lunes, 23 de enero de 2012

Ganados Blanco revalida o título de campión galego de raposo

Unha vez feito o sorteo dos cazadeiros e xuíces e asinados os guías, os 16 equipos clasificados nos correspondentes campionatos provinciais máis o campión da edición anterior e o campión da Copa Galicia 2011, a caravana de todoterreos e remolques espalláronse polos diferentes terreos asinados nestes dous Tecores.
A xornada transcorreu sen imprevistos e tan so solventar a existencia de pequenos bancos de néboa que interromperon a práctica cinexética continua a determinadas cuadrillas.
As 14:00 h comezaron a chegar os primeiros participantes e capturas, e tan so un dos equipos, á espera de recoller o seus cans, fixo a súa entrada fora do control.


Pandilla gañadora

Un bo número de pezas capturadas e moitas máis avistadas foron o resultado desta xornada cinexética. Foi o equipo lucense Ganados Blanco o que obtivo o primeiro posto e deste xeito revalida o titulo de campión galego cun total de 2.500 puntos. Seguiuno o equipo coruñés Raposeiros de Fiopans quen co mesmo número de puntos pero con menor fortuna no sorteo obtivo o subcampionato. Xa en terceira posición situouse o equipo pontevedrés de San Salvador de Escuadro (Silleda) con 1.500 puntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario