viernes, 26 de abril de 2013

O PROXECTO ORGANIZA AS XVII XORNADAS DE FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO E O ROTEIRRÍOS NO TREITO ALTO DO RÍO LÉREZ.


O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Dentro das actividades programadas para esta primavera están:
<!--[if !supportLists]-->·         <!--[endif]-->XVII Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. Será o sábado 27 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). Estará dedicado a coñecer a iniciativas de Educación Ambiental e Voluntariado nos cursos fluviais. Como sempre, parte da xornada empregarémola á recollida e identificación de macroinvertebrados. O programa definitivo será:
11.00–Chegada e entrega de material.
11.15–Estado do Proxecto Ríos.
11.30–Educación ambiental e voluntariado ambiental nos cursos fluviais.
-Iniciativas e actividades de educación ambiental. Virginia Rodríguez. Proxecto Ríos.
-Seminario de voluntariado en ríos. Pilar Monterubio. CENEAM.
14.00 –Xantar.
15.30–Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19.00–Clausura do curso..
<!--[if !supportLists]-->·         <!--[endif]-->Roteiro polo río Lérez (Forcarei): O Roteirríos e un programa de itinerarios que pretende unir ríos e persoas nun ambiente lúdico e que desenvolve o Proxecto Ríos desde o ano 2007. O primeiro roteirríos de 2013 será o domingo 28 de abril. Desta volta visitaremos o novo tramo de pesca sen morte creado ao abeiro do Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez. Iniciativa de ADEGA financiada con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER que se desenvolve no Grupo de Desenvolvemento Rural número 20, nos concellos de Forcarei, Cuntis e A Estrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario