sábado, 7 de abril de 2012

CAMPIONATO PROVINCIAL SALMÓNIDOS LANCE OURENSE


RIO AVIA (COUTO RIBADAVIA)
15-ABRIL-2012






 PROGRAMA 07:30 horas Concentración dos participantes no Bar Campeón de Beade Sorteo de dorsais e entrega de documentación 09:00 " Inicio da 1ª manga
11:00 " Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:30 " Inicio segunda fase
13:30 " Fin da 1ª manga.
14:00 " Concentración, entrega de plicas e xantar pícnic no campo da festa de Vieite
15:30 " Inicio da 2ª manga
17:30 " Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:00 " Inicio segunda fase
20:00 " Fin da competición
20:00 a 20:30 Entrega de plicas no Bar Campeón
Feita e confirmada a clasificación, procederase a entrega de trofeos e peche da competición.
 BASES 1) O deportista, calquera que sexa a subespecialidade obxecto da competición, só poderá ter unha cana en acción de pesca. Non obstante, poderá dispoñer dunha ou máis canas de reposto.
2) Para a extracción da captura e a súa posterior presentación ó control, deberá facer uso dunha sacadeira ou trueiro, cuxa lonxitude totalmente extendida non supere os 122 cm. A rede desta, deberá ser de algodón ou outro material non abrasivo.
.
3) A adxudicación dos tramos farase por sorteo, feito en tempo e forma, para garantir a chegada a tempo, para o inicio da proba, de tódolos deportistas ós seus respectivos tramos. Os postos marcaranse no sentido da corrente (augas abaixo).
4) A reunión do Pescador co Control farase xunto á táboa que sinale o inicio do tramo, augas abaixo.
5) Material permitido:
1. Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12 pes).
2. Carretes. De uso opcional sexa manual ou automático, de bobina fixa ou xiratoria.
3. Sedelas. Exclusivamente de monofilamento nos seus diferentes tipos e grosores.
Non se permite:
Utilizar boias o buldós deslizantes sobre a sedela ou baixo de liña. Terán que estar fitos á mesma.
Cebos (Só culleriñas e moscas artificiais):
a) Culleiriñas: xiratorias ou ondulantes simples en calquera das súas variantes e cun só anzol, pero sen plumas, pelos, la, etc.
b) Un máximo de tres moscas artificiais co uso da boia o buldó (fitos na sedela ou baixo de liña)
c) Os anzois, tanto das moscas como das culleriñas deberán estar desprovistos de arponciño ou semellante, ou ben telo totalmente inutilizado, de xeito que non fagan resistencia algunha ó desanzolado.
6) Ó longo da proba, calquera control pode pedir o exame dos aparellos de pesca de dun pescador.
7) O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a acción de pesca, antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar na proba.
8) Un inscrito ou participante, que sen causa xustificada ou de forza maior, non participe ou se ausente sen ter nomeado un reserva, será desposuído de licenza federativa por dous anos.
Praza Agustin Díaz, 1 local 5 Complexo Deportivo Elviña 15008 A Coruña tfns.: 607881916 / 677535526 / 677535699 http://www.fgpesca.org federacion@fgpesca.org V15141328  
9) Para calquera outra norma non descrita anteriormente aterémonos ó regulamento da FEPYC.
10) Serán capturas válidas as pezas de 17cm ou mais, medidas dende o extremo da boca ate a punta da cola.
11)
Data límite da inscripción 11/4/2012 12) Enviar Inscripción a ourensedelegacion@fgpesca.org Tfno. 670 083 183, poñendo Nome, Clube e Nº de federado Asinado: Jesús F. Bolaño García
Presidente do Comité de Salmónidos da FGP

No hay comentarios:

Publicar un comentario