lunes, 3 de octubre de 2011

Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na IV Limpeza Simultánea de Ríos
 ADEGA e Proxecto Ríos organizan un ano máis a IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS, mobilizando a máis de 50 entidades pola defensa dos nosos ríos

maltratado.
Dende ADEGA e Proxecto Ríos agradecemos o tempo e dedicación de todos os colectivos implicados na coordinación da limpeza na súa zona. Agradecer tamén aos concellos o compromiso na conservación dos ríos que regan os seus municipios, especialmente os concellos que apoiaron esta limpeza que foron: Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pobra de Trives, Pontecesures, Pontevedra, Redondela , San Sadurniño e Valga.
Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Para esta actividade contamos coa colaboración de Confederación Hidrográfica Miño-Sil.




Pero sobre todo e ante todo queremos agradecer o traballo de todas as persoas que onte se meteron no río para limpalos, e axudar entre todos a denunciar e solucionar este gran problema. Sen vós isto non sería posible. Moitas Gracias!! concello grupo Nº voluntarias/os Kg retirados Río
A Estrada Asoc. A Xesteira
Asoc. pola Defensa do Val do Liñares
Asoc. de Veciños "A Sobreira" de Callobre
Asoc. de Mulleres Rurais de Barreira (Río Bo)
6 70 Ulla
7 200 Liñares
8 200 Regato do Merla
A Merca Asoc. Xuvenil Xoldreira 12 110 Arnoia
Arbo Concello de Arbo 9 75 Cea
Arteixo ADEGA Coruña 12 200 Bolaños
Arzúa ADEGA Alto Ulla
Concello de Arzúa
Asoc. de pescadores amigos do Iso
13 300 Bolaños
Caldas de Reis Asoc. Cultural Xesús González Aboi 15 200 Bermaña
Cambre Oficina de voluntariado do concello de Cambre Farán a limpeza o domingo día 9
Carnota ADEGA Costa da Morte 5 50 Vadebois
Compostela ADEGA Compostela 32 500 Sarela
Cospeito Asoc. Revolta Natural 4 80 Tamoga
Cuntis Asoc. Cultural "O Fervedoiro" 17 400 Gallo
Fene AETNA 14 300 Codavo
19 300 Vaa
Forcarei Asoc. Mozos de Forcarei
C.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras
A Hortiña da Ponte
Asoc. Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido"
6 50 Lérez
Lalín Concello de Lalín 10 20 Asneiro
Lugo ADEGA Lugo 15 1200 Rato
Mañón Asoc. Cultural Barqueirock Pendiente confirmar datos
Meira GEM (Grupo Ecoloxista de Meira) Pendiente confirmar datos
Melide Asoc. De Pescadores do Río Furelos 5 100 Regato de Vilabor
Moraña Asoc. Cultural "O Arrieiro" 7 80 Regueiro das Pontellas
Muxía Concello de Muxía 2 40 Negro
Neda Asoc. Social Néboa Farán a limpeza o domingo día 9
Nigrán APERTA 2 150 Muiños
Ordes ADEGA - Ordes 7 250 Cabrón
Ponteareas Plataforma pola defensa do Tea 19 600 Tea
Ourense Asoc. de Veciños San Breixo de Seixalbo
ADEGA – Ourense
20 200 Barbaña
Pontecesures Concello Pontecesures Farán a limpeza o domingo día 9
O sol brillou nunha xornada onde moitas e moitos foron os que pasaron a mañá do domingo mollándose polos ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, grupos de nenos e nenas e de maiores, grupos en grandes ríos, e grupos en pequenos regatos. Pero todas e todos tiñan o mesmo obxectivo.
Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron sobre todo os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos), apareceron tamén rodas de automóbiles, defensas de coches, lunas e asentos. Houbo quen sacou até unha moto vella que levaba anos no fondo do río. Os electrodomésticos non faltaron, e tamén algún tellado de uralita, televisións, roupa... Algúns voluntarios foron capaces de sacar do río unha valla publicitaria, mentres que outros conseguiron extraer o cartaz dunha discoteca pechada hai máis dunha década. A nota necrolóxica deuse en Compostela onde se sacou unha bolsa con varios cadeliños mortos.
Todo isto e de seguro moito máis está no fondo e nas beiras dos nosos queridos ríos. Ano tras ano voluntarios e voluntarias invirten o seu tempo nesta xornada de voluntariado ambiental. Este ano aumentou o número de participantes, o que nos fai ver que cada día hai máis xente concienciada, con ganas de axudar e cambiar as cousas. Porén o triste é que sempre hai lixo que sacar. Oxalá nun futuro non haxa necesidade de organizar estas limpezas.
Calculamos que os residuos de tódolos concellos suman un total de 10 toneladas, pero debemos lembrar o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta. Os ríos non son vertedoiros, e hoxe débese fomentar o uso dos puntos limpos. Cada quen pode recapacitar ante esta situación e tamén reducir o seu consumo de plástico, utilizando botellas reutilizables de materiais alternativos, usar bolsas de tea, e mellorando cada día un chisco deste mundo

No hay comentarios:

Publicar un comentario