jueves, 18 de abril de 2013

ELECCIÓNS OURENSE
Antonio García Reinoso proclamouse presidente

http://www.federaciongalegadecaza.com/img-notis/foto_novopresiou2013.jpghttp://www.federaciongalegadecaza.com/imgcalendario.jpg18/4/2013
García Reinoso, unha persoa moi vinculada coa FGC
O pasado 1 de marzo, a Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza en Ourense daba luz verde ao acordo polo que se convocaba un novo proceso electoral para a elección do seu presidente provincial.
En data do 15 de abril, reunida a Xunta Electoral na sede da Federación Galega de Caza en Ourense certificábase a proclamación, do único candidato a presidencia, de Antonio García Reinoso como novo presidente provincial da FGC en Ourense. Desconvocándose deste xeito a asemblea de votación que tería lugar o vindeiro 4 de maio.
Ex–presidente do Tecor ourensán de O Irixo, García Reinoso foi, dende sempre, unha persoa moi vinculada a Federación, tanto a nivel autonómica como provincial. Substituíndo no cargo a José Luis Leites que, durante moitos anos, exerceu con traballo e entrega a presidencia da Federación ourensá.
Galicia Cinexética, no vindeiro número de xuño, publicará unha entrevista co novo presidente na cal os lectores poderán coñecer máis de preto a este cazador que afronta a presidencia da Federación de Ourense con moita ilusión e dedicación.


Gabinete de Comunicación
Federación Galega de Caza

No hay comentarios:

Publicar un comentario