lunes, 2 de abril de 2012

CONTROLADO O INCENDIO FORESTAL REXISTRADO NO MUNICIPIO CORUÑÉS DA CAPELA

§        Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é dunhas 750 hectáreas, das cales aproximadamente unhas 370 corresponden ás áreas de maior interese de conservación das Fragas do Eume




Santiago, 2 de abril de 2012.-  A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no municipio coruñés da Capela que afecta a unha parte do Parque Natural das Fragas do Eume.

O lume iniciouse o pasado sábado ás 15:16 horas da tarde e quedou controlado ás 20:00 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é dunhas 750 hectáreas (500 arboradas e o resto raso), das cales aproximadamente unhas 370 corresponden ás áreas de maior interese de conservación das Fragas do Eume.

O total acumulado de medios que traballaron e/ou seguen actuando na súa extinción son: 4 técnicos, 33 axentes forestais, 37 brigadas, 23 motobombas, 3 palas, 8 helicópteros, 7 avións e efectivos de Protección Civil de Mugardos.  A eles hai que engadir os 286 efectivos mobilizados que forman parte da Unidad Militar de Emergencias (UME).

Estes militares actúan apoiados por 18 autobombas, 6 camións cisterna e uns 100 vehículos de comunicación e apoio. Son todos eles elementos de intervención pertencentes ao Batallón de Intervención en Emergencias V, con base en León.

Cabe lembrar que esta tarde a Xunta desactivou o ‘Nivel 1’, que foi decretado o pasado sábado como medida preventiva. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario