miércoles, 25 de mayo de 2011

PRÓXIMA TEMPORADA DE CAZA 2011-2012

O COMITÉ GALEGO DE CAZA ANALIZOU AS PROPOSTAS DOS COMITÉS PROVINCIAIS CARA Á FUTURA ORDE DE VEDAS DA VINDEIRA CAMPAÑA

§        Este órgano, presidido polo director xeral de Conservación da Natureza, elevará  as súas recomendacións para que o conselleiro do Medio Rural fixe as normas que regularán a práctica cinexética na tempada 2011/2012

Santiago, 25 de maio de 2011.- O Comité Galego de Caza traballou esta tarde na futura Orde da Consellería do Medio Rural que fixará os períodos hábiles da actividade cinexética para a tempada 2011/2012.

Este órgano, que preside o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, analizou as propostas dos catro comités provinciais de cara á elaboración desta norma anual, que regula, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, de caza de Galicia, os períodos hábiles, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma durante a vindeira campaña.

Regras


Un momento da reunión
 
Unha vez avaliadas estas propostas, o Comité Galego elevará  as súas recomendacións á  consideración do director xeral de Conservación da  Natureza, para que finalmente sexa o   conselleiro do Medio Rural quen fixe, a través da devandita Orde anual de vedas, as regras que haberán suxeitar a práctica cinexética na nosa Comunidade durante a vindeira campaña.

No transcurso desta xuntanza do Comité deuse conta tamén das novidades normativas que no ámbito estatal se están a producir, así como das liñas mestras da reforma da lei de caza que quere levar a cabo esta Consellería.


Vista da mesa da xuntanza
 


Xabaril
Para a próxima campaña cinexética cobra unha singular importancia o control das poboacións de  xabaril, para evitar ou cando menos minimizar os danos que este animal causa nos cultivos. 

Os técnicos e responsables de Medio Rural informaron aos integrantes do Comité  sobre as estatísticas de danos e as medidas postas en marcha pola Consellería, en colaboración cos diferentes tecores, para facer fronte aos problemas que causa esta especie, tanto na agricultura coma no tráfico rodado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario