jueves, 29 de diciembre de 2011

MEDIO RURAL CONCILIA O INTERESE POLA PERVIVENCIA DO LOBO CA DOS GANDEIROS MEDIANTE AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS

§        Poderán beneficiarsedestas achegas os propietarios de gando ovino, porcino, vacún e equino
§        As axudas comprenden os danos producidos dende o 1 de outubro de 2011 até o 30 de setembro de 2012

A Consellería do Medio Rural, para conciliar o interese pola pervivencia do lobo ca dos gandeiros, pon en marcha unha liña de axudas para compensar os danos producidospor esta especie sobre o gando. Dita norma sae hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e se convoca para o ano 2012.

O lobo mantén unha poboación abundante na xeografía galega. A súa presenza nos montes galegos non sóé un expoñente da nosa rica biodiversidade senón, ademais, un elemento destacado no equilibrio biolóxico do medio no que se desenvolve. As súas necesidades alimenticias entran ás veces en conflito cos intereses dos gandeiros, que sofren a depredación que ocasionalmente realiza sobre o gando.

Esta norma ten por obxecto establecer unha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos polos danos ocasionados no seu gando, ven sexa a animais mortos ou feridos.

Beneficiarios
Poderanse acoller a estas axudas os propietarios de gando ovino, porcino, vacún e equino (no que tamén entrarían o asno e o mulo) afectados por estes ataques. A Orde tamén contempla a exclusión destas axudas aos propietarios de gando vacún leiteiro que teña nas últimas 3 convocatorias de axudas un número de animais mortos superior a 5, por entender que non se acordaron medidas preventivas. En todo caso, o gando deberá pertencer a unha explotación incluída no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto.


Comunicación do dano
As axudas comprenden os danos producidos polo lobo dende o 1 de outubro de 2011 até o 30 de setembro de 2012. No tocante á comunicación do suceso, nas vinte e catro horas seguintes ao ataque, os propietarios das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería do Medio Rural mediante unha chamada ao 012, a través do que se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar a investigación dos axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Os feridos poderán ser atendidos polos veterinarios coa menor manipulación posible.

Orzamento
A dotación orzamentaria para esta liña de axudas ascende aos 128.301 euros, sen prexuízo do seu posible incremento. En canto o importe das axudas que corresponden ao suposto de morte, este estará condicionado á existencia de crédito orzamentario (cunha serie de baremos en canto a especie, clase e idade) mentres que, no caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditad

1 comentario:

  1. Hola buenas! Soy la hija de Isaac Otero Penedo de la cuadrilla de raposo de "LOS HOMBRES DE PACO", nos gustaría tener las fotos realizadas a sus miembros, con lo cual si puede ponerse en contacto conmigo o pasárnoslas por correo lo agradeceríamos mucho.

    ResponderEliminar