viernes, 19 de octubre de 2012

Xornada ao redor dos Morcegos, os ríos e as persoas

Proxecto Ríos e Drosera organizan en Allariz unha xornada sobre Participación social e conservación dos morcegos ns ecosistemas fluviais cun notable éxito de asistencia
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Morcegos, ríos e persoas

As ribeiras dos nosos ríos son espazo de refuxio e alimento de moitos mamiferos que dificilmente se poden ver como poden ser os morcegos. A conservación dos ríos e das suas ribeiras obrece espezos de acubillo e matenza para estes descoñecidos animais. Coa intención de achegarnos ao mundo dos morcegos nos entornos fluviais e coñecer que podemos facer as persoas pola sua conservación Proxecto Ríos e Drosera organizan para o 20 de outubro unha xornada na Aula de O Rexo e Allariz.
O encontro Participación social e a conservación dos morcegos nos ecosistemas fluviais realizarase na tarde do sábado. Haberá unha charla sobre os morcegos e a importancia dos ríos na súa conservación e unha mesa redonda na que se presentarán diferentes iniciativas de estudo e conservación destes descoñecidose e interesantes mamíferos. Ao final do día haberá unha actividade de identificación de morcegos.
Programa 16.30 Presentación Virginia Rodríguez. Coordenadora do Proxecto Ríos
Roberto J. Hermida. Drosera
16.40 Charla-debate Importancia dos ecosistemas fluviais para os morcegos Roberto J. Hermida. Drosera 18. 00 Mesa redonda Persoas que custodian morcegos Roberto J. Hermida. Drosera Programa de seguemento de morcegos Quirorius Lídia Freixas Mora. Museo de Granollers
Modera: Ramsés Pérez. Proxecto Ríos
19.30 Merenda-cea
20.00 Observación e escoita de morcegos durante a actividade nocturna
Esta iniciativa está promovida pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Para máis información: www.proxectorios.org Ramsés Pérez Coordinadora do Proxecto Ríos
Paco Bañobre
Coordinador de grupos do Proxecto Ríos
981 570 099/619 672 038
info@proxectorios.org
www.proxectorios.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario