Noel Vázquez, con “Medallas”,
novo campión provincial
SALVADOR SESTELO, CON “VIKINGO” VENCEDOR DO VII CAMPIONATO DE CANS DE RASTRO ATRELADOS
DE OURENSE.
Lobios (Ourense).- Texto e
Fotos Luís Macías
Evento que, ademais, contou cunha
arbitraxe de primeira. Un escenario de fábula. Unha deportividade propia dos grandes cazadores. E un ambiente de gala.
E dicir, que a cousa non pudo estar mellor. Alúmenos así opinaron os que alí
estiveron.
Da dirección ocupouse o
federativo ourensán, Xosé Castro Rivela. De xulgar os competidores, Emilio
Vila, e colaborando toda a mañá, Manuel
Feijoo, federativo e Domingo Veloso, Presidente do tecor anfitrión. Participaron 12 cans e estes
foron os mellores:
2º e subcampión, Xosé Luís
Iglesias (Coruña), con 22 puntos. Competiu co sabuxo “Cañón”
3º, Antonio Sánchez Sesto
(Silleda-Pontevedra), con 207 puntos. Cazou co grifón azul de Gascuña, “Tito”.
Campión de Ourense, Noel Vázquez
Rodríguez, (Corneira-Carballeda de Avia), con 177 puntos. Actuou con grifón
azul de Gascuña, “medallas”.
Campión recolledo o trofeo da man da alcaldesa de Lobios |
2º Clasificado |
3º Clasificado |
Gañadores, federativos e organizadores locatarios |
O gañador da proboa co seu cadelo |
Un xantar de confraternidade
levado a cabo no luxoso Hotel Balneario
Caldaria (Río Caldo), que presidiu a nova Alcaldesa de Lobio, Mª del Carmen
Yáñez, e no que tomaron tamén parte varios concelleiros, presidentes de tecores
do lugar e amigos do deporte de caza, como Xabier o do Lusitano (así se lle
coñece) ou Arsenio Prieto, Director de IFEMA (Vigo), por citar algún, serviu de
broche final a unha xornada competitiva de caza para enmarcar. O remate da
mesma entregáronse os correspondentes trofeos e agasallos os gañadores.
O Xuiz da contenda dando a clasificación |
Alcaldesa en plena oratoria |
Campión de Ourense recibindo o trofeo |
Mesa Presidencial |
No hay comentarios:
Publicar un comentario