lunes, 16 de abril de 2012

O PROXECTO RÍOS INICIOU A SÚA CAMPAÑA DE

 PRIMAVERA 2012 E ORGANIZA AS XV XORNADAS DE

FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO ENTRE OUTRAS

ACTIVIDADES.

O 15 de abril iniciouse a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 31 de maio.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.


Durante esta campaña de primavera están programadas saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, asociacións, grupos ecoloxistas,...). As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autonomamente.
                Ademais queremos dar conta das actividades programadas polo Proxecto Ríos para esta campaña de primavera:
                Faremos o XV Curso de Formación de Coordinadores/as na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o sábado 5 de maio.
                As saídas formativas e charlas divulgativas programadas ata o de agora son:
  • Saída no CEIP Magaláns Dorrón de Sanxenxo o día 19 de abril.
  • Charla no CPI Mosteiro de Meis o día 20 de abril.
  • Saída co CPI Virxe da Cela de Monfero o día 20 de abril.
  • Charla presentación do Programa Ríos de Lingua e Cultura nas XXII Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-Ensino en Santiago de Compostela o día 20 de abril.
  • Charla no Concello de Allariz o día 21 de abril.
Pódese consultar o calendario completo en http://www.proxectorios.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario