lunes, 21 de mayo de 2012


O PROXECTO RÍOS REALIZA SAÍDAS FORMATIVAS CO VOLUNTARIADO PARTICIPANTE

En plena campaña de primavera os grupos participantes saen ao seu treito de río para coñecer o seu estado de saúde. O Proxecto Ríos ofrece saídas guiadas de apoio para fornecelos na metodoloxía de inspección.



               O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que pretende buscar solucións aos problemas que presentan os ecosistemas fluviais a través da participación cidadá e o voluntariado ambiental. Consiste en que grupos de persoas se fan cargo dun treito de 500 metros de río facendo inspeccións dúas veces ao ano, una en primavera e outra en outono, para saber cal éo estado de saúde de dito treito. O Proxecto Ríos proporciona un material de inspección gratuíto para a realización destas inspeccións, así como una metodoloxía que emprega o método científico. O Proxecto Ríos conta co financiamento de Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.
                Ademais, o Proxecto Ríos ofrece aos grupos novos a posibilidade de concertar unha saída formativa que consiste en que o persoal da organización acompaña ao voluntariado durante a inspección para fornecelo na metodoloxía. Estas saídas guiadas se realizan durante as campañas de primavera e de outono.
                A continuación poñemos o calendario de saídas previstas para esta semana:
  • Martes 22 de maio: Saída con Proxecto Home – Santiago no río Tambre.
  • Mércores 23 de maio: Saída co IES de Cacheiras no río Tella.
  • Xoves 24 de maio: Saída co alumnado do CPI Julia Becerra de Ribadumia no río Armenteira.
  • Domingo 27 de maio: Saída con voluntarios/as de Allariz no río Arnoia.
Para obter máis información:
Paco Bañobre
Coordinador de grupos do Proxecto Ríos
981 57 00 99 / 619 672 038
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario