domingo, 10 de junio de 2012

Máis de 700 persoas se unen pola defensa dos océanos

Este pasado venres 8 de xuño Día Mundial dos Océanos máis de 30 entidades sumánronse á iniciativa Únete e limpa a túa praia! proposta  por ADEGA  no marco da programa “Playas, voluntariado y custodia del Territorio”. da Fundación Biodiversidad"

Dende Nigrán ate Ribadeo, grandes e pequenos saíron ás súas praias nunha xornada de limpeza simultáne que pretende concienciar á cidadanía da necesidade de reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar.
Dende as 9 da mañá as limpezas fóronse desenvolvendo en todo o litoral galego. Houbo centros de ensino, escolas de surf, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e ata mergulladores. Todas e todos tiñan o mesmo fin, limpar a praia e crear conciencia. Foron milleiros de kilos os que se retiraron das praias a maioría de orixe plástico. Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e outros tantos restos que rematan cada día no mar.
Alén da Limpeza nalgúns lugares a xornada tamén serviu para dar a coñecer a importancia e biodiversidade dos areais e dos ecosistemas dunares; fixéronse tarefas de identificación dun pequeno golfiño riscado (Stenella coeruleoalba), aparecido morto na praia de Queiruga, e localizáronse niños de pillara das dunas (Charadrius alexandrinus) que se sinalaron, para evitar o seu pisoteo, observáronse tamén os adultos  desta pequena, bulideira  e ameazada ave.
O plástico nos océanos afecta á flora e fauna mariña, nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves mariñas, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente, poden causar a súa morte. Outro dos problemas é que o plástico acaba desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que poden rematar nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes tóxicos e perigosos dos plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.
Moito do plástico que se atopa nas praias e nos océanos do mundo chega alí despois de ser usado por calquera de nós. É por iso que debemos reducir o noso consumo de plástico para evitar que de un xeito ou outro remate nos océanos. Moitos dos envases que utilizamos cada día son innecesarios e prescindibles. É posible mercar os nosos produtos a granel, escoller os recipientes de vidro e retornables, rexeitar as bandexas de poliestileno, etc. pequenos xestos que axudan a que o noso planeta non sufra tanto.
ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias no día dos océanos non debe ser un feito aillado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida. A limpeza de praias debe facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. Deste xeito poderemos reflexionar sobre a orixe dos nosos residuos e evitar que rematen nos estómagos de animais.
ADEGA editou para esta actividade un protocolo de actuación para unha limpeza de praias “ecolóxica” descargable en pdf na nosa web, ou que se pode recoller en papel no local.
 

Concello
Praia
Colectivo
Nº de voluntarios
Kg retirados
A Coruña
Praia Canide
OMA-UDC
12
250
Arteixo
Praia de Alba
Asoc. Cult. Monte da Estrela e ADEGA Coruña
14
100
Barreiros
Praia Area Longa
ADEGA Mariña
Colabora: Colectivo Cultural Ollomao
9
400
Burela
O Perdouro
Colectivo Cultural Buril
3
200
Burela
O Perdouro
IES Perdouro
50
-
Camelle
Praia de Camelle
CEIP de camelle
30
300
Carnota
Praia de Corna Becerra
Raínha Lupa
Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas
ADEGA Costa da Morte
7
200
Ferrol
Caranza
ADEGA Ferrolterra
25
100
Fisterra
Langosteira
IES Fin do Camiño
43
150
Foz
Praia os Alemáns
Mariña Patrimonio, Pomba do Arco, Karrikanta e Sensación Surf Escola.
12
200
Muxía
Praia dos Muíños
CEIP Os Muíños
Adiada
(50)

Muxía
Praia O Lago
Programa de voluntariado do concello de Muxía
10

Nigrán
Praia América
CEMMA
38
200
Nigrán
Praia de Patos
Prado Surf Escola
32
60
Ortigueira
Praia S. Antón de Espasante
Asoc. cultural Bangalúas
25

Poio
Praia de Lourido
ADEGA Pontevedra
20
80
Porto do Son
Praia de Queiruga
ADEGA  Nacional
10
200
Porto do son
Praia dos Castros
-
6

Ribadeo
Areal de Rinlo
Asociación Rinlo Bai
5
200
San Xenxo
Area de Agra
C.E.I.P. Magaláns-Dorrón
60
100
Valdoviño
Praia de Pantín
Pantin Surf Camp
12

Vigo
Marina Dávila
Buceo Balea
8
60
Vilanova de Arousa
O Terrón
IES A Basella
150
390
Viveiro
Praia de covas
Espazo Agroecolóxico A Estruga
Asoc. Mulleres Rurais “Fraga das Saímas”
I.E.S Mª Sarmiento
I.E.S Vilar Ponte
100
150
Laxe
Praia de Traba
IES Maximino Romero de Lema
24
150


TOTAL
705
3490

No hay comentarios:

Publicar un comentario