 128 pratos seguido de Marcos Vázquez Cabado
con 126 pratos e Daniel Dominguez Treinta con 125.
Xa en seniors 3ª o primeiro
posto recaia en Francisco Javier Villanueva Dejaune ao derrubar 120 pratos. A 1
prato de Villanueva remataba Ángel Gómez Gónzalez en segunda posición. Lino
Castro Leiras facíase co bronce con 115 pratos.
En veteranos o campión da proba era José Rodríguez Cameselle con
119 pratos. Nesta categoría a competición tamén estivo moi rifada e precisouse
realizar un desempate polo segundo e terceiro posto entre Fernando Sánchez
Mancebo e Eliseo Faraldo Fernández que remataron a proba con 118. No desempate
o subcampionato foi para Sánchez Mancebo.
En xuvenís Alejandro Fernández Seco con 117 pratos sobrepasaba
claramente aos outros dos xóvenes tiradores, Julio Fernández Pereira e Lucas
Otero Álvarez, que acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente non sen
antes tamén realizar un desempate.
Artemio Formoso Barro en handisport, Ángel Mosquera Rodríguez
en superveteranos
e Mercedes Saavedra en donas eran os campións nas
diferentes categorías.
Como ocorreu en outras edicións, tivo lugar unha clasificación por equipos, na que resultaba gañador o
equipo composto por Daniel Domínguez Treinta, Alberto Abad Comesaña e José
Antonio Vasconcellos Vicente con 374 pratos. Marcos Vázquez Cabado, Constantino
Vilar Rodríguez e Juan Carlos Bande era o equipo segundo clasificado con 368
pratos. Con 353 pratos e en terceira posición remataba o equipo de José Manuel
Torres Parada, Francisco Javier Rivero Martínez e Ángel Vidal Quintela.
A selección galega quedaba composta polos seguintes tiradores:
Roberto Rodríguez Fernández, Ángel Mosquera Cornide, Manuel Blanco Puertas, Artemio
Formoso Barro e José Rodríguez Cameselle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario