jueves, 5 de enero de 2017

Jaime Pintos gaña o Autonómico de arcea 2016


 


 
 Vironse 19 galiñolas e capturaronse 6 individuos
O OURENSÁN JAIME PINTOS, CON DÚAS PEZAS, CONQUISTA EN BALTAR O XXI CAMPIONATO GALEGO DE CAZA DE ARCEA
* Baltar (Ourense).- Texto e Fotos: Luís MACÍAS
O frío das primeiras horas da mañá (logo luciu un sol que se agradeceu), a nobreza competitiva e un ambiente de gala, marcaron o XXI Campionato Galego de Caza de Arcea celebrado o día 17 (sábado) do pasado mes de decembro no “tecor”  ourensá de Baltar, no que participaron 21 especialistas previamente clasificados nos respectivos provinciais, mailo campión da pasada edición, o cedeirán  Favián Barge, quen non pudo revalidar o cobizado titulo autonómico que  nesta ocasión foi conquistado  polo cazador de Vilar de Barrio (Ourense), Jaime Pintos Dávila, o que contou co fenomenal traballo do seu setter inglés, “Hidra de Pasarín”, entrando no posto de control ás 12,42 h. con dúas pezas que lle valeron 1.000 puntos,  máxima cualificación no taboleiro de marcas.
Preparados  para comezala proba
 
A concentración (7,30 h.) tería lugar no “Café Gran Vía” da capitalidade municipal baltareña e  competición disputouse entre as 9 da mañá e as 2 da tarde,  baixo a organización da Federación Galega de Caza e a sociedade cinexética  locataria que non só cedeu o escenario competitivo, senón que colaborou activamente no evento. O punto de saída, entrada e de avituallamento quedou fixado no lugar de Quintá (xunto a capela de San Xoán), na parroquia de Sampaio, achegándose ata alí moitos lugareños e curiosos para seguir o desenvolvemento dun Campionato que  estivo dirixido polo federativo, Manuel Feijóo Castro e transcurriu baixo un manto de amizade e deportividade excelente e nunhos terreos que foron cualificados polos protagonistas de “fenomenais” para exercer esta disciplina.
CLASIFICACIÓN
1º e campión, Jaime Pintos Dávila (Vilar de Barrio / Ourense), con 2 arceas e 1.000 puntos. Cazou can, como dixemos,  “Hydra de Pasarín” (SI/F).
2º e subcampión, Jesús Muñoz Martínez (Viana do Bolo / Ourense), 1 peza e 500 puntos. Auxiliouse de “Indio de Castrocán” (SI/M).
3º, Artemio Formoso Barro (Os Blancos / Ourense), 1 arcea e 500 puntos. Cazou con “Tuka” (SI/F)
4º, José Aurelio Álvarez Álvarez (Azor / Lugo), tamén cunha peza e 500 puntos.   Co cadelo “Pepe” (Cruce).
5º, Bernardo Traseira Rois (Carballido-Bóbeda / Lugo), 1 arcea e 500 puntos. Cazou con “Piti de Bosende” (SI/M).
 
Campión recollendo a placa acreditativa
CLAUSURA
Concluída a proba levouse a cabo o tradicional xantar de confraternidade e de clausura no que estiveron presentes diversas autoridades locais, co seu Alcalde, José Antonio Fejóo, ao fronte. A Directora Xeral do Patrimonio Natural da Comunidade Autónoma Galega (antes Conservación da Natureza), Ana Mª  Díaz López, e a Xefa Territorial en Ourense desta mesma Dirección, María Victoria Núñez, entre ouros políticos. Mentres por parte da Federación facíao a máximo mandatario, Xavier Nogueira Diz, así como Abel Andrés Otero, tesoureiro; Ramón Covas, secretario xeral e  Antonio García Reinoso, Presidente de la F.G.C. en Ourense, o igual que outros federativos como Luís Fidalgo, que como veterinario foi o encargado de analizalas arceas cazadas, ou Xosé Castro Rivela, que de xeito xordo pero eficiente, sempre está onde se lle require.
 
O remate do extraordinario cocido que foi servido no Restaurante “O Cepo” (bo produto, servizo amable e moita limpeza), algunhas das autoridades presentes fixeron uso da palabra deixando entrever boas novas para o colectivo, poñendo de manifesto Nogueira Diz, a necesidade de facer algo para recuperar a tan minguada cazar menor e para que se autoricen os chamados “collares de castigo” nos cadelos. Amosándose moi receptiva e preocupada a Directora Xeral con estes e ouros problemas dos cazadores nos que o seu departamento, segundo manifestou,  vai poñer todo o interese para ver, na maneira do posible, de arranxalos. Pola súa banda, o Alcalde, cazador tamén, estaba satisfeito co acontecido, aínda que non así cos resultados que “puideron ser mellores xa que arcea ai moita”, asegurou, non perdendo a oportunidade para convidar a todos “a volver”.
 
Autoridades na Clausura
Por último salientar, que o novo Campión estaba más que satisfeito polo logro acadado “xa levaba varios anos quedando cuarto e este ano xa saín da casa convencido de que, como pouco, tiña que subir o podio”, comentou. Un Jaime Pintos que viu tres arceas e disparoulle ás dúas que capturou cando o reloxo marcaba as 10,25 e as 11,33. Tamén, que un grupo de féminas de diferentes puntos de Galicia, Carmen, María, Fini e Noelia, non quixeron perder o acontecemento para acompañar e animar os seus “sacrificados” compañeiros, e alí estiveron tan tensas como nerviosas pendentes de toda nova que chegaba relacionada co exercicio venatorio.
 
                                                           = = = = = = = = = =
 
 
 



 



No hay comentarios:

Publicar un comentario