martes, 17 de enero de 2012

As pandillas “Os Cazafellos”, “Os Rápidos”  e “San Salvador de Escuadro” (Silleda), gañan os respectivos provincias de caza do raposo de A Coruña, Lugo e Pontevedra


A CORUÑA

No Campionato Provincial de A Coruña, o que estivo organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e  as Sociedades de Cazadores de Rois, Padrón, Rianxo, Brión, Ames, Boiro e Noia-Lousame, tomaron parte 51 equipos, sendo o grupo “Os Cazafellos” o que se fixo co primeiro posto da clasificación xeral, logo de abater tres zorros e acadar un total de 1.500 puntos.


Para os postos segundo e terceiro houbo de recorrerse o sorteo xa que ámbolos dous equipos empataron a dúas pezas, quedando segundo clasificado o equipo “Raposeiros de Fiopáns”, e terceiro “Os Labercos de Outes”. Na cuarta posición situouse “Ciniestro”. Os catro representarán a provincia de A Coruña no  campionato autonómico da modalidade que terá lugar o próximo sábado nos montes lucenses de O Corgo (Láncara).

L U G  O

Nesta provincia competiron un total de 18 equipos e o evento levouse a cabo  no Concello de Pol baixo a organización da Federación Galega de Caza en Lugo, a que contou coa colaboración das sociedades de cazadores “O Moucho”, “Amigos da Natureza” e “Hermunde”.
A proba transcorreu baixo unhas boas condicións climáticas, feito este que favoreceu os numerosos avistamentos de raposos por parte das 18 cuadrillas participantes nesta proba provincial.



O estar empatados a puntos os dos primeiros clasificados, tamén aquí requiriu facer un sorte opara decidir posición, quedando  primeiro a pandilla “Os Rápidos”, resultado subcampión  o equipo “Os Fogueteiros”. O podio completouse coa  cuadrilla “Parrillada Antonio” que quedou terceira con tres raposos no seu haber. Estes tres grupos representarán a Lugo no Autonómico da especialidade.

PONTEVEDRA

A participación en terras pontevedresas ascendeu a 46 equipos. Da organización encargouse a Federación Galega de Caza en Pontevedra coa que colaboraron as sociedades de cazadores dos Tecores de “Cerdedo”, “Forcarei”, “Río Umia”, “Coirego”, “O Campo”, “Refuxio Conla” e “Pontillón do Castro”.



Tamén aquí a sorte decidiu as primeiras posicións, así e logo do correspondente sorteo, o equipo de Silleda, “San Salvador de Escuadro” obtivo o primeiro posto cun total de 1.500 puntos. Os mesmos que acadou o equipo “Caselas” que se clasificou segundo.  Terceiro foi a cuadrilla “Montes de Arousa III” con 1.000 puntos. E cuarto “San Xoán de Poio II”. Estes serán pois os que representen a provincia de Pontevedra no seguinte campionato.
A elevada participación e as boas condicións climáticas para o desenrolo da actividade cinexética, converteron a esta proba nunha extraordinaria xornada de caza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario