viernes, 25 de mayo de 2012

ADEGA INFORMA

SAÍDA ORNITOLÓXICA NA CONTORNA DA EIRA DA XOANA


Mañá, sábado 26 de maio dentro dos programas de recoñecemento de especies da Eira da Xoana e a súa contorna, ADEGA realizará unha saída ornitolóxica pola zona do Alto Ulla, grazas á cal, as persoas participantes poderán mellorar os seus coñecementos e habilidades de identificación dos diferentes tipos de aves que se poden atopar na Galiza e máis en concreto, na zona por onde se realizará a andaina.

Para esta actividade contaremos de novo cun guía excepcional: o ornitólogo Xosé M. Penas Patiño. É unha das persoas que máis coñece sobre aves en toda a Galiza, ademais de co-autor do libro Guía de Aves de Galiza.
O PROGRAMA previsto para a xornada é o seguinte:
10.00 h => Encontro na Eira da Xoana.

10.30 h => Saída para identificación de AVES da contorna da Eira da Xoana.

14.00 h => Xantar de Convivio. Cadaquén leva a súa comida para compartir. A organización poñerá queixo, marmelo e café por unha aportación solidaria de: 2 € soci@s e 3 € non soci@s.

NOTA: As persoas que veñan á actividade deben traer prismáticos e roupa axeitada.

Máis información:


Contacto con:

Marcial 638 47 53 22

Pepe Salvadores 659 68 33 84

No hay comentarios:

Publicar un comentario