lunes, 9 de enero de 2017

MONTERÍA DE XABARIL "A GALEGA" EN PONTE CALDELAS


A  pesar de capturarse tan só dous xabarils

A VI MONTERÍA “A GALEGA” DE PONTE CALDELAS VOLVEU A SER  FABULOSA
                                              __________________________________


Ponte Caldelas  (Pontevedra).- Texto e Fotos: Luís Macías

ALGÚNS DOS PARTICIPANTES
Tal e como estaba previsto e a modo de despedida de temporada e de benvida o ano novo, o pasado día 7 de xaneiro celebrouse na vila pontevedresa de Ponte Caldelas “VI Montería de Caza do Xabaril A Galega”. Unha cacería referente nestas datas que se encargou de organizar a Sociedade locataria”Verde Seixo” e que contou con beneplácito da Federación Galega de Caza, participado incluso na mesma os federativos, Alejandro Lorenzo Carregal e Xavier Nogueira.

O exercicio, que se levou a cabo en montes de “A Pousa” e “Forzáns”,  comezárano os 41 participantes logo 10 da mañá para rematalo preto das dúas da tarde, cun botín de tan só dous pequenos xabarils que foron capturados polo vilagarcián, Alfredo Umelet Viqueira, ás 11,15 h. e polo cazador local, Josiño Martínez Muíños, ás 12 h., o que se lle supoñía o“bautizo” na caza maior.

COLOCANDO UNHA TABLILLA
 
De rehaleiros “oficiaron” dous mestres da especialidade: Manolo Rial (Forcarei) e Felipe Garrido (Barbudo / Ponte Caldelas), e controlando todo o presidente social, Manolo Blanco, que non parou nin un momento para que todo saíse como saíu: fenomenal.

Foi, sen dúbida, e tanto no apartado meteorolóxico, como no deportivo, unha xornada de luxo, daquelas que da gusto gardar no baúl dos mellores recordos, na que gozaron moito e ben cazadores, acompañantes, convidados e autoridades, rematando todo cun xantar de confraternidade celebrado como ven sendo tradicional, na Casa de Cultura “Alborada” de Caritel. Manduca que estivo presidida polo Alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz
Sobral , o que acompañaba na Mesa Presidencial a súa dona, Isabel Pregal, ademais dos mandamáis federativos da caza autonómica e provincial , Xavier Nogueira e Paco Couselo; así como o presidente da “Verde Seixo”, Manolo Blanco, entre outros.


Dado que esta modalidade non está recoñecida polos estamentos competentes  como competitiva,  non houbo clasificación nin trofeos, pero si discursos, pois algunhas das autoridades o remate do xantar fixeron uso da palabra felicitando aos participantes polo compañeirismo e harmonía existente de principio a fin, e animáronos a seguir facendo estas xuntanzas que “tanto ben lle fan o colectivo”.

O PRESIDENTE CO ESCUDO SOCIAL

Dicir tamén, que o desenrolo desde evento venatorio foi recollido polas cámaras da Produtora “Lumavisión Galicia” e que axiña poderemos ver a reportaxe correspondente en varias canles de televisión, así como na Web da Federación Galega de Caza.

                                              
                                                                          GRÁFICAS

MESA PRESIDENCIAL
VISTA PARCIAL DO COMEDOR
CANS NO REMOLQUE
JOSIÑO CON SEU PRIMEIRFO XABARIL

EMPECE DA CACERÍA


 

REHALEIROS
                                                                      

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario