A GALA DOS PREMIOS DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRO
FOI UN BRINDE POLO BO MOMENTO DOS SEUS VIÑOS
O mellor viño branco de adega
é Ramón do Casar Treixadura; o galardón de mellor viño branco de colleiteiro
recae en Pazo Tizón Extramundi; e o premio mellor viño tinto distingue a Viña
Uzal
A quinta edición dos Premios
organizados polo Consello Regulador recoñeceu a Cristino Álvarez co Premio de
Honra; a Mayte Santa Cecilia, co Muller e Viño; a Salvador Manjón, co de Mellor
Tarefa de Comunicación; e a Avelino Lorenzo, co Vida entre Vides
San Clodio (Leiro) Ourense.- Os Premios D.O. Ribeiro, que
celebraron a súa quinta edición nunha Gala organizada polo seu Consello
Regulador, reuniron hoxe a todos os actores do sector no histórico Mosteiro de
San Clodio (Leiro).
Durante o evento entregáronse os galardóns aos
mellores viños da D.O. Ribeiro, designados por un panel de cata de expertos,
que onte mesmo participou na cata final con mostras recollidas en mercado, seis
de cada categoría. O grupo de profesionais estaba formado por Mikel Zeberio, xornalista gastronómico
de Deia, entre outros diarios, David Seijas, ex
sumiller de El Bulli, Bartolomé Sánchez,
catador e foi director da revista MiVino,
Salvador Manjón, director da
publicación La Semana Vitivinícola, Eufrasio Sánchez, xornalista de El Comercio de Gijón, Constantino Iglesias, da Asociación
Galega de Catadores, Alberto Román
García, da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Pedro Villamarín, da Asociación Gallega de Sumilleres, Lorena Alonso, da Asociación de
Enólogos de Galicia e os catadores Antonio
Santamaría e Antonio Raluy. O mellor viño branco de adega é para Ramón do Casar Treixadura 2015 de Adega
Ramón do Casar; o mellor viño branco de colleiteiro recae en Pazo Tizón
Extramundi 2015 de Pazo Tizón; e o mellor
viño tinto é Viña Uzal 2015 de Julia Guntín Villanueva. Foron finalistas na categoría
de branco de adega Farnadas, de Pazo Vieite; Cunqueiro
III Milenium de Bodegas Cunqueiro e
Expresión de Pazo do Mar, de Adegas Pazo do Mar. Na categoría de branco de
colleiteiro chegaron á final Eduardo Bravo, de José González, Pazos de Albor,
de Mónica Albor e Mauro Estévez, de José Estévez. E por último, en canto aos
tintos, Val do Deva, de Pilar Rivera; Señorío de Beade, de A Portela e
Sameirás, de Antonio Cajide, foron os finalistas.
O xornalista Cristino Álvarez recibiu o Premio “Persoeiro
de Honra 2016” ,
en recoñecemento á súa traxectoria e máis á divulgación dos viños da D.O.
Ribeiro a través das súas crónicas. Tamén se quixo homenaxear o traballo dunha
vida do viticultor e adegueiro Avelino
Lorenzo, co Premio Vida entre Vides.
Como “Mellor Tarefa de Comunicación” galardoouse
a Salvador Manjón (director da
revista especializada La Semana Vitivinícola); e Mayte Santa Cecilia, directora de márketing
e de compras das madrileñas tendas Bodega Santa Cecilia recibiu o Premio “Muller
e Viño”.
Ademais, na cerimonia recoñeceuse aos
profesionais e establecementos galegos que procuran a excelencia. En “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”
destacouse ao Restaurante Galileo; o
Premio “Mellor Tenda Especializada - Viñoteca”
foi para Santorum; e o galardón
á “Mellor Taberna-Bar de Viños”
recaeu en O Bacoriño. Foron
finalistas O Retiro da Costiña e Restaurante Campos na categoría de “Mellor Servizo
de Viño en Restaurante”; El Yate e La Sucursal, na de “Mellor Tenda
Especializada – Viñoteca”; e Adega do San Vicente e Bagos, na categoría de
“Mellor Taberna - Bar de Viños”.
Entre os máis de 300 asistentes estiveron
autoridades coma o delegado do Goberno
en Galicia, Santiago Villanueva, e a conselleira
do Medio Rural, Ánxeles Vázquez. Tampouco faltaron profesionais chegados de
toda España, como maioristas e xornalistas especializados.
O actor ourensán Sergio Pazos foi o presentador dunha cerimonia que demostrou o bo
momento dos viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.
Premio
|
Gañador
|
Mellor Viño Branco Adega
|
Ramón do Casar Treixadura 2015
|
Mellor Viño Branco Colleiteiro
|
Pazo Tizón Extramundi 2015
|
Mellor Viño Tinto
|
Viña Uzal 2015
|
Premio
|
Gañador
|
Persoeiro de Honra
|
Cristino Álvarez
|
Muller e Viño
|
Mayte Santa Cecilia
|
Mellor Tarefa de Comunicación
|
Salvador Manjón
|
Vida entre Vides
|
Avelino Lorenzo
|
Premio
|
Gañador
|
Mellor Servizo de Viño en Restaurante
|
Galileo (Ourense)
|
Mellor Tenda Especializada – Viñoteca
|
Santorum (Ourense)
|
Mellor Taberna – Bar de Viños
|
O Bacoriño (Ferrol)
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario