miércoles, 29 de junio de 2016


ÁNGELES VÁZQUEZ DESTACA O TRABALLO DA D.O. RIBEIRO QUE SE REFLEXA NUN INCREMENTO DUN 626% NAS SÚAS EXPORTACIÓNS NOS ÚLTIMOS ANOS 
§        A conselleira do Medio Rural fixo estas declaracións na gala de entrega dos Premios Ribeiro onde estivo acompañada pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro

§        A Xunta achegou entre 2012 e 2015 un total de 5,4 millóns de euros ao sector do viño para a súa promoción
Santiago.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez,  destacou hoxe o traballo da D.O. Ribeiro que se reflexa no incremento dun 626% das exportacións nos últimos anos. A conselleira realizou estas declaracións na gala de entrega dos Premios Ribeiro onde estivo acompañada pola directora de Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. A entrega celebrouse no Mosteiro de San Clodio, no municipio ourensán de Leiro.

 

Premiados e autoridades
A titular de Medio Rural salientou que o sector vitivinícola esperta un crecente interese tanto dende o punto de vista dos elaboradores como do consumidor final. “Trátase dun ámbito que está a vivir importantes avances tanto tecnolóxicos como comerciais, poñendo a Galicia no mapa enolóxico mundial”, declarou Ángeles Vázquez. Lembrou ademais que estes premios non son senón o recoñecemento de todo este traballo realizado e unha forma de visibilizar o sector do viño en xeral e, concretamente, a Denominación de Orixe Ribeiro.
Nesta mesma liña, a conselleira destacou que o do viño é o sector agroindustrial galego máis exportador, e co fin de manter esta posición, a Xunta achegou entre 2012 e 2015 un total de 5,4 millóns de euros para promover o sector. No caso da D.O. Ribeiro, foron máis de 2,5 millóns desde 2009
“O mundo da venda de viño é cada vez máis competitivo e require ampliar os mercados para manter un nivel de crecemento económico axeitado”, sinalou Vázquez, e engadiu que por iso, “a obtención de beneficios nas adegas galegas implica buscar novos retos e crear non só un bo produto, senón tamén as infraestruturas de venda máis axeitadas aos escenarios globais nos que nos movemos”.
A Conselleira escoitando a un dos premisdos
A conselleira destacou o labor desenvolvido polos produtores, adegueiros, consellos reguladores, administración e profesionais e animounos a ser quen de profesionalizar este sector, pois “ten por diante un futuro moi esperanzador”.
D.O. Ribeiro
 
A denominación de Orixe Ribeiro conta con de 5.812 viticultores  e 107 industrias que traballan 2.646 hectáreas de superficie da comunidade galega. Estas industrias comercializan un volume de 8.427.600 litros e o seu valor estímase en 25 millóns de euros.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario