miércoles, 13 de abril de 2016

TORNEO OFICIAL DE PESCA DE TRUCHA


CAMPIONATO PROVINCIAL SALMÓNIDOS LANCE

COUTO DE CERDEDO

RIO LÉREZ
24 Abril 201

PROGRAMA


07:30 horas                   Concentración dos participantes no BAR DA ESTACION DE SERVICIO (CERDEDO).
09:00    “                       Inicio da 1ª manga
11:00                           Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:45                           Inicio segunda fase
13:45                           Fin da 1ª manga.
14:15                           Concentración, entrega de plicas e xantar  no BAR DA ESTACION DE SERVICIO (CERDEDO).
15:45                           Inicio da 2ª manga
17:45                           Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:30                           Inicio segunda fase   
20:30    “                       Fin da competición
20:30 a 21:15                Entrega de plicas       
                                      Feita e confirmada a clasificación, entrega de trofeos e peche da competición.
 
BASES

1)      O deportista, calquera que sexa a subespecialidade obxecto da competición, só poderá ter unha cana en acción de pesca. Non obstante, poderá dispoñer dunha ou máis canas de  reposto.
2)      Para a extracción da captura e a súa posterior presentación ó control, deberá facer uso dunha sacadeira ou trueiro, cuxa lonxitude totalmente estendida non supere os 122 cm. A rede desta, deberá ser de algodón ou outro material non abrasivo.
3)      A adxudicación dos tramos farase por sorteo, feito en tempo e forma, para garantir a chegada a tempo, para o inicio da proba, de tódolos deportistas ós seus respectivos tramos. Os postos marcaranse no sentido da corrente (augas abaixo).
4)      A reunión do Pescador co  Control farase xunto á táboa que sinale o  inicio do tramo, augas abaixo.
5)      Material permitido:
1. Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12 pes).
2. Carretes. De uso opcional   sexa manual ou automático, de bobina fixa ou xiratoria.
3. Sedelas. Exclusivamente de monofilamento nos seus diferentes tipos e grosores.
              Non se permite:  
Utilizar boias ou buldós deslizantes sobre a sedela ou baixo de liña. Terán que estar fitos á mesma. 
                            Cebos  (Só culleriñas e moscas artificiais):  
a) Culleriñas: xiratorias ou ondulantes simples en calquera das súas variantes e  cun só anzol, pero sen plumas, pelos, la, etc.
b) Un máximo de tres moscas artificiais co uso da boia ou buldó (fitos na sedela ou baixo de liña) 
c) Os anzois, tanto das moscas como das culleriñas deberán estar desprovistos de arponciño ou semellante, ou ben telo  totalmente inutilizado, de xeito que non fagan resistencia algunha ó desanzoado. 
6)       Ó longo da proba, calquera control pode pedir o exame dos aparellos de pesca  dun pescador. 
7)       O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a acción de pesca, antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar na proba. 
8)       Os catro primeiros clasificados  obterán praza para o vindeiro campionato autonómico da especialidade.
9)       Para calquera outra norma non descrita anteriormente aterémonos ó regulamento da FEPYC.
10)    Serán capturas válidas as pezas de 17cms. ou mais, medidas dende o extremo da boca ate a punta da cola.
11)    Data límite da inscrición 20/4/2016.
12)    Será imprescindible ter a tarxeta federativa do ano en curso e mai-la licenza de pesca en vigor.
13)   Os participantes que vaian participar neste Campionato provincial no poderán pescar no escenario do mesmo nos DEZ días anteriores a data de competición.

Queda terminantemente prohibido o consumo de tabaco no transcurso de tódalas competicións oficiais organizadas pola Federación Galega de Pesca e Casting, dende a entrada aos postos ata o final da proba, establecéndose as correspondentes sancións, se é o caso, para quen as incumpra.

                                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario