viernes, 16 de marzo de 2012

A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR INFORMA DA SITUACIÓN DOS LUMES CON DATOS RECOLLIDOS ATA ÁS 08:30 HORAS DE HOXE




LUGO

ACTIVO  * Samos-Lóuzara (máis de 200 hectáreas)

Arestora permanece activo un lume forestal rexistrado na parroquia de Lóuzara, no municipio da Samos, que comezou ás 15:56 horas de onte xoves e que, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta a unha superficie de máis de 200 hectáreas. Na súa extinción traballan 3 técnicos, 12 axentes forestais, 13 brigadas, 10 motobombas, 1 pala e 2 helicópteros.

OURENSE

EXTINGUIDO * Allariz-Coedo (140 hectáreas, a metade en raso)

O lume que tivo lugar na parroquia de Coedo, no municipio ourensán de Allariz, quedou extinguido ás 03:40 desta madrugada. Comezara ás 14:00 horas de onte xoves e segundo as últimas estimacións provisionais a superficie afectada foi de 140 hectáreas, a metade de monte raso. Cómpre insistir en que esta estimación é provisional, mentres o lume non sexa xeoreferenciado, para ter unha información máis precisa.

Nos labores de extinción traballaron 8 axentes forestais, 11 brigadas, 2 palas, 9 motobombas, 6 helicópteros e 6 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.

PONTEVEDRA * ACTIVO / Rodeiro (máis de 20 hectáreas)

No concello de Rodeiro, parroquia da Portela, arestora permanece activo un lume que, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas. Iniciouse ás 04:53 desta madrugada e na súa extinción traballan 1 técnico, 2 axentes forestais, 2 brigadas e 2 motobombas.

EXTINGUIDO  * Vila de Cruces  (25 hectáreas, 15 en raso)

O lume forestal rexistrado no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na parroquia de Besexos, quedou extinguido ás 02:15 horas desta madrugada, tras terse iniciado ás 18:04 da tarde de onte xoves. Segundo unha primeira estimación provisional, afectou a unha superficie de 25 hectáreas, das cales 15 corresponden a monte raso e o resto a arborado.

Nos labores de extinción deste incendio participaron 6 axentes forestais, 5 brigadas, 4 motobombas, 1 pala e 1 helicóptero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario