viernes, 13 de julio de 2012


En Final disputada baixo a chuvia  no tecor de Nogueira de Ramuín
Francisco Rodeiro con “Sil” gaña o XVII Campionato Galego de Cans de Rastro

Un momento da proba
Na xornada do sábado 7 de xullo, tivo lugar a decimoséptima edición do Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril. Nesta ocasión, foi o concello ourensán de Nogueira de Ramuín o que acolleu esta destacada cita organizada pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Luintra
A climatoloxía reinante, con vento e moita choiva, foi a que marcou este campionato autonómico no que participaron un total de 31 monteiros clasificados nas respectivas fases provinciais e a través da Copa Galicia da especialidade.
A primeira hora da mañan, e unha vez feitos os rastros da fase clasificatoria e final, daba comenzo o campionato. Divididos en dous campos e xuzgados por Miguel Martínez Casal, Francisco Javier Silva Fontán, Jose María Álvarez Villar e Alejandro González González tiña lugar a fase clasificatoría na cal pasarían 10 monteiros a fase final.

Desputada esta primeira parte do campionato, chegou o momento do taco campeiro ao mesmo tempo que o director da proba Manuel Martínez Casal daba a coñecer os monteiros que accederían a fase final. Destacar a actuación de Francisco Rodeiro Eiras con “Sil” e a de Salvador Sestelo Nuñez con “Vikingo” por acadar as mellores puntuacións nos seus respectivos campos.
A choiva acompañou durante toda a mañan ao público, xuices, participantes e organización feito este que agradeceron os cans e lles permitiu realizar extraordinarias actuacións. Actuacións que se desenrolaron nun máis que axeitado esceario para este tipo de probas cinexéticas onde a homoxeneidade do terreo foi a nota predominante.
O gañador co seu cadelo

Foi o coruñés Francisco Rodeiro Eiras o que co seu can “Sil” completou unha actuación que lle reportou un total de 250,5 puntos, converténdose deste xeito no novo Campión Galego da especialidade. O can de nome “Ludo” conducido polo tamén coruñés José Manuel Barreiro Rivadas con 235,5 puntos accedía a segunda posición da clasificación xeral. Salvador Sestelo Núñez, monteiro chegado da provincia de Pontevedra, ocupaba o terceiro posto do podio co seu can de nome “Vikingo” e un total de 228,75 puntos.

A estes tres monteiros citados anteriormente acompañaranos Iván Fernández Pereira, Manuel Rodeiro Louzao e Francisco Rey Urrutia conformando o equipo galego que representará a Galicia na vindeira edición do Campionato Nacional da especialidade que se desputará o vindeiro fin de semán en Cantabria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario