viernes, 1 de marzo de 2013

CONCENTRACION AUTONOMICA DE ALTA COMPETICION MAR COSTA, 1º DIA DE HOMES E ÚNICO DE
MULLERES

A Concentración Autonómica está convocada pola Federación Galega de Pesca e Cásting, sendo
responsable da súa organización a Delegación Provincial desta Federación en A Coruña, baixo a
supervisión do Comité Técnico da especialidade.
A Competición rexerase polo Regulamento de Competición de Pesca Deportiva e Cásting da FEP e C.
Lugar e Data:
Desenvolverase en A Coruña, praia de Langosteira (Fisterra), opciones Laxe, O Rostro, Nemiña.
Na data do 
9-3-2013
Concentración Bar TREBON en Praia Langosteira, as 14,30 horas
Asistencia Deportistas:
Cómpre que tódolos deportistas confirmen a súa asistencia, ou non, antes do
6 de marzo de 2013 , ao Delegado Provincial , Federación ou ó Comité por ( e-mail ou teléfono).
De non haber, na data sinalada, confirmación nun senso ou noutro por parte do Deportista, éste perderá a
condición de Deportista de Alta Competición.
Clasificacións e Altas-Baixas:
Os
catro primeiros clasificados dos selectivos da categoría de homes formarán o Equipo que

representará a GALICIA, no Campionato Nacional da especialidade.
No caso das Mulleres as catro primeiras clasificadas neste selectivo serán as representantes no
Campionato Nacional.
Manterán a categoría , os 16 primeiros clasificados na categoría de Homes.
As Mulleres manterán todas a categoria.
O resto de participantes baixarán da Alta Competición, pasando a competir no Autonómico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario