miércoles, 18 de enero de 2017

CAMPIONATO DE PONTEVEDFRA DE CAZA DO RAPOSO 2017


Participaron 34 equipos e pilláronse 5 individuos

 

O EQUIPO “CASELAS III” NOVO CAMPIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE CAZA DO RAPOSO

                                   ____________________________

 

* Fornelos de Montes (Pontevedra).- Texto e Fotos: Luís MACÍAS

 
Equipo gañador e autoridades na entrega de trofeos

A vila de montañesa de Fornelos de Montes acolleu o pasado sábado, dia 21 de xaneiro, o XXIV Campionato Provincial de Caza de Raposo. Torneo organizado Federación Galega de Caza en Pontevedra, a que contou co apoio do Concello anfitrión e coa colaboración das sociedades venatorias: “Fornelense”, “Coto Suído” “A Covelense” “ A Mondarizana” e “A Laxe”, as que cederon xentilmente os seus terreos cinexéticos para poder levar a bo fin este torneo, calsificatorio para o Autonómico da especialidade, que contou cunha participación de 340 deportistas da escopeta, entre cazadores e xuíces de campo o que pon de manifesto o gran poder de chamada, de convocatoria,  que ten esta disciplina na provincia pontevedresa.

 
Agardando polo xantar

A concentración dos 34 equipos  levouse a cabo a no Pavillón de Fornelos de Montes, centro neurálxico do Campionato, ao que foron chegando os cazadores despois das 7,30 da mañá. Deportistas que logo do sorteo saían para os xeados cazadeiros, nunha mañá xélida, comezando o exercicio, tal e como estaba previsto, ás 9 h. e rematando ás 13,30 da tarde. Un total de 270 minutos de andaina polo monte nos que se levantaron  un total de  23 zorros e se capturaron 5 individuos.

 
CLASIFICACIÓN
Os xefes de cuadrilla amosando o número que lles tocou no sorteo
A clasificación, dado que as cinco pezas pilladas estaban repartidas entre outros tantos equipos, a organización tivo de recorrer o sistema de sorteo para decidir a orde clasificatoria, e así quedou o resultado final:
1º e campión, equipo “Caselas III”, con 500 puntos.

2º e subcampión, “Silleda II”, tamén con 500 puntos.

3º, “Tomiñesa II”, igualmente con 500 puntos

4º, “Tomiñesa I”, mesmos punto co anterior

Estes catro representarán a provincia de Pontevedra na fase autonómica da modalidade. Mentas o grupo, “Lanzada II”, clasificouse no quinto posto.


Vista da Mesa Presidencial
CLAUSURA

 
A cerimonia da entrega de premios e agasallos, así como o acto de Clausura, levouse a cabo o remate dun xantar de confraternidade celebrado no mesmo Pavillón de Fornelos de Montes, asistindo  máis de 400 comensais, entre os que se atopaban diversas autoridades locais, provinciais e autonómicas, que arrouparon coa súa presenza esta proba venatoria. Algunhas delas fixeron uso da palabra ao remate da manduca, poñendo de manifesto a satisfacción que lle producía “o gran ambiente e o compañeirismo vivido”, a vez que felicitaron os gañadores polos resultados acadados.

Comentar tamén, que o remate da cacería escoitáronse algunhas queixas, se é que se lle pode chamar así, referente os poucos raposos cazados, “culpando” do ocorrido a coellos, corzos e xabarils. Neste senso, o mandamais da caza locataria, Adolfo Limes, aseguraba ter no couto bastante caza maior “e elo, dixo, pudo influír nos resultados” pois os cans poñen máis interese no corzo e no porco bravo que no raposo, pero nunca pensei que as capturas fosen tan poucas”.

 
Pola súa banda, o xefe da cuadrilla vencedora, Marcos Martínez, amosouse moi contento con triunfo “aínda que o de quedar primeiro foi por sorte”, e falou dun “escenario difícil, con monte alto e moito coello”, concretou.

 
Dicir por último, que o desenrolo deste importante  torneo cinexético foi recollido polas cámaras da Produtora “Lumavisión Galicia”, polo que proximamente poderemos ver unha ampla reportaxe  en varias canles de televisión, así como na páxina Web da Federación Galega de Caza.

                                                              G R Á F I C A S

 
Contentos polo triunfo


A punto de disparar


Sonia Alvariño, de LUMAVISIÓN GALICIA, entrevistando aos primeIros clasificados



Participante e garda falando da  forte xeada


Unha vista do Pavillón no Xantar de Clausura
Equipo 2º clasicioado


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario