Este sábado, día 16 de xuño, celebramos os VIII Encontros de Voluntariado do Proxecto Ríos no Concello de Allariz. Este ano centrarémonos no recoñecemento e identificación das aves que habitan nos nosos ríos.O PROXECTO RÍOS CELEBRA OS VIII ENCONTROS DE VOLUNTARIADO
Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos.Ademais, presentaremos oficialmente a nova aplicación web que empregará o voluntariado participante para introducir os resultados das súas inspeccións directamente na rede. Contaremos coa presenza de D. Alfredo Fernández Ríos que fará a presentación do Xeovisor do Proxecto Ríos.O Proxecto Ríos é un programa da educación e voluntariado ambiental que pretende establecer redes de cidadáns que realicen traballos de estudo e mellora dos nosos ríos. É unha iniciativa de ADEGA promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Na realización destes encontros contamos coa colaboración da Confederación Hidrográfia Miño – Sil e o Concello de Allariz.
PROGRAMA.10.15 Benvida ao voluntariadoBernardo Varela, Concelleiro de MA de Allariz10.30 Presentación de experienciasRita Cid. Río Sampil e Pontillón, Celanova.IES Lagoa de Antela. Río Limia, Xinzo de Limia.Alumnos/as do Centro de Formación e Experimentación Agro Forestal de Lourizán. Rego de Louriñas, Pontevedra.Concello de Allariz. Río Arnoia, Allariz.12.45 Presentacion do Xeo-Visor do Proxecto RíosD. Alfredo Fernández Ríos. Xefe do Servizo de Coordinación e Información Territorial.13.00 Programa Voluntariado en RíosEsther de Castro. CH Miño-Sil13.15 As Aves dos nosos ríosJosé Manuel Martínez Mariño, Sociedade Galega de Ornitoloxía14.15 Sesión de clausuraFrancisco Menéndez, Presidente de Augas de GaliciaFrancisco Marín, Presidente de CH Miño-SilVirginia Rodríguez, Coordenadora do Proxecto Ríos14.30 Xantar popular amenizado con músicaActuará o trío formado por: María García (violín), Gema Pérez (violín) e Lolita Delmonteil (acordeón diatónico).16.30 Roteiro guiado polo Festival Internacional de Xardíns de Allariz, á beira do río Arnoia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario