miércoles, 2 de noviembre de 2011

CARLOS MACHO, PRESIDENTE  DA ASOCIACIÓN DE GARDAS DE CAMPO DE GALICIA, PIDE MAIOR UNIÓN DO COLECTIVO,  FLUIDO DIALOGO COA XUNTA E MÁIS CURSOS DE FORMACIÓN, PARA TENTAR DE RECUPERAR O  PRESTIXIO PERDIDO


* Texto: Merchy BREA
* Fotos: Luís MACÍAS



Carlos Macho Eiras, garda de caza titulado desde o ano 2000, é o Presidente a Asociación de Gardas de Campo Galicia desde a súa fundación. Conta con  78 afiliados e está integrada, xunto con Provirena, Asociación de Gardas Especializados e a Asociación de Gardas de Campo de Ourense, na Federación Galega de Gardas Auxiliares. Institución na que están inscritos un total de 120 asociados.

Macho Eiras, todo un veterano neste campo e co que da gusto falar dada a súa sapiencia, cree que a Asociación que preside non ten nin máis nin menos problemas que outras desta índole, sinalando o descrédito como un dos principais problemas polos que está atravesando o colectivo. “ A figura de Garda de Particular de Campo sempre tivo unha imaxe incorruptible, de prestixio e un poder moi importante, pero pouco a pouco foise perdendo ese concepto e así, na actualidade non acaba de atopar ese recoñecemento que merece ¿A Culpa? Podemos votarlla a moitas institución e a moitos factores, pero nos mesmos, por esa carencia de unidade que temos e a falta da nosa  presenza nas institucións públicas, posiblemente sexan as causas principais dese deterioro”, asegurou.

PROFESIÓN ARRISCADA

É unha profesión un tanto ariscada xa que si ben “estamos como seguridade privada e temos unha licenza ou permiso de tipo C que nos permite levar armas de fogo na caza e nos habilita para traballar no medio mariño, no medio rural e en fincas rústicas, os profesionais atopámonos con situacións verdadeiramente comprometidas.  Na caza temos vivido momentos moi tensos, a xente vai armada e hai algúns cazadores que nos insultan e se mostran agresivos, e máis si houbo alcohol de por medio. Delicadas situación que solventamos a base de moita paciencia e habilidade. En calquera caso, a cousa aínda e peor no mar, pois alí tropezamos con xente marxinal, con xente con problemas e sen moitos escrúpulos …, polo que os líos e as agresións  son máis frecuentes que no monte”, explicou.


Para recuperar o prestixio perdido Carlos Macho apunta a unha maior formación “Nos últimos anos para conseguir a habilitación de garda e obrigatorio facer un curso e pasar un exame que se encarga de facer a Garda Civil, que é o organismo que nos regula, pero anteriormente a cousa era distinta  xa que o ser gardas xurados con tal de facer o obrigada promesa pois xa estaba todo resolto, sen ter en conta que detrás había carencias de descoñecemento da lexislación e ata problemas para  ler e escribir. Isto foise superando co tempo. Pero seguimos demandando máis formación, pois si ben agora as cousas non son tan doadas e as ordes ministeriais de 18 de febreiro son máis exixentes a hora de conceder a habilitación, votamos en falta cursos de formación continuada de adaptación e cursos de perfeccionamento”, comentou.

A UNIÓN DO COLECTIVO

Macho Eiras, que repetidas veces referiuse a necidade da unión de colectivo, pídelle a Xunta de Galicia mías diálogo e que recoñeza a importancia que teñen os Gardas de Campo e a gran labor que poden facer, “e non só na caza, no mar ou nas cofradias, senón tamén en aqueles outros sitios a onde non chegan os outros corpos de seguridade, como pode ser  a zona rural en xeral, onde o patrimonio  cultural e os  roubos están a orde do día; a pesca, o marisqueo e a acuicultura”, expuxo.

Referiuse igualmente a dificultade que atopan para vivir exclusivamente deste traballo. “Hai compañeiros que o logran, pero e moi complicado dado que as hectáreas a vixiar  terían que ser moitas e o ser noso o medio de trasporte que utilizamos e cada día custar máis o combustible, resulta moi complicado, moi difícil”, argumentou.

Macho cun compañeiro e un cazador
Este ferrolán no perdeu a oportunidade de mandándolle un  recado “a quen corresponda”, dicindo que en Galicia “hai moitos  coutos (tecores) que non teñen ningunha gardería a pesar de que a lei de caza de 1997 mantén a obrigatoriedade da figura dun garda de campo, pero como nunca se tratou de facer cumprir este apartado pois o indispensable quedou en evitable”, declarou.

HISTORIA E HABILITACIÓN

Salientar, que o Guarda Particular de Campo pertence ao persoal de seguridade privada e exerce funcións de vixilancia e protección da propiedade en las fincas rústicas en España. Esta figura foi creada por Fernando VI quen ditou una ordenanza no ano 1748 que nomea no seu artigo 25 aos 'Gardas de Campo e Monte' como os encargados de denunciar aos serradores, causantes de incendios, e introdutores de gandos plantíos, advertindo de que ditos gardas foran homes de boa opinión, fama y costumes.

A habilitación para exercer as funcións de Garda Particular de Campo concédeas o Ministerio do Interior a través da Dirección Xeral da Garda Civil e documentase cunha tarxeta de identidade profesional (parecida a militar) na que se indica o cargo que desempeña o seu titular, e fanse as anotacións pertinentes de servizo, felicitacións, méritos... Tamén contan cunha cartilla na que se reflexa os exercicios obrigatorios de tiro que de forma periódica se realizan.





 PATROCINA ENTREVISTA

No hay comentarios:

Publicar un comentario