jueves, 7 de junio de 2012


A XUNTA CELEBRA O DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS CUNHAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NOS BUQUES E HELICÓPTEROS DE GARDACOSTAS

A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará unha serie de xornadas de portas abertas nas embarcacións e no helicóptero Pesca II. Esta iniciativa desenvolverase mañá día 8, con motivo do Día Mundial dos Océanos. O acto central de celebración desta xornada desenvolverase en Vilagarcía de Arousa ás 11:30 horas e estará presidido pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.

O  obxectivo destas actividades é concienciar á cidadanía sobre a importancia de manter a biodiversidade dos ecosistemas mariños e de xerar interese polo coñecemento dos mares e océanos. De feito nas xornadas participarán diferentes grupos de escolares, a todos eles concederáselle un diploma pola súa asistencia.



En Ribeira os interesados poderán visitar o buque do Servizo de Gardacostas de Galicia Irmáns García Nodal, que estará atracado no Peirao Comercial a partir das 10:30 horas. Por outra banda, a partir das 11:00 horas, en Celeiro (Viveiro), as portas da base do helicóptero Pesca II estarán abertas a partir das 11:00 da mañá e os visitantes poderán coñecer o interior da aeronave.

A maiores, tamén a partir das 11:00 haberá diversas xornadas de portas abertas en varias embarcacións da Xunta. En concreto, os cidadáns poderán visitar no peirao de Trasatlánticos da Coruña o Sebastián de Ocampo. En Ferrol, na dársena interior do peirao de Curruxeiras, estará de portas abertas aos visitantes a Paio Gómez Chariño. Ademais na Alameda de Santiago, entre as 11:00 e as 13:00 horas está previsto que se desenvolvan os obradoiros enmarcados na campaña Ponlle as pilas ao teu bocata para impulsar o consumo de conservas de peixe e marisco entre os nenos e nenas.

Por outra banda, na provincia de Pontevedra, en Marín, os interesados poderán coñecer a embarcación Valentín Paz Andrade, que estará no Peirao Pesqueiro Sur tamén a partir das 11:00 horas. Dende esa mesma hora no peirao de Vilaxoán, en Vilagarcía, os cidadáns tamén terán a oportunidade de ver a embarcación Serra do Faro. O acto central do Día dos Océanos terá lugar tamén en Vilagarcía, no peirao Comercial Norte, onde a partir  das 11:30 estará atracado o buque Ría de Vigo, para que todos aqueles interesados en coñecelo poidan facelo ao longo do día.




No hay comentarios:

Publicar un comentario