sábado, 17 de noviembre de 2012

ADEGA REMATA AS ACTIVIDADES DO

PROXECTO

 MANDEO ESTA SEMANA

O 17 de novembro se desenvolverá a cuarta actividade relacionada co Proxecto Mandeo. Desta volta impartiremos unha charla sobre os ecosistemas fluviais no Centro Penitenciario de Teixeiro.

ADEGA asinou coa Deputación de A Coruña un convenio para a realización de actividades cos grupos que participan no Proxecto Mandeo, que deixará de funcionar en decembro de 2012.
A finalidade destas actividades será que os grupos interesados en continuar facendo traballos de estudo e conservación dos ríos da bacía do Mandeo, poidan facelo no marco do Proxecto Ríos: programa de educación e voluntariado ambiental que desenvolve ADEGA dende 2005 que ten como finalidade dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Durante esta semana, o día 15, se levou a cabo a terceira actividade programada: foi unha saída formativa co alumnado do CEIP de Oza dos Ríos no río Mendo. Foi unha xornada de inspección para determinar a calidade do ecosistema fluvial.
A cuarta e derradeira actividade será unha charla presentación sobre os ecosistemas fluviais e o Proxecto Ríos no Centro Penitenciario de Teixeiro. Esta charla se fará o sábado 17 de novembro ás 10:00h. Pretendemos así divulgar o valor dos nosos ríos en sectores sociais que non teñen a oportunidade de acceder a este tipo de actividades. A finalidade é realizar algunha saída ao río Mandeo con reclusos/as do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario