lunes, 13 de junio de 2016


A ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA IRÁ DO 1 DE XULLO ATA O 30 DE SETEMBRO

 

§         DOG publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se declara este período, de acordo coa normativa sobre prevención e defensa contra os lumes forestais en Galicia

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se declara como época de perigo alto de incendios forestais a comprendida entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Esta norma establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario