viernes, 26 de octubre de 2012


ADEGA E GRUPOS DO PROXECTO MANDEO REALIZARÁN ACTIVIDADES DE INSPECCIÓN NA BACÍA DO MANDEO


O 27 de outubro desenvolverase a segunda actividade cos grupos do Proxecto Mandeo. Desta volta realizarán unha inspección do río en dous treitos da bacía do Mandeo

ADEGA asinou coa Deputación de A Coruña un convenio para a realización de actividades cos grupos que participan no Proxecto Mandeo, que deixará de funcionar en decembro de 2012.
A finalidade destas actividades será que os grupos interesados en continuar facendo traballos de estudo e conservación dos ríos da bacía do Mandeo, poidan facelo no marco do Proxecto Ríos: programa de educación e voluntariado ambiental que desenvolve ADEGA dende 2005 que ten como finalidade dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A segunda actividade programada será unha xornada de inspección de ríos para presentar a metodoloxía que emprega o Proxecto Ríos para determinar a calidade do ecosistema fluvial. O obxectivo é que os grupos coñezan esta metodoloxía para logo continuar realizando actividades nos seus respectivos treitos de río dentro do Proxecto Ríos.
A actividade se desenvolverá o día 27 de outubro de 2012 de 11:00 a 14:00h. O punto de encontro será no Café-Bar Capitol de Betanzos ás 10:30h, onde nos organizaremos cos asistentes e nos desprazaremos ata os treitos a estudar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario