viernes, 25 de mayo de 2012

Último campo de voluntariado ambiental no río Tea para a eliminación de flora exótica invasora
 
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionanado as ferramentas que garantan a súa participación.
Os días 25, 26 e 27 de maio proseguirán as actividades deste proxecto que ADEGA leva a cabo a través do Programa de Voluntariado en Rios, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente –MAGRAMA, en colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e que comezaron no ano 2006.
Durante estes días os voluntarios e voluntarias traballarán na eliminación de flora exótica invasora presente en diferentes treitos do río Tea (localizados no LIC río Tea ES1140006). As especies a erradicar son plántulas de dúas árbores (
Nas xornadas de traballo explicaránse de maneira práctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntariado poida levar a cabo os traballos axeitadamente e desenvolver así o programa.
Neste último campo realizaremos ademais das actividades habituais unha valoración dos traballos realizados durante estes anos así como un repaso en imaxes das actividades máis detacadas, e o domingo realizaremos un roteiro por algúns dos ríos da cunca do Tea como peche da xornada.
O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento e manutención, e contará con seguro de accidentes.
Cos datos recollidos realizarase un Informe do Estado de especies invasoras do río Tea, que se presentará ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e a outras entidades.
Acacia dealbata e A. melanoxylon) coñecidas vulgarmente como mimosas, tamén se erradicarán árbores de falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e pequenas matas de falso bambú (Phyllostachys spp.). Ademáis actuarase sobre outras herbáceas invasoras que poidan aparecer durante os traballos de seguemento como se fixo en ocasións anteriores.
Para máis información:
Ramsés Pérez (ramses@adega.info)
Proxecto Ríos
Travesa dos Basquiños,9 baixo-
15704 Santiago de Compostela
Teléfonos:981 570 099 e 616 23 80 50
ramses@adega.info
* Seis anos loitando contra as bioinvasións

No hay comentarios:

Publicar un comentario