martes, 16 de abril de 2013


O PROXECTO RÍOS INICIOU A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2013 E ORGANIZA AS XVII XORNADAS DE FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES.

O 15 de abril iniciouse a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 1 de xuño.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Durante esta campaña de primavera están programadas saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, asociacións, grupos ecoloxistas,...). As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autonomamente.
Ademais queremos dar conta das actividades programadas polo Proxecto Ríos para esta campaña de primavera:
Faremos o XVII Curso de Formación de Coordinadores/as na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o sábado 27 de abril. Estará dedicado a coñecer a iniciativas de Educación Ambiental e Voluntariado nos cursos fluviais. Como sempre, parte da xornada empregarémola á recollida e identificación de macroinvertebrados.
Continuando co programa de roteiros do Proxecto Ríos: Roteirríos, realizaremos unha visita ao treito alto do río Lérez en Forcarei para coñecer as iniciativas de custodia fluvial que se están a levar adiante dentro do Proxecto Ulla, Umia, Lérez.
As saídas formativas programadas para o inicio da campaña son:
      17/04/2013: Charla e Saída Formativa co alumnado do IES de Noia.
      18/04/2013: Saída Formativa na UDC dentro do programa Primavera Ambietnal organizado pola Oficina de Medio Ambiente.
18/04/2013: Saída Formativa co alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
19/04/2013: Saída Formativa cos alumnos e alumnas do IES Xelmirez II de Santiago.
20/04/2013: Saída Formativa cos socios e simpatizantes da Asociación Nordés de O Vicedo.
Pódese consultar o calendario completo en www.proxectorios.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario