miércoles, 6 de abril de 2016

CAMPIONATO GALEGO PESCA MAR COSTA

OPEN LIGA DE CLUBS MAR-COSTA

O Campionato Galego Open de Mar-Costa Clubs, Categoría Absoluta, está convocado pola
Federación Galega de Pesca e Casting, sendo responsable da súa organización a Delegación
Provincial desta Federación en Pontevedra, baixo a supervisión do Comité Técnico da
especialidade.
A Competición rexerase polo Regulamento de Competición de Pesca Deportiva e Casting da
F.E.P. e C.
Lugar e Data:
Desenvolverase en PRAIA LADEIRA – BAIONA (Capacidade do escenario 10 equipos)
Alternativa PRAIA AMERICA - NIGRAN (Capacidade do escenario 12 equipos)
POR RAZONS DE CAPACIDADE PODENSE USAR AMBALAS DUAS PRAIAS
Na data :16-04-2016
Por ser esta Competición un Open os Equipos terán que facer, para a súa inscrición, un
ingreso de 100,00 €, na conta da F.G.P. en ABANCA: ES34 2080 0176 9630 4001 0672 antes
do día 13-04-2016.
Segundo acordo Asembleario, os Clubs poden presentar mais dun equipo, neste caso
terán que inscribilos como equipo A, equipo B, etc.… A inscrición, unha vez tódolos
Clubs teñan un representante (equipo A), segundo a capacidade do escenario poderanse
inscribir os equipos B en función do número de tarxetas federativas de cada Club e así
sucesivamente se fose o caso. O día 6 comunicarase aos interesados cantos equipos
foron aceptados.
Segundo acordo asembleario será obrigatorio que cada Club achegue unha persoa para
facer labores de Control. O non cumprimento deste acordo con levará que os membros
do Club non poderán participar na competición.
BASES
Xurado: A súa composición farase pública na reunión de Delegados para o Sorteo.
Mangas: Desenvolverase en dúas mangas de tres horas cada unha delas. Tanto o inicio
como o remate da manga será indicado con sinais acústicas.
A adxudicación dos distintos postos aos deportistas farase por sorteo.
Capturas: Os exemplares presentados á pesaxe aos que, polo menos lles falte un centímetro
para acadar a talla mínima legal, contarán como penalización que será a equivalente ao peso
deses exemplares. A baila equipararase a robaliza.
Material Deportivo:
Praza Agustin Díaz, 1 local 5
Complexo Deportivo Elviña
15008 A Coruña
tfns.:
677535526 / 677535699
http://www.fgpesca.org
federacion@fgpesca.org
V15141328
Canas: Nesta especialidade de Mar Costa autorizase ter dúas canas en tarefa de pesca,
podendo ter montadas, de reserva, outras máis.
Cebo: Subministrarao o Comité Técnico e comporase de 6 caixas gavilán e 2 de coreano na 1ª
manga, e 7 caixas de gavilán e 1 de coreano na 2ª manga.
O prezo por manga é de 15 € (Prezo total para as dúas mangas 30 €), que serán pagados
polos participantes na reunión de Delegados.
Anzois:  Non  poderán  ser  de  medida  inferior  a  5  milímetros  de  anchura.
Será obrigatorio para todos/as os/as deportistas dispor como elementos auxiliares no posto
de pesca dun cubo de polo menos 17 litros e un osixenador.
Medición e control das capturas
As capturas serán verificadas polo xuíz, controis ou membros do Comité. En ningún
caso poderá realizar, o deportista so a verificación. Os peixes unha vez medidos
devolveranse á auga no menor tempo posible.
O/A deportista deberá de realizar o desanzoado da captura do xeito menos lesivo posible
para o peixe, e deberá de manter a peza viva ata a súa verificación.
Programa día 16-04-2016
15,00 horas:  Reunión: Pizzería XUNTOS. Rúa Vista O Mar , 2. Praia América–Nigrán
15,30 horas: Sorteo de postos.
17,00 horas: Inicio Primeira Manga.
20,00 horas: Fin da Primeira Manga.
21,00 horas: Inicio da Segunda Manga.
24,00 horas: Fin da Segunda Manga.
Os horarios, poderán ser modificados por estar a praia ocupada por bañistas ou por outros
condicionantes.
Normas de comportamento:
1º Para facer o lance prohíbese entrar na auga.
2º Unha vez feito o lance, os deportistas e as canas deberán estar na parte seca, dende
onde se fará a acción de cravado e loita coa peza.
3º Ao sinal de fin da manga é obrigado desistir de inmediato na acción de pesca,
debendo retirar o aparello da auga e poñendo as canas en repouso.
Praza Agustin Díaz, 1 local 5
Complexo Deportivo Elviña
15008 A Coruña
tfns.:
677535526 / 677535699
http://www.fgpesca.org
federacion@fgpesca.org
V15141328
4º As capturas presentadas á pesaxe estarán libres de area, argazo, restos de aparellos,
auga o calquera outros corpos alleos ás capturas mesmas.
5º Os deportistas agardarán a retirada das súas capturas no seu posto.
6º Art. 25.5 do Regulamento de competicións. Está totalmente prohibido botar calquera
tipo de lixo ou vertedura contaminante ás augas ou ó entorno. Os deportistas deberán
deixar o posto de pesca totalmente libre de lixo. A infracción a esta norma dará lugar á
descualificación do deportista.
7º Queda terminantemente prohibido o consumo de tabaco no transcurso de tódalas
competicións oficiais organizadas pola Federación Galega de Pesca e Casting, dende a
entrada aos postos ata o final da proba, establecéndose as correspondentes sancións,
se é o caso, para quen as incumpra.
A pesaxe comezará media hora despois do sinal de fin de proba.
Para outras disposicións non recollidas nas presentes bases, rexeranse polas Normas
da Federación Española de Pesca y Casting da especialidade.
Asdo. Gerardo Orol Castro
Presidente do Comité de Mar-Costa

No hay comentarios:

Publicar un comentario